Vaso cerámico longobordo
Recipiente cerámico de forma globular, tipoloxía longobordo, que presenta un asa, con fondo cóncavo e superficie alisada, feito con pasta de cor pardo claro. Restos de fulixe nas paredes exteriores. Pertence á colección "Salvador Parga" dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia, procedente de Carril (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra).
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000907
Título:
Vaso cerámico longobordo
Data:
Idade do bronce
Técnicas:
Cerámica
Materiais:
Arxila
Localización:
Facultade de Xeografía e Historia