Sen título
Xosé Miguel Tomé
Nesta obra moi próxima á abstracción, Tomé sitúa ante un fondo completamente negro, unha figura sentada mirando de fronte e, o que parecen ser as siluetas doutras figuras sentadas de costas ao espectador. Todas están construídas a base de sólidos volumes redondeadeos e, seguindo o costume habitual do autor, preséntanse insinuadas, apenas suxeridas e abosquexadas e non lle vemos o rostro. A gama cromática segue a ser de base escura, con tonalidades grises e negras. Asinado no ángulo inferior esquerdo.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000672
Título:
Sen título
Temas:
Figuras
Data:
1982
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 205 cm Longo: 253 cm Alto: 207 cm Longo: 255 cm
Materiais:
Lenzo
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais