Torques en dúas pezas (réplica)
Réplica dun torques prismático de sección cadrada con remates esferocónicos en dous fragmentos. A peza orixinal foi atopada por un labrego en San Vicente de Curtis, Vilasantar, A Coruña. Pertence á colección "Santiago de la Iglesia" (1927) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0001168
Título:
Torques en dúas pezas (réplica)
Data:
Século XX
Dimensións:
Diámetro: 126 mm
Materiais:
Prata
Localización:
Facultade de Xeografía e Historia