Sen título

Alfonso Sucasas Guerra

Escena costumista, na que vemos a un home sentado á mesa dunha taberna cunha cunca e unha xerra de viño. Impresión de serenidade, conxugada cunha lixeira expresión atónita do personaxe. Os ecos cubistas e cézannianos fúndense nun persoal expresionismo. Comprado á galería Citania en1981. Asinado a. i. d. "SUCASAS"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000248
Autoría: Alfonso Sucasas Guerra
Título: Sen título
Temas: 
Costumista
Data: 1970
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 97 cm Longo: 64,5 cm Ancho: 6 cm (con marco) Alto: 79,7 cm Longo: 47,2 cm
Materiais: 
Táboa