Tres mulleres
Alfonso Sucasas Guerra
De estilo expresionista, Sucasas presenta neste debuxo a tres figuras femininas abrazadas detrás dunha árbore deixando baleira o resto da superficie. Presenta este grupo compacto, creando un perfil redondeado e quedando tan só visible na súa totalidade a figura central. Cumpre destacar a expresividade que o autor logra transmitir nos rostros destas mulleres de soidade e tristeza. De excepcional técnica debuxística, sérvese do clarescuro e o difuminado para dar a sensación de volume nas figuras que perfila cun trazo negro. Asinado no a.i.d. Comprado á galería Citania en 1981.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000745
Título:
Tres mulleres
Temas:
Figuras
Data:
1969
Técnicas:
Debuxo
Dimensións:
Alto: 32 cm Longo: 20 cm Sen marco Alto: 45 cm Longo: 33,5 cm Ancho: 1 cm
Materiais:
Papel
Localización:
Casa da Balconada