Vítor de Salvador Cabeza de León

Xurxo Martiño

Xurxo Martiño fai unha reinterpretación do vítor clásico dende a súa óptica contemporánea. Mantén a inscrición que fai relación dos méritos do homenaxeado pero, en vez de retratalo, utiliza unha fotografía del en branco e negro que centra a composición. Está presente o rigor xeométrico xa que o autor enmarca a fotografía sobre un fondo de dúas cores de tintas planas perfectamente delimitados creando formas rectangulares que se contrapoñen ao círculo ou esfera que vemos debaixo da fotografía, sempre seguindo esa linguaxe simplificadora característica do autor. Na parte inferior e sobre fondo negro lese a seguinte inscripción: "Ó INSIGNE D. SALVADOR CABEZA DE LEÓN (1854-1934),/ NATURAL DE BETANZOS. CATEDRÁTICO DE DEREITO/ INTERNACIONAL PÚBLICO E PRIVADO. DECANO DA/ FACULTADE DE DEREITO. ALCALDE DE SANTIAGO./ FUNDADOR DAS ACADEMIAS GALEGAS, &C, &C." Este e outros vítores foron encargados en 1995 a Xurxo Martiño continuando así a tradición universitaria de homenaxear personaxes relevantes da súa historia.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000069
Autoría: Xurxo Martiño
Título: Vítor de Salvador Cabeza de León
Temas: 
Conmemorativo
Retrato
Masculino
Data: 1995
Técnicas: 
Óleo
Materiais: 
Táboa