Virxe da Asunción

Taller de Miguel de Romay

Escultura de vulto redondo que representa a Asunción da Virxe Maria. Sobre unha gran esfera e un trono de nubes caracoleantes, elévase a Virxe, cos brazos abertos, creando así unha interesante diagonal. Viste túnica branca e manto azul salpicado de estrelas, disposto ao redor da Virxe cun perfil anguloso e quebrado.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000003
Autoría: Taller de Miguel de Romay
Título: Virxe da Asunción
Temas: 
Iconografía mariana
Asunción
Data: 1727
Técnicas: 
Policromado
Talla
Materiais: 
Madeira