Vítor de Jacobo Mª de Parga y Puga

Autoría descoñecida
José Manuel García Iglesias

Conta este persoeiro (1774-1850) cun vítor que está centrado por un escudo alusivo a Fonseca -colexio ao que se destina- sobre o que pode verse un bonete negro distinguido por unha grilanda no que colga cara aos lados parte dunha beca; tamén se dispón, vinculado ao bonete, a medalla da Orde de Carlos III, distinción coa que contaba. Dúas figuras núas sosteñen outros tantos atributos: unha, un arado; a outra, unha cornucopia cuxos dons se espallan no chan. Cabe entendelos conxuntamente en relación co seu cargo de presidente da Xunta de Fomento de Riqueza do Reino aludíndose, deste xeito, ao fomento da agricultura. Na epígrafe que o completa na parte baixa dátase esta obra en 1834.

Xa desde os primeiros tempos da posta en marcha do colexio de Fonseca debeuse de honrar a personaxes de relevo que tiveron relación con el mediante un vítor; aínda se conservan na fachada principal, cara ao lado sur, restos dun antigo do que pode verse en caracteres de gran formato parte dun nome.

Faise de tal modo mención a alguén concreto ao que se quere recoñecer, xa que esa é a finalidade das aclamacións, seguíndose neste sentido polo modo de pintar os caracteres en vermello, formas semellantes ás utilizadas entre outras institucións pola Universidade de Salamanca, na que este costume vai ter unha fonda e perseverante tradición.

Pero a factura de vítores ía plasmarse a partir do primeiro terzo do século XIX en obras pictóricas nas que se conxugan o recoñecemento a un determinado personaxe a través dunha imaxe, de cariz alegórico, e unha lenda co testemuño dos seus méritos persoais. Consérvanse tres entre os que gardou o Colexio de Santiago Alfeo, ou “Maior de Fonseca”: os de Benito Ramón Hermida, Manuel Pardo Ribadeneira e Jacobo María de Parga y Puga, citados por orde de antigüidade.

Conta cunha lenda que di: AL EXEM SR. DR- D. JACOBO MARIA DE/ PARGA Y PUGA, DE LA ACADEMIA DE/ LA HISTORIA, CABALLERO PENSIONADO/ DE LA RL ORDEN DE CARLOS 3º DEL / CON-/ SEJO RL Y SUPREMO DE ESPAÑA E YNDI-/AS PROCER DEL REYNO DE ESPAÑA, COLEGIAL Y RECTOR QUE HA SIDO EN ESTE MAYOR DE FONSECA. AÑO DE 1834.

Hoxe localízase na Facultade de Dereito.

J. Barcia Caballero, 1884: J. Barcia Caballero, “Nuestros Grabados·”, El Primer Centenario. Número extraordinario de la Revista de la Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Santiago (Estab. Tip. de la Gaceta, Felipe de la Torre y Cª), 1884, pp. 17-19.

A.Brañas Menéndez, 1885: A. Brañas Menéndez, “La Universidad de Santiago”, Memoria Anuario del Curso 1883-1884, Santiago (Tipografía de Jose Mª Paredes), 1885, pp. 199-209.

A.Brañas Menéndez, 1889: A. Brañas Menéndez, El regionalismo: Estudio sociológico, histórico y literario, Barcelona (Jaime Molinas), 1889. Entre otras reediciones: A Coruña (La Voz de Galicia), 1981; Santiago de Compostela (El Correo Gallego), ; Santiago de Compostela (Fundación Alfredo Brañas), 1999. Citamos desde esta última edición.

M. P. Casas Gil, 2007: M. P. Casas Gil, “Memoria e personaxes. Unha constante na historia da Universidade”, en (catálogo de exposición) Sigillum. Memoria e identidade da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela), 2007, pp. 115-133.

F. Díaz-Fierros Viqueira, 2012: F. Díaz-Fierros Viqueira, “Jacobo María de Parga y Puga”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=303 [lectura: 29/VIII/2013]

J. de Entrambasaguas, 1941: J. de Entrambasaguas, “Sobre una colección de libros”, Revista de Bibliografía Nacional, II, 3-4 (1941), pp. 343-363.

C. Fernández Casanova, 1981: C. Fernández Casanova, La Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago en el siglo XIX. Un estudio de la organización interna y de su actuación a favor de Galicia, Sada (Ediciós do Castro), 1981.

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016.

A.Gil Novales, 2010: A. Gil Novales, Diccionario biográfico de España (1808-1833): de los orígenes del liberalismo a la reacción absolutista, Madrid (Fundación Mapfre), 2010.

A.Meijide Pardo, 1992: A. Meijide Pardo, El ilustrado, político y economista gallego Jacobo Maria de Parga y Puga, A Coruña (Fundación Pedro Barrié de la Maza), 1992.

A.Milón y Reales, 1895: A. Milón y Reales, “Universidad de Santiago”, Boletín Oficial de la Dirección General de Instrucción Pública, 3 (1895), Madrid (Tipografía de los Hijos de M. G. Hernández), 1895, pp. 107-152.

J. M. Monterroso Montero, 2007: J. M. Monterroso Montero., “Sinais de identidade, símbolo dunha universidade”, en (catálogo de exposición) Sigillum. Memoria e identidade da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela), 2007, pp. 63-70.

A.Neira de Mosquera, 1853: A. Neira de Mosquera, “Donativo del Excmo. Sr. Parga y Puga a la Biblioteca de la Universidad de Santiago”, Seminario Pintoresco Español, 19 (1853), pp. 145-150.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000443
Autoría: Autoría descoñecida
Título: Vítor de Jacobo Mª de Parga y Puga
Temas: 
Conmemorativo
Data: 1834
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 142 cm Ancho: 98 cm Profundidade: 4 cm
Materiais: 
Táboa
Localización: Facultade de Dereito