Vaso andino
Vaso de forma aberta de colo cónico, contorna inflexionada e base cóncava. Está decorado con cores terra e gris, co negro marcando a contorna con distintas formas xeométricas e antropomorfas. A decoración do recipiente está distribuída en tres campos divididos por dúas franxas; o superior con cabezas humanas con toucado en posición horizontal, o medio con motivos xeométricos e o inferior con cabezas humanas en posición vertical. Corresponde co período tardío (500-650 DC) da cultura nasca andina. Doazón de Manuel Banet López de Rego e Alena Dobrokovska Kubickova.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1246
Título:
Vaso andino
Dimensións:
Alto: 17 cm, diámetro boca: 11,2 cm
Materiais:
Arxila
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
