Vítor de Manuel Colmeiro y Penido

Manuel López Garabal
José Manuel García Iglesias

Manuel Colmeiro y Penido naceu en Santiago (1818-1894). En 1847 obtén dúas cátedras: a de Economía Política en Santiago e a de Dereito Administrativo en Madrid. O vítor que lle corresponde prescinde da imaxe do personaxe, a quen se alude a través dunha longa epígrafe, incluída nunha forma que se aproxima á dun gran escudo. Nel apóiase unha Minerva con atributos da Xustiza. Trátase neste caso dunha obra pintada por Manuel López Garabal, datada en 1950.

Estudou na Universidade compostelá, primero, Filosofía (1829-32) e, máis tarde, Dereito -conclúe en 1838-; doutórase en 1841. Entre 1840 e 1842 foi profesor de Economía Política en Santiago.

Foi membro da Real Academia da Historia e da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas (1857). Tamén foi deputado en Cortes en 1866 e Senador en 1871, con carácter vitalicio desde 1881. En 1886 foi designado fiscal do Tribunal Supremo (Vid. P. Pedret Casado, 1950, pp. 173-179; A.Couceiro Freijomil, 1951, pp. 287-289; J. J. F. Caínzos, 1995; X. L. Mínguez Goyanes, 1995, pp. 29-61; A. Nieto García, 1995a, pp. 11-26; A. Nieto García, 1995, pp. 7-27; X. Rodríguez-Arana Muñoz, 1995; C. Sáez Lorenzo, X. L. Mínguez Goyanes, 1995, pp. 199-214; C. Lema Añón, 1996, pp. 37-96; R. Villares, 1997, pp. 22-61; X. R. Barreiro Fernández, 2002, p. 288; A.Torres Queiruga, M. Rivas García, 2008, pp. 401-402).

A longa epígrafe do escudo di así: AL EXMO. SR./ D. MANUEL COLMEIRO/ Y PENIDO. NACIÓ EN SAN-/TIAGO DE COMPOSTELA EL AÑO/ 1818 Y MURIÓ EN MADRID EN 1894/ ESTUDIANTE DE LA FACULTAD DE DERECHO / EN ESTA UNIVERSIDAD. FUE NOMBRADO EN 1847/ CATEDRÁTICO DE LA MISMA Y POSTERIORMEN-/ TE DE LA DE MADRID EN LAS QUE ENSEÑO LA/ ECONOMÍA POLÍTICA DEL DERECHO/ POLITICO Y ADMINISTRATIVO/ HOMBRE INSIGNE Y DE EXTRAORDINARIA ERU-/ DICIÓN. PUBLICÓ NUMEROSAS OBRAS HISTÓ-/ RICAS, JURÍDICAS Y ECONÓMICAS / FUE DIPUTADO Y SENADOR VITALICIO/ CONSEJERO E INSPECTOR GENERAL/ DE INSTRUCCIÓN PÚBLICA Y FISCAL/ DEL TRIBUNAL SUPREMO/ SOCIO DE MÉRITO DE LA SOCIEDAD ECONÓMICA/ DE AMIGOS DEL PAÍS DE SANTIAGO/ PERTENECIÓ A LAS REALES ACADEMIAS DE/ LA HISTORIA, DE CIENCIAS MORALES/ Y POLÍTICAS DE BÉLGICA, DE LOS LIN-/CEI DE ROMA, A LA IMPERIAL/ DE PARÍS Y A LA DE GINEBRA/ FUE NOMBRADO PROFE-/SOR HONORARIO POR/ LAS UNIVERSIDADES DE CHARCOV Y CRA-/COVIA.

Nese suposto escudo que nos describe o persoeiro, apóiase unha muller guerreira, cuberta con casco e que empuña na súa destra unha espada. Aínda cando usualmente a Minerva se representa con lanza, debe entenderse neste caso esta arma como complemento natural da gran balanza que pode verse arriba e tras ela. Con ambos os atributos represéntase a Xustiza e ás causas xustas serviu sempre a deusa Minerva como protectora. A investigación e a docencia desde a Universidade son, deste xeito, evocados, así como a práctica en materia xurídica. A presenza dunha oliveira na parte posterior subliña a identificación da muller con Minerva. O feito de que se atope lendo un libro, que apoia na súa perna esquerda –lixeiramente elevada ao dispoñerse sobre outro libro pechado- redunda nesa idea do estudo e, en definitiva, do cultivo da sabedoría (R. M. Cacheda Barreiro, 2007, p. 90). Nese ano 1950 en que se pinta este vítor celebrouse nesta Universidade unha Semana Internacional de Dereito Administrativo cuxos resultados foron publicados. Conmemorábase, deste xeito, un centenario: en 1850 publicouse o Tratado de Dereito Administrativo de Colmeiro e iso levou a López Rodó a propoñer esta homenaxe; Legaz Lacambra era, por entón, o reitor da Universidade de Compostela (así se sinala na páxina introdutoria de Estudios, 1950).

Xa desde os primeiros tempos da posta en marcha do colexio de Fonseca debeuse de honrar a personaxes de relevo que tiveron relación con el mediante un vítor; aínda se conservan na fachada principal, cara ao lado sur, restos dun antigo do que pode verse en caracteres de gran formato parte dun nome.

Faise de tal modo mención a alguén concreto ao que se quere recoñecer, xa que esa é a finalidade das aclamacións, seguíndose neste sentido polo modo de pintar os caracteres en vermello, formas semellantes ás utilizadas entre outras institucións pola Universidade de Salamanca, na que este costume vai ter unha fonda e perseverante tradición.

Pero a factura de vítores ía plasmarse a partir do primeiro terzo do século XIX en obras pictóricas nas que se conxugan o recoñecemento a un determinado personaxe a través dunha imaxe, de cariz alegórico, e unha lenda co testemuño dos seus méritos persoais. Consérvanse tres entre os que gardou o Colexio de Santiago Alfeo, ou “Maior de Fonseca”: os de Benito Ramón Hermida, Manuel Pardo Ribadeneira e Jacobo María de Parga y Puga, citados por orde de antigüidade.

X. R. Barreiro Fernández, 2002: X. R. Barreiro Fernández, “A cultura da transgresión na Galícia do século XIX”, en J. de Juana, X. Castro (dir.), XI Xornadas de Historia de Galicia. Historia da Cultura en Galicia, Ourense (Deputación de Ourense), 2002, pp. 171-182.

R. M. Cacheda Barreiro, 2007: R. M. Cacheda Barreiro, “ O Vítor como soporte iconográfico. Heráldica, alegoría e retrato”, en (catálogo de exposición) Sigillum. Memoria e identidade da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela), 2007, pp.87-98.

R. M. Cacheda Barreiro, 2007: R. M. Cacheda Barreiro, “O Vítor como soporte iconográfico. Heráldica, alegoría e retrato”, en (catálogo de exposición) Sigillum. Memoria e identidade da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela), 2007, pp.87-98.

J. J. F. Caínzos, 1995: J. J. Caínzos, Manuel Colmeiro, economista e hacendista, Santiago de Compostela ( Escola Galega de Administración Pública), 1995.

A.Couceiro Freijomil, 1951: A. Couceiro Freijomil, Diccionario Bio-Bibliográfico de escritores. Santiago de Compostela (Bibliófilos Gallegos), 1951, t. I.

Estudios, 1950: Estudios jurídico-administrativos en honor de Colmeiro. Conferencias pronunciadas en la Semana Internacional de Derecho Administrativo, Santiago de Compostela (Facultad de Derecho. Universidad de Santiago), 1950.

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016.

C. Lema Añón, 1996: C. Lema Añón, Aproximación ó pensamento xurídico-político de Manuel Colmeiro (1818-1894), Santiago de Compostela (Xunta de Galicia), 1996.

X. L. Mínguez Goyanes, 1995: X. L. Mínguez Goyanes, “Notas para unha vida do profesor D. Manuel Colmeiro”, en X. Rodríguez-Arana Muñoz (dir.), Manuel Colmeiro (1818-1894). Estudios conmemorativos do seu primeiro centenario, Santiago de Compostela (Escola Galega de Administración Pública), pp. 29-61.

A. Nieto García, 1995a: A. Nieto García, Derecho Administrativo Español. D. Manuel Colmeiro, Santiago de Compostela (Xunta de Galicia), 1995.

A. Nieto García, 1995b: A. Nieto García, “Manuel Colmeiro: perfil administrativo”, en X. Rodríguez-Arana Muñoz (dir.), Manuel Colmeiro (1818-1894). Estudios conmemorativos do seu primeiro centenario, Santiago de Compostela (Escola Galega de Administración Pública), pp. 7-27.

P. Pedret Casado, 1950: P. Pedret Casado, Colmeiro: maestro de la universidad gallega, en Estudios jurídico-administrativos en honor de Colmeiro. Conferencias pronunciadas en la Semana Internacional de Derecho Administrativo, Santiago de Compostela (Facultad de Derecho. Universidad de Santiago), 1950, pp. 173-179.

X. Rodríguez-Arana Muñoz, 1995: X. Rodríguez-Arana Muñoz (dir.), Manuel Colmeiro (1818-1894). Estudios conmemorativos do seu primeiro centenario, Santiago de Compostela (Escola Galega de Administración Pública), 1995.

C. Sáez Lorenzo, X. L. Mínguez Goyanes, 1995: C. Sáez Lorenzo, X. L. Mínguez Goyanes, “Libros e documentos de Manuel Colmeiro”, en X. Rodríguez-Arana Muñoz (dir.), Manuel Colmeiro (1818-1894). Estudios conmemorativos do seu primeiro centenario, Santiago de Compostela (Escola Galega de Administración Pública), pp. 199-214.

A.Torres Queiruga, M. Rivas García, 2008: A.Torres Queiruga, M. Rivas García (coord.), Diccionario Enciclopédia do Pensamento Galego, Vigo (Xerais. Consello da Cultura Galega), 2008.

R. Villares, 1997: R. Villares, Figuras de Nación, Vigo (Edicións Xerais de Galicia), 1997.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000630
Autoría: Manuel López Garabal
Título: Vítor de Manuel Colmeiro y Penido
Temas: 
Conmemorativo
Data: 1950
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 151 cm Ancho: 105 cm Profundidade: 2 cm
Materiais: 
Lenzo
Localización: Facultade de Dereito