Torre do reloxo - Vigo
Manuel Méndez Pena
A imaxe da torre do reloxo da colexiata de Vigo queda encadrada no enmarque que lle outorga a vista tomada desde unha das rúas que van converxer á concatedral. As angulosidades das arquitecturas, as súas rexas volumetrías e a perspectiva da rúa que encontra o seu punto de fuga na fachada da igrexa, son os puntos principais que centran a atención do artista.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000629
Título:
Torre do reloxo - Vigo
Temas:
Arquitecturas e edificios
Técnicas:
Gravado
Dimensións:
Alto: 68 cm Longo: 51 cm Ancho: 2 cm
Materiais:
Papel
Localización:
Facultade de Xeografía e Historia