Tomé 4
Xosé Miguel Tomé
A obra de Tomé, eminentemente figurativa, caracterízase pola solidez e importancia do debuxo. Esta escena represéntase nun interior, nun cuarto da que vemos a porta aberta, pola que sae un home, e na estancia principal a figura dunha muller sentada e un neno. As figuras remiten aos modelos xerais empregados polo pintor: esquemas bosquexados, ás que non se lle ve o rostro, o que crea unha sensación de desacougo. Cun gran dominio técnico, o autor consegue crear a sensación de perspectiva por medio das liñas de debuxo da estancia e co uso das sombras outorga volume ás figuras e dun xogo de clarescuros á escena.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000780
Título:
Tomé 4
Temas:
Figuras
Técnicas:
Debuxo
Dimensións:
Alto: 52 cm Longo: 42 cm Ancho: 3 cm
Materiais:
Papel
Localización:
Casa da Balconada