Violación

Xoán Pardiñas

Xoán Pardiñas móvese nesta obra nunha liña que pasa dende a abstracción -sen chegar a abandonar nunca a figuración- ao expresionismo, pasando polo Pop Art. O título da obra "Violación" vén dado pola forma das figuras que centran a composición. Pardiñas xoga frecuentemente, como ocurre nesta obra, cos collages ou elementos en relevo, que lle confiren unha gran carga matérica. Chama a atención a paleta cromática vibrante que emprega, sobre todo os fucsias e malvas que o vincularían cun gusto Pop Art. Está presente ademais outra das súas características: o seu gusto por crear unha serie de personaxes-monstruos, que se moven entre formas figurativas e animais como se trata neste caso e a configuración do tema a través da cor e da estrutura matérica. Asinado no ángulo inferior esquerdo. Esta obra está actualmente retirada da exposición pública e almacenada por entender que o seu título pode resultar ofensivo.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000033
Autoría: Xoán Pardiñas
Título: Violación
Temas: 
Abstracto
Técnicas: 
Acrílico
Colaxe
Dimensións: 
Alto: 179 cm Ancho: 243 cm Profundidade: 4 cm
Materiais: 
Lenzo
Localización: Almacenado ou retirado