Sepulcro do Arcebispo Blanco

Mateo López / Pedro Fernández (atribución escultura)

Sepulcro do arcebispo Francisco Blanco, situado no testeiro alto da igrexa da Universidade. Concibido como un retablo, o seu esquema compositivo recorda os sepulcros da capela maior do Escorial. Está constituído por catro grandes columnas, que enmarcan o nicho coa estatua orante do prelado, cun entaboamento que serve de asento ao grand escudo, tamén entre columnas, acollido por un frontón triangular. O emprego de caliza de Coimbra (Pedra de Ança), pola súa brandura e maleabilidade, permite nas esculturas, sobre todo na figura do prelado, unha maior recreación nos detalles ornamentais e un exacerbado naturalismo nos rasgos do rostro e nas mans. Inscrición: "D. FRANCISCO BLANCO LEGIONENSI, AB UNA COMMENDATIONE/ VIRTUTIS, AD AURIENSEM PRIMO,/ TUM AD MALACENSEM EPISCOPATUM/ POSTREMO AD COMPOST. EVECTO-VIRO PIETATE,/ CONSILIO, DOCTRINA, VIGILANTIA, INCOMPARABILI-/ THEOLOGIAE QUONDAM PRAESIDI-ORBORUM AC PAUPERUM/ PARENTI-COLLEGIORUM SOCIETATIS IESU MALAC./ ET COMPOST./ ET IN AURIENSI COMPOSTELLANAQUE/ URBE, GRATUITI HOSPITII FUNDATORI MUNIFICENTISSIMO-/ AMICI CLIENTESQUE MOEST. P. P. - VIXIT/ ANNOS LXIX, MENSES III, DIES XXVI, OBIIT SEXTO/ KALEND. MAII, ANNO DOMINI M D L X X X I ."

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000059
Autoría: Mateo López / Pedro Fernández (atribución escultura)
Título: Sepulcro do Arcebispo Blanco
Temas: 
Funerario
Data: 1583
Técnicas: 
Policromado
Talla
Materiais: 
Calcaria