Sen título

Xosé Telmo Lodeiro Fernández

A través de sucesivos planos horizontais, vaise construíndo ordenadamente a paisaxe, cun vocabulario abstracto que combina semicírculos concéntricos, fragmentados segundo a gradación tonal, prismas cúbicos, bandas de cor plano e masas lixeiramente xeometrizadas que evocan relevos montañosos. Mestura tons quentes e fríos. Traballado con espátula, aplicando reiteradamente capas de cor. Mestura a cor cunha carga: pedramol. Asinado no ángulo inferior esquerdo, acompañado da data.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000734
Autoría: Xosé Telmo Lodeiro Fernández
Título: Sen título
Temas: 
Abstracto
Paisaxe
Data: 1971
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 94 cm Longo: 76 cm (sen marco) Alto: 113 cm Longo: 95,5 cm Ancho: 3,5 cm (con marco)
Materiais: 
Algodón
Localización: Casa da Balconada