Vítor de Antonio Romero Ortiz

Vítor heráldico dedicado a Antonio Romero Ortiz. Nel represéntase o escudo da universidade compostelá composto, no centro, por un cáliz cunha hostia alusivo ás armas do reino de Galicia; nos cuarteis superiores, unha torre e un león rampante que fai referencia aos títulos de Real que levaba o Estudio compostelán. Nos cuarteis inferiores, as armas da familia de López de Marzoa: dez lanzas cunha palma en medio; unha cruz, escudo de Diego de Muros e cinco estrelas sobre fondo de azur que fan referencia ao arcebispo Alonso de Fonseca. O escudo remátase cunha coroa real e decórase con águilas bicéfalas, símbolo de poder, e dous mascaróns dos que brotan follaxes como elementos decorativos. Na parte inferior lese a seguinte inscrición: "AL EXCMO. Sr. Dn. ANTONIO ROMERO ORTIZ, LICENCIADO EN JURISPRUDENCIA, ALUMNO DE ESTA ESCUELA. MINISTRO DE GRACIA Y JUSTICIA. DIPUTADO Á CORES EN VARIAS LEGISLATURAS Y VICE-PRESIDENTE DEL CONGRESO. YNDIVIDUO DE LA JUNTA GENERAL DE ESTADÍSTICA. CONDECORADO CON LA GRAN CRUZ DE LA ORDEN AMERICANA DE YSABEL LA CATOLICA, CON LA DE 1ª CLASE DE BENEFICENCIA, CON LA DE VALOR Y CONSTANCIA. COMENDADOR DE LA RL. Y DISTINGUIDA ORDEN DE CARLOS 3º. Y DE LA DE CRISTO DE PORTUGAL, BENEMERITO DE LA PATRIA. &.&"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000440
Título: Vítor de Antonio Romero Ortiz
Temas: 
Conmemorativo
Técnicas: 
Temple
Dimensións: 
Alto:155,5 cm Ancho: 109 cm Profundidade: 2 cm
Materiais: 
Táboa
Localización: Facultade de Dereito