Vítor de Aureliano Linares Rivas

Autoría descoñecida

Vítor heráldico sobre táboa. Destaca a sinxeleza do mesmo e o fondo escuro e neutro sobre o que se sitúan tanto o escudo coma a inscrición. A única referencia ao homenaxeado faise a través do escudo da USC que centra a composición, en referencia a que Linares Rivas foi alumno da mesma. O escudo remátase coa coroa real e adórnase con motivos decorativos vexetais, destacando as flores de lis a ambos lados do mesmo. Na parte inferior da táboa aparece a inscrición que o identifica: "AL EXCMO. Sor. D. AURELIANO LINARES RIVAS, NATURAL DE ESTA CIUDAD, ALUMNO Y LICENCIADO EN LA FACULTAD DE DERECHO EN ESTA UNIVERSIDAD DIPUTADO A CORES EN VARIAS LEGISLATURAS, VICE-PRESIDENTE DEL CONGRESO FISCAL DEL TRIBUNAL SUPREMO DE JUSTICIA EN 1881 Y MINISTRO DE GRACIA Y JUSTICIA EN 1883".

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000460
Autoría: Autoría descoñecida
Título: Vítor de Aureliano Linares Rivas
Temas: 
Conmemorativo
Técnicas: 
Temple
Dimensións: 
Alto: 155,5 cm Ancho: 117 cm
Materiais: 
Táboa
Localización: Facultade de Dereito