Sen título
José Manuel Quntana Martelo
Extenso mural que preside unha das aulas da Facultade de Económicas e Empresariais. Recorre a un gran formato que a Quintana Martelo lle serve para acentuar o valor expresivo. Xestos, manchas e trazos xeométricos. A busca da impresión de peza inacabada, característica das obras de Quintana, acentúa a sensación de espontaneidade xestual. Concibe o cadro con xogos xeométricos, neste caso, divide o lenzo nunha serie de formatos cuadrangulares e rectangulares de distintos tamaños nos que sitúa as imaxes que, na maioría son manchas de cor negra. Móvese nunha linguaxe expresionista que se traduce nunha pintura dinámica de grandes pinceladas e empastada, o que dá densidade á superficie.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000699
Título:
Sen título
Temas:
Abstracto
Data:
1978
Técnicas:
Acrílico
Dimensións:
Alto: 200 cm Longo: 765 cm
Materiais:
Lenzo
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais