Visión da Storta

Atribuído a Juan Antonio García de Bouzas

Unha das visións místicas de San Ignacio de Loyola remata o ático do retablo adicado a San Francisco Xavier. O santo fundador, axeonllado, contempla como o Cristo portando a cruz avanza cara el, e entrambas figuras esténdese a inscripción: EGO VOBIS ROMAE PROPITUS ERO ("Eu axudareivos en Roma"). Nun dourado plano superior, Deus Pai e o Espíritu Santo en forma de pomba, entre nubes e cabezas de anxos. A obra vincúlase ao quefacer do pintor barroco Antonio García de Bouzas.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000040
Autoría: Atribuído a Juan Antonio García de Bouzas
Título: Visión da Storta
Temas: 
Relixioso
San Francisco Xavier
Data: 1707
Técnicas: 
Óleo
Materiais: 
Madeira