Unha rúa de Santiago
Ismael Blat Monzó
Ismael Blat Monzó tiña especial interese polos cadros costumista e este non podía ser menos; encontramos aquí unha rúa de Santiago representada cos estereotipos da cidade: a choiva que podemos observar na estrada ou as nubes, que se presentan a través de pinceladas curtas e máis largas de cor agrisada e branca deixando entrever que a choiva cesará ao pasar as últimas nubes grises. Observamos representadas a mulleres coa vestimenta galega típica, con saia longa e toca na testa tapando o seu cabelo; á dereita a moza míranos e introdúcenos no cadro sendo espectadores de primeira.
Obra pertencente ao Contrato-depósito entre o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e a USC.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000895
Título:
Unha rúa de Santiago
Temas:
Costumista
Data:
1944
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
72 x 81 cm
Materiais:
Lenzo
Localización:
Facultade de Medicina