Traslación do Apóstolo Santiago
Rafael Úbeda Piñeiro
Reinterpretación en clave cubista da tradicional escena xacobea da Traslación do Apóstolo. Fronte a xeométrica e facetada descomposición do espazo, cabe salientar o expresionismo que reserva para a figuración, con rostros de rasgos primitivistas, concibidos algúns como auténticas máscaras, con violentos contrastes de luz e sombra. Asinado no a.i.e.: "Rafael Úbeda"
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000149
Título:
Traslación do Apóstolo Santiago
Temas:
Relixioso
Peregrinación
Data:
1980
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 131 cm Longo: 195,5 cm (sen marco) Alto: 137 cm Longo: 201,5 cm Ancho: 6 cm (sen marco)
Materiais:
Lenzo
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría
