Xerro
Recipiente de cerámica de forma pechada e perfil composto; con corpo de forma esférica e colo e labio evertido; asas de boca a corpo con orientación vertical. Presenta unha superficie con acabado de cor branco e decoración negra no exterior e interior. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1290
Título:
Xerro
Dimensións:
Alto: 7,5 cm; diámetro boca: 3,5 cm
Materiais:
Arxila
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
