Tarxeteiro
Tarxeteiro de madeira (posiblemente sándalo) de forma rectangular e plana, cunha tapa a presión sobre a boquilla. Está profusamente decorado por todas as súas caras con personaxes masculinos, vivendas de estilo oriental e vexetación. Atopamos obxectos de características semellantes datadas no século XIX de orixe chinés. Aínda que está incluída na colección etnográfico-conmemorativa da Biblioteca América, a carencia de información fai que non se poida vencellar esta peza a ningún dos legados da Biblioteca América.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1242
Título:
Tarxeteiro
Técnicas:
Talla
Dimensións:
Alto: 9,4 cm; largo: 5,7 cm; profundidade: 1,3 cm
Materiais:
Madeira
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
