Traballos de mañá
Mª Antonia Dans Boado
Dentro da produción de Mª Antonia Dans, traballa a paisaxe, tanto campestre como a mariñeira. Neste caso, estamos diante do primeiro caso: unha escena no campo no que aparecen unha serie de mulleres traballando, dispostas ordenadamente sobre a superficie. A figura humana está tratada con gran sinxeleza, característica da autora, como tamén o é o cromatismo, aquí maioritariamente verde coa que compón a escena. Asinado no a.s.e. Pegatina no reverso (bastidor) da Galería Biosca de Madrid: Título: Trabajos, Autor: Mª Antonia Dans, Medidas: 61x50 cm Rfa.(10.014) Materia: óleo
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000758
Título:
Traballos de mañá
Temas:
Paisaxe con figuras
Data:
1980
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 50 cm Longo: 61 cm (sen marco) Alto: 62 cm Longo: 73 cm Ancho: 2 cm (con marco)
Materiais:
Liño
Localización:
Casa da Balconada