Vendima
Virxilio Fernández Cañedo
O tema da vendima é frecuente nas obras de Virxilio. Neste gravado, o autor compón unha escena na que contrapón o carácter austero e autoabsorbido das mulleres de carácter popular campesiñas, cos panos á cabeza, que están a recoller a uva, coa sensualidade da muller espida do primeiro termo -recurso tan empregado ao longo da historia da arte que neste caso parece recordar as obras de Matisse que o artista galego coñecería na súa estadía en París-. O gravado pon de manifesto as extraordinarias cualidades de Virxilio para o debuxo, neste caso minucioso, de trazo sinxelo e curvilíneo. Asinado a. i. d. "Virxilio" e número de serie no a.i.e. 55/100. Tinta cor sepia
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000266
Título:
Vendima
Temas:
Espido
Feminino
Data:
1980
Técnicas:
Gravado
Dimensións:
Plancha Alto: 32,5 cm Longo: 24 cm Ventana passpartout: Alto: 39,5 cm Longo: 31,5 cm Con marco Alto: 59,5 cm Longo: 51,5 cm Ancho: 2 cm
Materiais:
Papel
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría