Xerra de vidro e metal
Autoría desconocida
Xerra de cristal e bronce de base campaniforme, profusamente decorada con motivos vexetais e nó de transición de bronce, dentado e con moldura e marcas no centro. Corpo ovoide decorado con motivos ondulados. Remate superior de bronce, con máscara e tapa de cristal. Asa e boca de bronce figurando animais fantásticos. Forma conxunto cunha cunca e unha bandexa, tamén de cristal, e está datada en tempos de Filipe IV (1604-1665). Está situada na vitrina esquerda do cadeirado do salón de graos de San Xerome e forma parte do Gabinete de Curiosidades creado en 1841 como parte complementaria da cátedra de Historia Natural.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000166
Título:
Xerra de vidro e metal
Temas:
Decoración vexetal
Fantástico
Data:
1601
Técnicas:
Vidro
Dimensións:
Alto: 24 cm Longo: 8 cm Fondo: 17 cm Diámetro base: 8,5 cm
Materiais:
Bronce
Prata
Cristal de rocha
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría