Taboíña neosumeria

Taboíña con envoltura formada de tres pezas: a pastilla selo cuneiforme e a envoltura con dúas partes. Molina Martos opina que dúas das taboíñas da USC pertencerían á colección Ambers, pero é probable que as outras tres procedan da mesma colección. A adquisición das pezas sería nunha poxa en Sotheby's en 1921. Orixinaria das cidades mesopotámicas de Drehem e Lagash. Pertence á colección "José Viqueira" (1934) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000928
Título: Taboíña neosumeria
Data: Neosumeria, Dinastía III de Ur (2200-2000 a. C.), Período Dungi
Dimensións: 
Longo: 48 mm, Ancho: 40 mm, Espesor: 30 mm
Materiais: 
Arxila