Unha vella na varanda
Neste lenzo, a pintora lucense fai evidente a súa admiración por Goya; coñecemos outros títulos da autora nesta mesma liña, como "Aquelarre" e aquí represéntanos a unha muller anciá asomada a unha varanda que indudbidablemente tráenos á memoria as pinturas negras do pintor zaragozán: o fondo de manchas negras e sobre todo o rostro caricaturizado desta muller son ecos das obras que decoraban "La Quinta del Sordo"; do mesmo xeito, o recurso de utilizar a varanda sobre a que se apoia a muller, remítenos a outra obra de Goya: os frescos que pintou para a igrexa de Santo Antonio da Florida. O gusto polos espazos baleiros, o volume da figura, a pincelada de toques luminosos de influencia impresionista e o feito de estar perfectamente individualizados cada elemento do cadro: a figura, a varanda, a maceta con flores do fondo, son características desta pintora lucense.