Uvas 2

Virxilio Fernández Cañedo

A asimilación plena dunha linguaxe artística, levará a Virxilio a realizar distintas series. Esta obra forma parte da que ten sobre a vide e a uva -o tema da vendima está presente na súa obra coa que fai alusión á súa infancia no Ribeiro de Beade-. Nela vemos como se converten nos únicos elementos cos que cobre a totalidade do espazo pictórico, creando unha sensación case de horror vacui. Chaman a atención as cores que emprega, protagonistas absolutas da obra: azuis, amarelos, laranxas cobren as formas que se separan á súa vez cunha liña grosa grisácea. Asinado no ángulo inferior dereito.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000643
Autoría: Virxilio Fernández Cañedo
Título: Uvas 2
Temas: 
Bodegón
Técnicas: 
Acuarela
Dimensións: 
Alto: 65 cm Longo 50 cm Sen marco Alto: 85, 5 cm Longo: 71 cm
Materiais: 
Papel