Sen título
Xosé Cid Menor
O material empregado nas obras de Xosé Cid está relacionado coa función que vai ter; a pedra, como este caso, é preferida polo escultor ourensán para as esculturas públicas ou obras de gran tamaño. Sobre unha base cuadrangular, levántase o bloque de granito que Cid vai esculpindo ata darlle a forma que desexa, forma e material que lle confiren o aspecto de solidez e forza á peza ademais de potenciar a expresividade do material, a textura do granito.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000687
Título:
Sen título
Data:
1980
Técnicas:
Cicelado
Dimensións:
Alto: 77 cm Longo: 41 cm Ancho: 37 cm
Materiais:
Granito
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais