Serie "Hixiénicos"

Salvador Cidrás Robles

Liñas sinuosas ordenadas a modo dunha pegada dixital aumentada no microscopio ou recreando o veteado da madeira, que quedan cortadas polo límite do cadro. Pertence á serie "Hixiénicos. Nesta serie transcribe o veteado da sección da madeira como pegada da memoria. Outra peza da mesma serie, co nº 11 consérvase na Colección Caixanova. Asinado no a.i.d. "SC"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000288
Autoría: Salvador Cidrás Robles
Título: Serie "Hixiénicos"
Temas: 
Abstracto
Data: 1995
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 137 cm Longo: 147,5 cm (sen marco) Alto: 138 cm Longo: 148,5 cm Ancho: 4 cm (con marco)
Materiais: 
Algodón