Sen título
Xosé Miguel Tomé
Obra figurativa na que o protagonista é unha figura -da que non lle vemos o rostro- ataviada cunha túnica branca que a cobre por completo; a postura, de xeonllos e coa cabeza agachada, produce a sensación de inquedanza e desacougo, tan común nunha etapa das obras de Tomé. As cores e os trazos, fortemente expresionistas contribúen a incrementar esa sensación, ao perfilar a figura cun groso trazo negro, cor que xunto co vermello compón o fondo da obra.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000660
Título:
Sen título
Temas:
Figuras
Data:
1982
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 150 cm Longo: 150 cm
Materiais:
Lenzo
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais