Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Arqueoloxía
    Biblioteca América
    Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
  • A-ZCRONOL.
Colección Biblioteca América (180)
cunca
Cunca mexicana
1924

Cunca de cabaza lacada con fondo vermello e decorada con motivos animais e vexetais. No fondo do interior represéntase un coello e, no borde, unha banda azul con aves e vexetación. Na zona externa, a base está pintada de fondo negro con motivos florais e a palabra “Recuerdo”. O lacado é unha técnica tradicional que xa usaban nas culturas mesoamericanas que consiste na aplicación de aceites -como o de chía- mesturados con pigmentos. Forma parte do legado de José Casares Gil. 

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1924
Aderezo de cunchas

Aderezo de 12 cunchas da mesma especie (Cypraediae) engarzadas con arame. Podería tratarse dun colar. Pertence ao legado de José Casares Gil.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

obxectotextil
Adorno téxtil

Obxecto de forma apuntada e curva, sen aberturas. Ten un soporte duro forrado de tecido azul, que podemos ver polo reverso. No seu anverso está decorado con fío metálico dourado, bordado con fíos de cores formando un octógono e bandas, un abelorio de gran tamaño e abelorios pequenos que colgan nun dos extremos. En tarxeta anexa de José Casares Gil indícase: "adorno de los indios bolivianos"

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

alfinete
Alfinete qolqe-culler

Alfinete formado por cabeza de forma cóncava ovoide e lisa; a sección media é plana e está gravada con liñas onduladas; con volutas a modo de lazo decorado con liñas diagonais a ambos lados. A espiga é de sección circular e punta aguzada. Na unión entre a cabeza e a sección media leva anoado un lazo de cor rosa. Este tipo de alfinetes utilízanse para suxeitar as prendas femininas. Podemos atopalos en Bolivia xa nos contextos arqueolóxicos, de tipo bidimensional, realizados en ouro, usados como símbolo de prestixio. Co paso do tempo, a súa forma foi evolucionando. Despois da revolución de Túpak Amaru de 1780, a Coroa española prohibiu os símbolos indíxenas e, segundo os especialistas, a forma de culler foi utilizada para disfrazalo como útil do fogar. Este tipo de qolqe culler seguiu sendo o máis característico dos séculos XIX e XX. Legado de José Casares Gil.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

anzol
Anzol

Anzol en forma de “V” formado por dúas pezas de madeira unidas no vértice; unha das pezas ten un óso terminado en punta inserido e anoado; a outra peza ten tallada no extremo unha cabeza de animal e, ao longo da peza, pequenos círculos a modo de decoración. Pertence ao legado de José Casares Gil e procede de Alaska.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

arco
Arco

Arco de madeira que se estreita no medio; nos extremos ten tallada unha cabeza humana cun peiteado central en relevo. Policromado en cores vermellas e negras. Perdeu a corda, pero ten restos nos extremos. Pertence ao legado de José Casares Gil.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

artefacto
Artefacto lítico

Artefacto de pedra tallada de forma piramidal con bandas de cor negras, brancas e tons grises. O Boletín América nº 8 cita “cinco flechas de pedernal de los indios Onas”, doados por Justo S. López de Gomara, aínda que non podemos aseguralo.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

artefacto
Artefacto lítico

Artefacto lítico de cor terra; unha das caras planas e a outra con dous planos e vértice central. No Boletín América nº 8 cita “cinco flechas de pedernal de los indios Onas”, doados por Justo S. López de Gomara, aínda que non podemos aseguralo.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

artefacto
Artefacto lítico

Núcleo de obsidiana de forma cónica e sección circular con pegadas de extracción de lascas. O Boletín América nº 8 cita “cinco flechas de pedernal de los indios Onas”, doados por Justo S. López de Gomara, aínda que non podemos aseguralo.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

axóuxere
Axóuxere

Cabaza de cor negra con pedúnculo e burato aberto no corpo do froito. As deformacións que presenta o corpo parecen realizadas anoando algún tipo de material. Probablemente usado como axóuxere.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

axouxere
Axóuxere de uñas

Dúas pezas semellantes compostas por unha banda téxtil fiada para usar como brazalete nos brazos ou nocellos; ao seu arredor leva cosidas varias uñas de animal (normalmente ovellas ou cabras). É un instrumento idiófono, de tipo sacudido, e o son se produce polo choque das uñas entre si. Doazón de Diego Bosquet (Mendoza, Arxentina) Javier Garbayo (Santiago de Compostela).

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

axouxere
Axóuxere de vaíña

Vaíña seca con sementes no seu interior; policromada por ambos lados en branco, negro, amarelo, vermello e azul. É un instrumento musical de percusión, idiófono, no que o son se produce mediante a vibración do seu propio material primario. Pertencen ao grupo dos idiófonos sacudidos, con bólas no seu interior, neste caso os sementes. Doazón de Diego Bosquet (Mendoza, Arxentina) e Javier Garbayo (Santiago de Compostela).

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

axouxere
Axóuxere mexicano

Axóuxere de cabaza policromada en verde e vermello; sobre a cor vermella hai unha banda azul e motivos florais. O maque (lacado) é unha técnica tradicional que xa usaban nas culturas mesoamericanas que consiste na aplicación de aceites -como o de chía- mesturados con pigmentos. Legado de José Casares Gil.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

relevo
Baixo relevo

Baixo relevo traballado por unha das súas caras. A imaxe representa un rostro enmarcado nun cadrado e, ao redor, uns apéndices que rematan en cabezas de aves. Garda semellanzas cos “rostros frontais” representados na base do friso da Porta do Sol do sitio arqueolóxico de Tiwanaku. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos atopalas en contextos arqueolóxicos e, hoxe en día, nas feiras das Alasitas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

relevo
Baixo relevo

Baixo relevo, traballado por unha das súas caras. Representa dous rostros enmarcados en cadrados e, ao redor, apéndices que rematan en cabezas de aves; en ambos laterais, dúas bandas alongadas con cabezas decoradas con cabezas de aves. Garda semellanzas cos “rostros frontais” representados na base do friso da Porta do Sol do sitio arqueolóxico de Tiwanaku. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos atopalas en contextos arqueolóxicos e hoxe en día nas feiras das Alasitas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

bandeira5
Bandeira da Universidade de Belgrano

Bandeira da Universidade de Belgrano (Arxentina) realizada en tea de panos dobres, con tres franxas horizontais de igual tamaño celeste-branco-celeste, con garabata das mesmas cores cun bordado en fío metálico dourado: UNIVERSIDAD DE BELGRANO.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

bandeira_arxentina
Bandeira de Arxentina
ca 1911

Bandeira nacional de Arxentina realizada en seda en panos dobres, con tres franxas horizontais de igual tamaño celeste-branco-celeste. Na franxa branca o sol con cara, bordado con fío dourado, en relevo, recordando a primeira moeda arxentina, con trinta e dous raios flamíxeros e rectos colocados alternativamente.Tal como recolle a documentación, as bandeiras de Arxentina e Uruguai estiveron expostas no seu día nas súas vitrinas orixinais, desaparecidas hoxe en día. Doazón da Comisión Protectora da Biblioteca América en Arxentina.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

bandeira8
Bandeira de Costa Rica

Bandeira nacional de Costa Rica, realizada en tea de panos dobres, con cinco franxas horizontais azul-branca-vermella-branca-azul; a amarela ocupa a metade do alto. Leva o escudo no centro, bordado en ambos lados. Rodeando o escudo, un marco de ouro que representa o café; no interior, tres volcáns representando as cordilleiras que cruzan o país, situadas entre dous mares, o Pacífico e o mar Caribe. En cada un dos mares, un buque mercante. Na zona superior, unha cita coa inscrición: América Central.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

bandeira9
Bandeira de Cuba

Bandeira nacional de Cuba, realizada en tea dun só pano, con cinco franxas horizontais de igual anchura, dúas brancas e tres azuis. Na parte esquerda, un triángulo vermello cunha estrela branca de cinco puntas no medio.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

bandeira7
Bandeira de Ecuador
ca 1927

Bandeira nacional de Ecuador, realizada en seda en panos dobres, con tres franxas horizontais amarela-azul-vermella; a amarela ocupa a metade do alto. Leva o escudo no centro bordado no anverso. O escudo é de forma ovalada e, no interior, o sol e o Chimborazo de onde nace o río Guayas, onde un barco a vapor navega polo río. Catro bandeiras rodean o escudo. Sobre o escudo, o cóndor coas ás abertas. Policromado con letras douradas na inscrición: R de Ecuador. Doazón do Comité de Damas Quiteñas Pro-Bandeira Ecuatoriana. Bordada polas irmás María Cristina e Carmela Moscoso.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

bandeira6
Bandeira de México
ca 1935

Bandeira nacional de México realizada en tea de orixe vexetal dun só pano, con tres franxas verticais de igual tamaño vermella-branca-verde. Na franxa branca, o escudo nacional bordado por ambos lados. Representa un aguia real de perfil cunha serpe no bico, pousada sobre un nopal que nace dunha rocha nun lago. Debaixo, ramas de loureiro e oliveira unidas por listón branco e vermello. O escudo de México tivo múltiples cambios coa sucesión dos distintos presidentes. Esta forma de representación coincide coa presidencia de Venustiano Carranza entre 1917-1934, con aguia de perfil, xa que con anterioridade tiña as ás estendidas. Doazón da Liga Acción Social de México.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

bandeira3
Bandeira de Nicaragua
ca 1930

Bandeira nacional de Nicaragua realizada en seda en panos dobres, con tres franxas horizontais de igual tamaño azul-branco-azul; Na franxa branca, o escudo nacional, formado por un triángulo equilátero bordado e, no interior, policromado con cinco volcáns e o gorro frixio. Ao redor, bordado: REPÚBLICA DE NICARAGUA.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

bandeira4
Bandeira de Paraguai
ca 1936

Bandeira nacional de Paraguai, realizada en seda en panos dobres, con tres franxas horizontais de igual tamaño vermella-branco-azul; con dous escudos diferentes en anverso e reverso sobre a franxa branca, bordados e policromados. No anverso o escudo nacional de Paraguai, con dúas ramas de palma e oliveira rodeando unha estrela de cinco puntas, no exterior: REPÚBLICA DEL PARAGUAY; no reverso, o da Facenda de Paraguai con león abrazando unha pica co gorro frixio e as palabra PAZ y JUSTICIA; ao redor: REPÚBLICA DEL PARAGUAY.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

bandeira2
Bandeira de Uruguai
ca 1911

Bandeira nacional de Uruguai realizada en seda en panos dobres, con franxas horizontais de igual ancho, catro celestes e cinco brancas. Na esquina superior esquerda, sobre fondo branco, sol con cara bordado con fío dourado, en relevo, con 16 raios rectos e intercalados 16 máis estreitos. Bordado polas madres Teresianas.Segundo a documentación da época, as bandeiras de Arxentina e Uruguai estiveron expostas no seu día na Biblioteca América nas súas vitrinas orixinais, desaparecidas na actualidade.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

baralla
Baralla de naipes White Pass and Yukon Route

Baralla de naipes en contedor vermello. As cartas teñen imaxes da ruta de ferrocarril White Pass and Yukon que foi terminada en 1900, mesma data na que se editou o xogo de cartas. A ruta ten a súa orixe na época da “febre do ouro” para transportar o metal. Hoxe en día é unha coñecida ruta turística. Non temos datos para saber se é unha reprodución da serie en anos posteriores ou se se trata da serie orixinal da época. Pertence ao legado de José Casares Gil.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

baston
Bastón

Bastón de madeira de ébano; corpo de forma cilíndrica, na empuñadura leva tallada unha cabeza de león con incrustación de vidro nos ollos; na parte superior, e de forma helicoidal, motivo vexetal en relevo. Cara a base, o diámetro da peza estréitase de forma progresiva. Pertence ao legado de Gumersondo Busto

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

baston
Bastón

Útil de madeira de sección cilíndrica, posiblemente un bastón, que vai aumentado o grosor cara un dos extremos. No extremo, un apéndice que segue a dirección lonxitudinal do obxecto, de forma curva e que remata en punta; nos laterais ten dous apéndices cilíndricos. 

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

batuta
Batuta

Batuta de ébano, formada por unha vareta cónica que no extremo máis groso ten a empuñadura de metal cun escudo e a inscrición do ano 1893. A punta ten un acabado metálico. Doazón de Julio Mirelis García. Consta dunha cartela que indica: "Orfeón Lira Gallega/primera coral fundada en Río de Janeiro/por/Julio Mirelis García/en 1893/Recuerdo a la Biblioteca América" 

 

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

batuta
Batuta

Batuta de ébano, formada por unha vareta que no extremo máis groso ten a empuñadura de metal. A punta ten un acabado metálico e, no medio, outra peza metálica a modo decorativo e con inscrición gravada. Leva anoada cunha cinta unha tarxeta coa inscrición: "Orfeón centro gallego/dirigido por/Julio Mirelis García/ Buenos Aires 1895/Recuerdo a la Biblioteca América". Doazón de Julio Mirelis García.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

batuta
Batuta

Batuta de ébano, formada por unha vareta que ten en ambos extremos pezas de metal e, no medio, unha peza metálica cunha inscrición gravada: "Los orfeonistas a su Director D. Julio Mirelis Río de Janeiro 2-5-1896". Doazón de Julio Mirelis Río.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

boleadoras
Boleadoras

Boleadora de tres bólas con forro de pel de poldro. Unha das bólas é de menor tamaño (manija). As cordas son de pel, con torsión. Este tipo de boleadoras de tres bólas coñécense co nome de guanaqueras. Doazón Pro Acercamiento intelectual Iberoamericano. Comisión Protectora da Biblioteca América en Montevideo.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

bolsa
Bolsa

Bolsa de pequeno tamaño, confeccionada en pel; no extremo inferior ten forma redondeada. Na zona superior remata cun dos lados máis alongados rematado en flocos. Aínda que Amparo Redondo indique no seu catálogo que pode proceder de Bolivia, pensamos que ten relación coa cultura dos nativos do norte de América, onde atopamos pezas idénticas que se utilizaban para gardar medicinas. Sabemos que José Casares Gil realizou viaxes a Norteamérica en 1899, 1902 e 1927.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

bolsa
Bolsa de man

Bolsa de man formada por dúas pezas similares, unha inserida na outra. Realizada coa técnica de cestería tecida, con fibras tinguidas en cores rosa, verde e amarelo, formando motivos xeométricos en diagonal. As bandas rosas e verdes son máis largas. Leva cosida unha tarxeta de José Casares Gil coa inscrición: "cestas y cajas de los indios de México".

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

bolsa
Bolsa de man

Bolsa de man formada por dúas pezas semellantes, unha inserida na outra. Realizada coa técnica de cestería tecida, con fibras tinguidas en cores rosa, morado, verde e a fibra sen tinguir, formando motivos xeométricos en diagonal e triangulares. Pertencente ao legado de José Casares Gil, procede de México.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

bolsa
Bolsa de man

Bolsa de man formada por dúas pezas semellantes, unha inserida na outra. Realizada coa técnica de cestería tecida, con fibras tinguidas en cores rosa, verde e a fibra sen tinguir, formando motivos xeométricos en diagonal e triangulares. Pertencente ao legado de José Casares Gil, procede de México.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

boneco
Boneco Skookum
Primeiro cuarto do século XX

Boneco que representa un nativo de América do Norte, coa cabeza realizada en papel maché e policromada en marrón escuro coa mirada concentrada cara un lado. O corpo ten un alma de madeira e un recheo de fibra vexetal. A parte inferior das pernas e pes están realizadas con madeira. Leva pelo natural e distintos tecidos que simulan unha especie de camisa. Unha manta en cores terra envólveo case por completo. Calza botas. A súa creadora foi Mary McAbay, que obtivo a patente en 1913 e o rexistro da marca Skookum en 1919. Pasou de ser unha industria artesanal a fabricarse de forma masiva entre 1920 e 1960. Vendíanse como artigos de recordo en zonas turísticas. A partir de 1924, o calzado xa non é realizado en tecido, polo que pode datarse a peza antes deste ano, ademais de coincidir coas viaxes de José Casares Gil a América do Norte.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

botella
Botella

Recipiente de cerámica de forma pechada de perfil composto, con corpo de forma globular e colo cilíndrico de labio evertido; base plana. Presenta manchas negras irregulares sobre superficie vermella. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

botella
Botella

Recipiente de cerámica de forma pechada de perfil composto, con corpo de forma globular e colo cilíndrico de labio evertido; base plana. Presenta manchas negras irregulares sobre superficie vermella. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

botella
Botella

Recipiente de cerámica de forma pechada de perfil composto, con corpo de forma globular e colo cilíndrico de labio evertido; base plana. Presenta manchas negras irregulares sobre superficie vermella. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

bello
Busto de Andrés Bello

Busto en mármore co nome inscrito do homenaxeado. Este busto foi regalado á Biblioteca América polo goberno da República de Venezuela, grazas ás xestións realizadas por Vicente Dávila, delegado da Biblioteca América en Caracas, secretario da Academia da Histoira e director do Arquivo Nacional de Caracas. Polo seu compromiso co proxecto de Gumersindo Busto, foi nomeado socio de honra da Biblioteca América.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

sucre
Busto de Antonio José de Sucre

Busto en mármore branco, tipoloxía clásica de busto co nome inscrito do homenaxeado. O busto de José Antonio de Sucre, xunto co de Francisco de Miranda e Simón Bolívar, realizados en mármore de Carrara, foron doazón do goberno da República de Venezuela. Chegaron á Biblioteca América grazas á actuación e xestións realizadas por Vicente Dávila, delegado da Biblioteca en Caracas, secretario da Academia da Historia e director do Arquivo Nacional. A doazón foi efectuada, posiblemente, a finais da década dos vinte do século XX.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

mitre
Busto de Bartolomé Mitre
P. Costa

Busto en mármore do homenaxeado. Procede da Facultade de Xeografía e Historia. Obsequiado polo inmigrante pontevedrés Juan G. Molina, quen foi presidente do Banco de Galicia y Buenos Aires, do Centro Galego da capital arxentina e presidente da Comisión Protectora da Biblioteca América en Buenos Aires entre 1920-1926, período durante o cal se realizou a doazón. Inscrición cincelada na parte posterior: "P. Costa. Florencia, Vía Ricasoli 63"

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

rivadavia
Busto de Bernardino Rivadavia
E. Müller / Gotuzzo y Piana
1921

Busto de don Bernardino Rivadavia ( Bos Aires 1780, Cádiz 1845). Foi realizado por iniciativa da Comisión de Damas Arxentinas, baixo a dirección da súa presidenta, Rosaura Díaz de Leyro, e grazas aos actos organizados pola Comisión de Festas presidida por Carmelia Miranda, quen reúne os fondos necesarios para custealo. Parece que en 1912 estaba concluído e pendente de ser enviado á Biblioteca América. Inscrición no reverso: E. MÜLLER/19212/GOTUZZO Y PIANA: BUENOS AIRES. Placa identificativa no pedestal de madeira: "Bernardino Rivadavia"

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

1921
ohiggins
Busto de Bernardo O'Higgins Riquelme

Busto de Bernardo O'Higgins (1778 - 1842), libertador de Chile. En vulto redondo, mirada ao fronte, vestido de uniforme militar con medallas. Sobre peaña de madeira. Doazón do goberno de Chile.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

miranda
Busto de Francisco de Miranda
Autoría desconocida

Busto de mármore de Carrara de Francisco de Miranda. O busto de Francisco Miranda, xunto co de Simón Bolívar e Antonio José de Sucre, realizados todos eles en Italia con mármores de Carrara, doazón do goberno da República de Venezuela. Chegaron á Biblioteca América a fins dos anos vinte. O seu envío produciuse por mor da actuación e xestións de Vicente Dávila, delegado da Biblioteca en Caracas e secretario da Academia da Historia e director do Arquivo Nacional.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

espejo
Busto de Francisco de Santa Cruz y Espejo
Ayala
1924

Busto de bronce de Francisco J. de Santa Cruz y Espejo. Este busto foi agasallo do concello de Quito e da Biblioteca Municipal desa cidade, grazas ás xestións efectuadas polo poeta, pedagogo e editor Alejandro Andrade Coello, delegado da Biblioteca América en Ecuador. O busto foi enviado a Galicia con posterioridade a 1920.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

1924
ribera
Busto de Fructuoso de Ribera
Luis Cantú

Busto en bronce fundido e peaña de madeira. Representa a don Fructuoso Ribera, militar e político uruguaio. O busto foi custeado por subscrición popular, baixo a iniciativa da Comisión Protectora de Montevideo. Laura Carrera de Bastos, presidenta da Comisión Pro-Acercamiento Intelectual Iberoamericano, realiza xestións ante o Partido Colorado e o Club Rivera de Uruguai para sufragar o envío do busto a Santiago a onde chegou pouco antes de 1926. Na fronte e no lateral esquerdo, gravado o nome do autor Luis Cantú. Placa metálica co nome do homenaxeado: "Br. Gral. Fructuoso Rivera/Nació en 1788 - + 13-I-1854", e outra cos nomes dos doantes.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

rodó
Busto de José Enrique Rodó
Manuela Nebel de Herrera

Busto en bronce fundido de don José Enrique Rodó (1872-1917), representado ata o peito e sen brazos, con gravata e o rostro levemente xirado. O busto foi doado xunto coa columna que o sostén, pola Comisión Pro-Acercamiento Intelectual Iberoamericano, nacida do seo da Liga de Damas do Uruguai, por iniciativa de Laura Carreras de Bastos. Probablemente foi remitido a Santiago, xunto co de Rivera, con posterioridade á data da inauguración oficial da Biblioteca América en xullo de 1926. Con dúas placas de metal: unha cos datos do homeaxeado: "José Enrique Rodó/Nació en 1873- +1917"; e outra coa inscrición: "Pro-Acercamiento/Intelectual/Iberoamericano/Comisión Protectora/en la/República O. del Uruguay/de la/Biblioteca "América"/de la/Universidad/de/Santiago de/Compostela". Na placa falta o escudo. Autor: Manuela Nebel de Herrera

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

josegervasioartigas
Busto de José Gervasio Artigas
Enrique Astori
1850

O busto en bronce deste prócer uruguaio foi doado pola Comisión de Damas Uruguaias da Biblioteca América mediante suscrición popular a cargo de Laura Carreras de Bastos. Parece que a contribución económica maior foi a de Teresa García Lagos de Sanguinetti, xunto coa doutras damas da Comisión, varios connotados uruguaios e varios españois establecidos en Uruguai. En 1922, o busto xa fora doado. Placa de bronce na peaña de granito onde figura a inscrición: "Artigas". Placa identificativa no pedestal "Gral D. José G. Artigas/N. El 19 de Junio de 1764 - 23 de septiembre de 1850". Maqueta executada por León Solá e pedestal de granito rosado realizado polo mosaiquista Ambrosio Romeo Risso.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

1850
gervasio artigas
Busto de José Gervasio Artigas
Construcciones metálicas UTU (Universidad de Trabajo Uruguay)

Escultura do xeneral uruguaio José Gervasio Artigas (1764 - 1850). Busto coa cabeza lixeiramente ladeada cara a dereita. Policromada cunha capa cobreada uniforme. Sobre peaña de madeira.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

morelos
Busto de José María Morelos y Pavón
Fidias Elizondo
1926

Escultura de vulto redondo sobre peaña de madeira que represnta a José María Morelos y Pavón (1765 - 1815). Trátase dun busto con mirada ao fronte, sen vestimenta visible, cun pano na cabeza e  patillas. Escultura e peaña de madeira forman un mesmo bloque; todo o frontal da peaña de madeira presenta unha placa de cobre gravada; de estilo modernista.Doazón do Secretario de Educación Pública de México, Puig Casauranc.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

1926
martí
Busto de José Martí
Alfredo Gutiérrez / Chema Dapeña
1997

Busto de José Martí, representado con paxariña e sen brazos. A tipoloxía de busto segue os cánones dos xa feitos anteriormente, pero é novidoso o material utilizado que parece ser gres e un morteiro para rematar algunhas zonas. Procede da Facultade de Xeografía e Historia. Este busto foi doado, xunto coa bandeira do país, polo Consulado de Cuba en Santiago de Compostela nos anos noventa do século XX. Na parte posterior do lateral dereito figura a inscrición: "Alfredo Gutiérrez/Chema Dapeña. Bemposta 97?". Placa metálica no pedestal de madeira na que se le: "José Martí" Asinado polos autores.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

1997
busto rizal
Busto de José Rizal
Anastasio Tanchuaco Caedo
1961

Escultura en cobre de José Rizal (1861-1896), heroe nacional de Filipinas. Escultura de vulto redondo. O representado presenta bigote e a cabeza lixeiramente ladeada cara a dereita, as extremidades superiores parciais. Viste chaqueta, chaleco, camisa e garabata. Escultura e peaña de metal forman un mesmo bloque. Na peaña de metal pódese ver gravado: RIZAL.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

1961
sanmartin
Busto de José San Martín
Gotuzzo y Piana

Foi realizado por iniciativa da Comisión de Damas Arxentinas, baixo a dirección da súa presidenta, Rosaura Díaz de Leyro, e grazas aos actos organizados pola Comisión de Festas presidida por Carmelia Miranda, quen reúne os fondos necesarios para custealo. Parece que en 1912 estaba concluído e pendente de ser enviado á Biblioteca América. Inscrición posterior: "Gotuzzo y Piana/Buenos Aires". Placa identificativa no pedestal: "José de San Martín".

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

zorrilla
Busto de Juan Zorrilla San Martín
José Luis Zorrilla

Busto de don Juan Zorrilla San Martín (Montevideo 1855- 1931). Foi agasallo da Comisión Pro-Acercamento Intelectual Iberoamericano, que encomendou en 1913 a súa realización ao fillo do propio homeaxeado, o escultor José Luis Zorrilla. En 1918 estaba lista a maqueta do busto, pero seguía pendente a realización da columna. O delegado da Comisión en Paysandú, o escritor e músico vasco residente no Uruguai dende 1872, Bruno Goyeneche, abriu unha subscrición con tal fin. En 1922, o Presidente da República, Baltasar Brum, presidiu no Teatro Solís de Montevideo a velada literaria celebrada con motivo da entrega deste e doutros bustos dos próceres uruguaios á Biblioteca América. Inscrición no lateral dereito: "J. Zorrilla D. San Martín" Inscrición no reverso: FUND: VIGNALI Na peaña unha placa metálica que di: "JUAN ZORRILLA SAN MARTÍN"

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

manuelartigas
Busto de Manuel Artigas
Luis Cantú
1811

Busto de bronce de Manuel Artigas. Enviado pola comisión "Pro-Acercamiento Iberoamericano" de Montevideo. Foi Manuel Rodríguez, delegado desta comisión no departamento de San José, quen promoveu a subscrición entre os monagatos para custear gastos. Xa desde 1913,  esta comisión informara que este busto ía ser enviado xunto con outros seis. En 1918, as maquetas estaban xa concluídas. Enviouse á Biblioteca probablemente despois da data de inauguración oficial en 1926. Autor: Luis Cantú, sobre soportes de Ambrosio R. Risso.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

1811
oribe
Busto de Manuel Oribe
Luis Cantú

Busto de don Manuel Oribe (Montevideo 1796- 1857). Enviado pola Comisión Pro-Acercamiento Iberoamericano de Montevideo. Foi Manuel Rodríguez, delegado desta comisión no departamento de San José, quen promoveu a subscrición entre os monagatos para custear gastos. Xa dende 1913 esta comisión informara que este busto ía ser enviado xunto con outros seis. En 1918 as maquetas xa estaban concluídas. Enviouse á Biblioteca probablemente despois da data de inauguración oficial en 1926. Ten dúas placas, unha co nome do homenaxeado: "Cap. Don Manuel Artigas/ + en San José- 25 de Abril-1811", e outra cos nomes dos doantes e o escudo do Paraguai. Autor: Luis Cantú, sobre soportes de Ambrosio R. Risso.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

moreno
Busto de Mariano Moreno
E. Müller / Gotuzzo y Piana
1921

Busto en bronce fundido, representa a don Mariano Moreno (Buenos Aires 1779- 1811). Foi realizado por iniciativa da Comisión de Damas Arxentinas, baixo a dirección da súa presidenta, Rosaura Díaz de Leyro, e grazas aos actos organizados pola Comisión de Festas presidida por Carmelia Miranda, quen reúne os fondos necesarios para custealo. Parece que en 1912 estaba concluído e pendente de ser enviado á Biblioteca América. Inscrición posterior: "E. Muller/1921/Gotuzzo y Piana/Buenos Aires". Placa de Bronce identificativa no pedestal de madeira: "Mariano Moreno"

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

1921
avellaneda
Busto de Nicolás Avellaneda
Horta
1874

Busto dedicado a Don Nicolás Avellaneda (Tucumán 1836, 1885). O busto foi regalado polo galego residente na Arxentina dende 1874, Juan G. Molina, coa pretensión de renderlle tributo ao ex-presidente arxentino Avellaneda, que apoiou os primeiros Xogos Florais celebrados en 1881 na capital arxentina polo Centro Galego. O busto foi remitido en torno a 1922. O busto está levantado sobre unha peaña de bronce na que se representa en baixorrelevo o escudo arxentino e nos laterais figuras alegóricas simbolizando o Progreso e a Ciencia e as Artes nos laterais esquerdo e dereito, respectivamente. Presenta a seguinte inscrición: "Dr. Nicolás Avellaneda/1874/Presidente de la Argentina 1880" Asinado polo autor no lateral dereito.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

1874
bolivar
Busto de Simón Bolívar

Busto en mármore de Simón Bolívar (Caracas 1783- San Pedro Alejandrino 1830) , representado con traxe de militar, leva o nome inscrito na parte inferior. O busto de SImón Bolívar, xunto co de Francisco Miranda e Antonio José de Sucre, realizados todos eles en Italia con mármores de Carrara, doazón do goberno da República de Venezuela. Chegaron á Biblioteca América a fins dos anos vinte. O seu envío produciuse por mor da actuación e xestións de Vicente Dávila, delegado da Biblioteca en Caracas e secretario da Academia da Historia e director do Arquivo Nacional. Inscrición na peaña de mármore: "Bolívar"

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Cabeza antropomorfa

Cabeza de antropomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Leva unha banda cefálica coa zona inferior con incisións diagonais que forman triángulos; os trazos do rostro a base de formas xeométricas. A peza recorda as cabezas humanas do muro do templete semi-subterráneo de Tiwanaku. Pensamos que se trata dunha copia libre de tipo artesanal.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

caixa
Caixa

Caixa rectangular realizada a base de tiras de pergameo de cor natural que se cruzan formando a estrutura. Tiras de pergameo máis estreitas, e de cor terra, forman un tramado decorativo de liñas rectas que aparecen e desaparecen, e cruces na fronte e laterais da tapa e na parte dianteira.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

caixa
Caixa

Caixa rectangular, con abertura no seu lado máis longo, a modo de bisagra. Feito en madeira e cortiza con decoración en cuncha de tartaruga ou similar no seu anverso. Usando a técnica da taracea, as pezas forman un motivo floral no centro do que parten dúas formas triangulares formadas á súa vez por catro pezas de igual forma. No seu interior garda once pedras de material descoñecido.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

pedrasol
Calendario Azteca

Baixo relevo circular traballado por unha das súas caras. É unha copia interpretada, a pequena escala, do monolito coñecido como "Piedra del Sol" ou Calendario Azteca. É un tributo ao sol e mostra a división do tempo. O rostro representado no centro é Tonatiuh (Deus do Sol) rodeado de adorno de guerreiro triunfante; na seguinte liña, a representación simbólica dos 20 días aztecas. No último anel, as dúas serpes que terminan con dúas cabezas humanas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

camisa
Camisa de cortiza

Camisa de fibra vexetal (cortiza de árbore) de manga longa e colo redondo. Con abertura e, no seu remate, un tecido de cor máis clara. De procedencia boliviana, pertence ao legado de José Casares Gil.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

cascabel
Cascabel

Cascabel metálico, ovalado, oco, e con abertura alongada na base. Na zona superior, un anel para suspendelo. No seu interior debería ter unha esfera, hoxe perdida, encargada de producir o son ao chocar coas parede. É un instrumento idiófono de percusión de golpe indirecto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

casco
Casco

Casco de tipo colonial cuberto de material calcario por precipitación, ao ser exposto ás augas termais da zona que teñen unha mineralización moi forte con alto contido de cloruros e sodio e gran cantidade de dióxido de carbono. A principios do século XX, o Monumento Natural Puente del Inca (Mendoza, Arxentina) foi unha zona de gran interese turístico, debido á construción dun hotel e á chegada do ferrocarril. Hoxe en día está declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Os artesáns que realizan as pezas son coñecidos como “cacharreiros”. Doazón de Luís F. Torra, tesoureiro no seu momento da Comisión Protectora da Biblioteca América.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

chaqueta
Chaqueta boliviana

Chaqueta de pana procedente de Bolivia de cor granate, con pescozo de forma cadrada e mangas folgadas que se estreitan no puño. Na parte inferior remata en ondas que levan cosido un floco a base de fíos brancos de algodón. A prenda está bordada co mesmo tipo de fío branco ao redor do pescozo e na parte dianteira a base de motivos xeométricos e vexetais; tamén leva bordados motivos decorativos sobre as ondas do remate inferior. Debaixo dos ombreiros e nos puños obsérvanse os únicos lugares onde hai fíos en cores azuis e amarelos. No interior leva cosido un tecido de cor claro. Pertence ao legado de José Casares Gil.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

pausdechoque
Claves cubanos

Dous pauciños de madeira maciza de similares características con incisións nos extremos. É un instrumento idiófono de entrechoque, típico da música popular cubana, no que o son prodúcese ao percutir un pau sobre o outro.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

pausdechocque2
Claves cubanos

Dous paus de madeira, un deles perforado lonxitudinalmente e acanalado no centro. É un instrumento idiófono de percusión, de golpe directo, no que o son se produce polo entrechoque co pau máis delgado; o pau acanalado e perforado fai de caixa de resonancia coa palma e dedos da man.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

colar
Colar

Colar de sementes de cor marrón engarzadas con arame. No medio, a cada un dos lados e na parte inferior, as sementes forman unha flor; na parte inferior colgan tres filas de sementes rematando a flor. Nos tramos entre as flores intercálanse cinco sementes alongadas e unha redonda de maior tamaño. Entre cada semente, dous aros metálicos enlazados.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

colar
Colar

Colar de sementes de cor branco e marrón engarzadas con fío metálico. No medio, a cada un dos lados e na parte inferior, as sementes forman unha flor de cor marrón; na parte inferior colgan tres filas de sementes rematando a flor. Entre cada semente, dous pequenos aros metálicos enlazados.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

colar
Colar

Colar feito con doas de madeira de forma circular e biselada, onde se van intercalando dez pezas pequenas e unha de maior tamaño. Na parte inferior remata cunha doa de maior tamaño, doas pequenas, unha peza transversal alongada e unha borla de fíos de algodón. Posiblemente procedente da rexión arxentina do Gran Chaco.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

colar
Colar

Colar formado por pezas de forma circular e perforación central, distribuídas combinando pezas pequenas con forma de lentella e pezas cilíndricas de maior tamaño, algunhas de cerámica vidrada como as lentellas, como por algunha peza de pedra de cor verde.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

colar
Colar

Colar con doas vermellas redondas (de pasta vítrea) e azuis, alongadas e con caras talladas (descoñecemos o material con que están realizadas). Foron engarzadas en fío de algodón seguindo unha secuencia de 5 doas azuis, dúas vermellas, dúas azuis e dúas vermellas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

colar
Colar

Colar de sementes esféricas de cor marrón, engarzadas con fío metálico. Entre cada semente dous pequenos aros metálicos enlazados.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

colar
Colar

Colar formado por dez filas de sementes de cor branco e negro que forman un debuxo xeométrico onde se intercalan bandas negras e brancas en diagonal que deixan un patrón de triángulos negros.A tarxeta actual que acompaña ao obxecto na vitrina indica “Collares de semillas México. Legado de José Casares Gil”.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

colar
Colar

Colar formado por oito filas de sementes de cor branco e negro que forman un debuxo xeométrico onde se intercalan bandas negras e brancas en diagonal que deixan un patrón de triángulos negros.A tarxeta actual que acompaña ao obxecto indica “Collares de semillas México. Legado de José Casares Gil”.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

lanzas
Colección de útiles de pesca e caza

Colección de útiles de caza e pesca (lanzas, arpóns, frechas, arcos) pertencentes ao legado de Gumersindo Busto que, segundo o inventario da Biblioteca América de 1926, proceden dos indios Toba e Charrúas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

foto
Comisión Protectora da Biblioteca América na Arxentina
Arturo Francisco Mosquera

Fotografía que retrata a Comisión da Biblioteca América na Arxentina. Tres filas de mulleres, as primeiras sentadas nas escaleiras e os homes ao fondo. Ao fondo edificio con columnas no lado dereito, parede ao esquerdo e ventá ao fondo. Presenta o selo do fotógrafo ourensán emigrado a Arxentina: Arturo Francisco Mosquera.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

relevo
Copia en miniatura da Porta do Sol de Tiwanaku

Baixo relevo, traballado por unha das súas caras. Representa unha figura antropomorfa con báculos en ambas mans que rematan en cabezas de aves; a cabeza con toucado que irradia apéndices con cabezas de aves; aos pes, a metade superior da pirámide escalonada. A cada lado do personaxe central, catro cadrados con figuras de perfil mirando cara a figura principal. Parece representar de forma esquemática o personaxe central da Porta do Sol do sitio arqueolóxico de Tiwanaku e parte das catro filas de figuras, dúas con seres humanos alados e as outras dúas de aves con pernas aladas. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos atopalas en contextos arqueolóxicos e, hoxe en día, nas feiras das Alasitas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

cordofono
Cordófono

Instrumento musical con caixa formada por unha metade de cabaza cuberta por unha membrana animal anoada polo reverso con varios cordóns do mesmo material. Nun dos seus extremos ten inserido o mango de madeira e no outro extremo observamos un oco. O obxecto ten similitudes con instrumentos de tipo cordófono monocorde propios da cultura musical peruana, pero cremos que perdeu elementos que dificultan a súa clasificación.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

coroa
Coroa

Toucado circular que leva anoado unha cinta longa con trama de sarga en dúas cores. Tanto a cinta como a zona vertical do armazón que va encaixada na cabeza poden ser folla de palma, moi utilizada nos traballos de cestería. A parte superior do armazón está formada por distintas varas onde se debuxa un patrón de tipo triangular formado por fíos vexetais. Este tipo de coroas realizadas con carrizo e que adoitaban adornarse con plumas, son propias do grupo indíxena Ashaninka amazónico do Perú. Legado de José Casares Gil.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

cruz
Crucifixo

Crucifixo de metal coa figura de Cristo de catro cravos. Na cabeza leva o que semella un tocado de plumas. Na cima, a cartela coa inscrición INRI. A cruz está decorada con rolos e palmetas. Segundo cita o Boletín Biblioteca América nº 8: “una cruz de plata, obra antigua, procedente de los orfebres de Bolivia”. Doazón de Arminda Jordán de Echenique (Arxentina).

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

culler
Culler

Culler de madeira de pa fonda, de forma oval, que polo reverso rermata en forma biselada. O mando é curto e lixeiramente curvo. Na zona máis próxima á pa ten unha acanaladura e, no outro extremo, unha fendedura para suxeitar a corda en torsión que ten anoada. Aparece no “Inventario enviado á Biblioteca América en 1924” como "cuchara vegetal indios Toba, Argentina".

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

cunca
Cunca

Recipiente de cerámica de forma aberta e perfil composto, de corpo semiesferoidal e base plana; presenta unha superficie vermella. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

mate
Cuncas e bombilla de mate

Recipientes arxentinos para o mate, tipo poro o porongo, con forma de pera. Decorados con diferentes tramados. Bombilla para mate con filtro de culler con punta plana e ancha con buratos; o fuste está dividido en tres corpos por aneis con decoración; o corpo medio ten forma helicoidal. Pertencen ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

escudela
Escudela

Recipiente de cerámica de forma aberta, de corpo semiesférico, con apéndices de borde redondeados, base plana color vermello, no interior presenta decoración negra. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

escudela
Escudela

Escudela ou "puco" de cerámica de forma aberta, de corpo esférico; base plana; con manchas negras irregulares sobre superficie vermella. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

escudelas
Escudelas de cobre

Conxunto de 4 escudelas de cobre, dúas redondas, tipo cunca, e dúas cadradas. A tarxeta que as acompaña indica "objetos de cobre de la mina y fábrica de Huanicamatu en Chile". Pensamos que a transcrición da tarxeta non é correcta, xa que non atopamos ningunha mina con ese nome. Podería ser a mina de Chuquicamata, considerada unha das máis grandes no seu momento, que foi explotada de forma industrial entre 1915 e 2007, pero explotada dende tempos precolombinos. Pertencen ao legado de José Casares Gil.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

 

esferaceleste
Esfera celeste
Delamarche. París
1818

Representación do ceo coas constelacións

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

1818
faixa
Faixa - wak'a

Faixa tecida en cores branco, vermello e negro, formando unha banda central con motivos xeométricos. Nos extremos fíos da urda agrupados e trenzados. Na cultura andina a wak'a úsase na cintura na altura do embigo e ten un complexo simbolismo de protección e como formadora de vida, dende o nacemento ata a morte. Cada tipo de wak'a está asociada a momentos e situacións concretas. Os motivos son dunha enorme variedade, tanto xeométricos como figurativos, e son unha verdadeira forma de comunicación.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

faixa
Faixa - wak'a

Faixa tecida en cores branco, vermello e negro, formando unha banda central con motivos xeométricos. Nos extremos, fíos da urda agrupados e trenzados. Na cultura andina a wak'a úsase na cintura na altura do embigo e ten un complexo simbolismo de protección e como formadora de vida, dende o nacemento ata a morte. Cada tipo de wak'a está asociada a momentos e situacións concretas. Os motivos son dunha enorme variedade, tanto xeométricos como figurativos, e son unha verdadeira forma de comunicación.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

faixa
Faixa wak'a

Faixa ou wak´a, tecida coas cores vermello, amarelo, verde e rosa, nos bordes presenta listas de cor rosa que bordean a parte central formada por rombos (p´uyu). Nos extremos, os fíos do urdido están agrupados en trenzas, aínda que un dos extremos está perdido. Na cultura andina, a wak'a úsase na cintura na altura do embigo e ten un complexo simbolismo de protección como formadora de vida desde o nacemento ata a morte. Cada tipo de wak'a está asociado a momentos e situacións concretas. Os motivos son dunha enorme variedade, tanto xeométricos como figurativos, e son unha verdadeira forma de comunicación.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura antropomorfa

Figura antropomorfa tallada por ambos lados que representa de forma esquemática a figura central da porta do sol localizada no templo de Kalasasaya (sitio arqueolóxico de Tiwanaku). Representado sobre a metade superior da cruz escalonada, cun cetro en cada man que termina en cabezas de aves; leva un toucado con raios que terminan en cabezas de aves. É unha iconografía que encontramos noutras culturas precolombinas (Pukara, Wari, Chavín ou Paraca). Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos econtralas en contextos arqueolóxicos e, hoxe en día, nas feiras das Alasitas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura antropomorfa

Figura antropomorfa feminina de vulto redondo. Está representada sentada, cos brazos cara adiante suxeitando un obxecto cilíndrico entre as súas mans. A cabeza ten unha forma triangular, con trazos moi esquemáticos e leva un peiteado con dúas trenzas que caen cara as costas; o vestido está traballado a base de incisión verticais. É unha miniatura ou illa que xa podemos encontrar en contextos arqueolóxicos e hoxe en día véndense nas feiras das Alasitas ou miniaturas. Encontramos unha peza moi semellante no catálogo “Almas de la piedra” publicado por MUSEF (cat 48, páx 384) que, como explica, utilizábase polos comerciantes para garantir a prosperidade nos negocios.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura antropomorfa

Figura antropomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Ten os brazos pegados ao corpo e as mans diante do peito cun obxecto entre elas; leva unha banda cefálica cunha zona inferior con incisións que forman rombos e a superior que remata en picos. Destacan os grandes ollos e o nariz triangular. A peza ten similitudes cos monolitos de Tiwanaku, aínda que este tipo de esculturas aparecen noutras culturas precolombinas. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura antropomorfa

Figura antropomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática; cos brazos pegados ao corpo e as mans na altura do peito; entre as mans parece representarse unha cabeza. Leva unha banda cefálica, faixa ventral e saia. Os detalles do corpo e as decoracións están realizadas a base de incisións. Ten unha pátina con pigmento vermello A peza ten similitudes cos monolitos do complexo arqueolóxico de Tiwanaku (Bolivia). Este tipo de copias artesanais pódense atopar en feiras como as Alasitas. Pertence ao legado de Gumersindo Busto. No inventario da Biblioteca América aparece formando parte de “13 monolitos de los incas de Tihuanaco, Perú” rexistrados en 1924.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura antropomorfa

Figura antropomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Ten os brazos pegados ao corpo e as mans diante do peito; leva unha banda cefálica con liñas diagonais. Destacan os trazos da rostro a base de formas xeométricas . A peza ten similitudes cos monolitos de Tiwanaku, aínda que este tipo de esculturas aparecen en outras culturas precolombinas. Pensamos que se trata dunha copia libre de tipo artesanal.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura antropomorfa

Figura antropomorfa de vulto redondo, representada de forma esquemática. Ten os brazos pegados ao corpo e as mans sobre o peito cun obxecto entre elas. Leva banda cefálica coa zona inferior lisa e a superior decorada con incisións verticais; faixa ventral con decoración a base de triángulos. Ten unha pátina negra como acabado. A peza parece reproducir o monolito Ponce do Complexo arqueolóxico de Tiwanaku en Bolivia. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal das que poden atoparse en feiras como a das Alasitas. Pertence ao legado de Gumersindo Busto. No inventario da Biblioteca América aparece formando parte de “13 monolitos de los incas de Tihuanaco, Perú” rexistrados en 1924.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura antropomorfa

Figura antropomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Ten os brazos pegados ao corpo e as mans diante do peito cun obxecto entre elas; leva unha banda cefálica lisa. Destacan os trazos do rostro a base de formas xeométricas. A peza ten similitudes cos monolitos de Tiwanaku, aínda que este tipo de esculturas aparecen en outras culturas precolombinas. Pensamos que se trata dunha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos atopalas en contextos arqueolóxicos e hoxe en día nas feiras das Alasitas. Pertence ao legado de Gumersindo Busto. No inventario da Biblioteca América aparece formando parte de “13 monolitos de los incas de Tihuanaco, Perú” rexistrados en 1924.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura antropomorfa

Figura antropomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Ten os brazos pegados ao corpo e as mans diante do peito cun obxecto entre elas; leva banda cefálica con zona inferior decorada con rombos e zona superior lisa; faixa ventral decorada con formas triangulares e saia. Destacan a boca, ollo e nariz en relevo de formas xeométricas. A peza ten similitudes cos monolitos de Tiwanaku, aínda que este tipo de esculturas aparecen en outras culturas precolombinas. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos atopalas en contextos arqueolóxicos e, hoxe en día, nas feiras das Alasitas. Pertence ao legado de Gumersindo Busto. No inventario da Biblioteca América aparece formando parte de “13 monolitos de los incas de Tihuanaco, Perú” rexistrados en 1924.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura antropomorfa

Figura antropomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Ten os brazos pegados ao corpo e as mans diante do peito; viste un vestido longo. Destacan os trazos do rostro a base de formas xeométricas. Pensamos que se trata dunha copia libre de tipo artesanal. É moi habitual encontrar este tipo de miniaturas ou illas, en orixe en contextos arqueolóxicos e, hoxe en día, nas feiras das Alasitas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura antropomorfa

Figura antropomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Ten os brazos pegados ao corpo e as mans diante do peito cun obxecto entre elas; leva banda cefálica con zona inferior decorada con rombos e zona superior lisa; faixa ventral decorada con formas triangulares e saia. Destacan a boca, ollo e nariz en relevo de formas xeométricas. A peza ten similitudes cos monolitos de Tiwanaku, aínda que este tipo de esculturas aparecen en outras culturas precolombinas. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos atopalas en contextos arqueolóxicos e, hoxe en día, nas feiras das Alasitas. Pertence ao legado de Gumersindo Busto. No inventario da Biblioteca América aparece formando parte de “13 monolitos de los incas de Tihuanaco, Perú” rexistrados en 1924.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura antropomorfa

Figura antropomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Ten os brazos pegados ao corpo e as mans diante do peito cun obxecto entre elas; leva unha especie banda cefálica cunha zona inferior estreita e a superior máis ancha. Destacan os grandes ollos e o nariz triangular. A peza ten similitudes cos monolitos de Tiwanaku, aínda que este tipo de esculturas aparecen en outras culturas precolombinas. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos atopalas en contextos arqueolóxicos e hoxe en día nas feiras das Alasitas. Pertence ao legado de Gumersindo Busto. No inventario da Biblioteca América aparece formando parte de “13 monolitos de los incas de Tihuanaco, Perú” rexistrados en 1924.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura antropomorfa

Figura antropomorfa de vulto redondo. Representa a unha deidade en posición sedente, agarrándose as pernas coas mans; leva toucado.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura antropomorfa

Figura antropomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Ten os brazos pegados ao corpo e as mans diante do peito cunha cabeza entre elas; leva unha banda cefálica cunha zona inferior estreita con decoración incisa en zig zag e a superior máis ancha con decoración incisa de liñas verticais; faixa ventral decorada a base de incisións formando rombos e saia decorada con motivos xeométricos. A peza ten similitudes cos monolitos de Tiwanaku, aínda que este tipo de esculturas aparecen  noutras culturas precolombinas. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos atopalas en contextos arqueolóxicos e hoxe en día nas feiras das Alasitas. Pertence ao legado de Gumersindo Busto. No inventario da Biblioteca América aparece formando parte de “13 monolitos de los incas de Tihuanaco, Perú” rexistrados en 1924.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura antropomorfa
Século XVII

Figura antropomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática por ambas caras, de estética incaica. Unha delas representa unha figura feminina que leva toucado con decoración en zig zag, dous círculos simulando os seos, con brazos e mans pegadas ao peito. Na outra cara, figura masculina con toucado sinxelo; brazos e mans pegadas ao peito e faixa ventral decorada con liñas diagonais entrecruzadas. Segundo o Catálogo Sistemático de Amparo Redondo, realizouse unha análise metalográfica no Museo de América de Madrid, determinando que a peza está realizada en latón e que, polo seu baixo contido en zinc, dataríase no século XVII.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura de camélido

Figura de camélido modelada en arxila cun engobe de cor branca. Ten un orificio na zona do lombo. Neste caso, non coñecemos a procedencia nin sabemos se se trata dunha reprodución ou dunha peza de orixe artesanal. Os camélidos, como llamas e alpacas, teñen un papel importante non procesos culturais andinos, relacionados estreitamente coa auga e a fertilidade. A figura ten semellanza cos recipientes chamados conopas ou illas que xa aparecen en contextos arqueolóxicos na cultura andina. Pensamos que se trata dunha peza artesanal contemporánea.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura de camélido

Figura de camélido modelada en arxila cun engobe de cor branca. Ten un orificio na zona do lombo. Neste caso non coñecemos a procedencia nin sabemos se se trata dunha reprodución ou dunha peza de orixe artesanal. Os camélidos, como llamas e alpacas, teñen un papel importante non procesos culturais andinos, relacionados estreitamente coa auga e coa fertilidade. A figura ten semellanza cos recipientes chamados conopas ou illas que xa aparecen en contextos arqueolóxicos na cultura andina.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura de camélido

Figura de camélido modelada en arxila cun engobe de cor branca. Ten un orificio na zona do lombo. Neste caso non coñecemos a procedencia nin sabemos se se trata dunha reprodución ou dunha peza de orixe artesanal. Os camélidos, como llamas e alpacas, teñen un papel importante non procesos culturais andinos, relacionados estreitamente coa auga e coa fertilidade. A figura ten semellanza cos recipientes chamados conopas ou illas que xa aparecen en contextos arqueolóxicos na cultura andina.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura de felino

Figura zoomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Representa un felino deitado sobre as súas patas. Ten decoración incisa a base de liñas dobres que se entrecruzan e formas pechadas que parecen simular as manchas do felino. Na cultura de Mesoamérica, o xaguar é unha imaxe que se repite nas expresións artísticas e culturais. É considerado o señor dos animais e portador de enerxías sagradas do inframundo. É un dos animais sagrados de Tiwanaku e podería estar relacionada co resto de pequenas pezas da colección, xa que o material e a execución é similar en todas elas. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos encontralas en contextos arqueolóxicos e, hoxe en día, nas feiras da Alasita ou miniaturas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura de felino

Figura zoomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Representa un felino deitado sobre as súas patas. Ten decoración incisa a base de liñas dobres que se entrecruzan e formas pechadas que parecen simular as manchas do felino. Na cultura de Mesoamérica, o xaguar é unha imaxe que se repite nas expresións artísticas e culturais. É considerado o señor dos animais e portador de enerxías sagradas do inframundo. É un dos animais sagrados de Tiwanaku e podería estar relacionada co resto de pequenas pezas da colección, xa que o material e a execución é similar en todas elas. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos encontralas en contextos arqueolóxicos e, hoxe en día, nas feiras da Alasita ou miniaturas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

 

indio
Figura de nativo norteamericano

Figura que representa a cabeza dun nativo norteamericano; un home de pelo longo, con toucado de plumas e adorno de cor dourado na base do toucado e nas orellas. Pertence ao legado de José Casares Gil.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura mixteca

Figura de pedra que representa unha cabeza de trazos esquemáticos. Ten forma rectangular e a parte posterior é lisa, onde presenta un orificio. Pertence ao legado de Gumersindo Busto e, segundo o catálogo de 1989, procede de México cunha datación de 700 DC.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura mixteca

Figura de cerámica que representa unha cabeza de trazos esquemáticos; ten forma redondeada e a parte posterior é lisa. Pertence ao legado de Gumersindo Busto e, segundo o catálogo de 1989, procede de México, datada en 900 DC.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura zoomorfa

Figura zoomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Representa a un felino deitado sobre as súas patas; ten a cola levantada sobre o lombo; fouciño aberto ensinando os dentes. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos atopalas en contextos arqueolóxicos e, hoxe en día, nas feiras das Alasitas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figura
Figura zoomorfa

Figura zoomorfa de vulto redondo, realizada de forma esquemática. Representa a un felino deitado sobre as súas patas; ten a cola levantada sobre o lombo; fouciño aberto ensinando os dentes. Pensamos que é unha copia libre de tipo artesanal. As miniaturas ou illas podemos atopalas en contextos arqueolóxicos e, hoxe en día, nas feiras das Alasitas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

figurazoomorfa
Figura zoomorfa

Figura zoomorfa que representa na parte superior unha ave de bico longo sobre un mamífero de tamaño máis pequeno. Policromado parcialmente de negro e vermello.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

frautapan
Frauta de pan

Frauta de pan composta de cinco tubos de cana, pechados, con corte a bisel e colocados en escaleira. Segundo a clasificación de Hornbostel e Sanch, é un aerófono ou instrumento de vento composto por un número variable de tubos. Procede da etnia toba-qom da rexión arxentina do Gran Chaco.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

fuso
Fuso

Fuso formado por unha vara de madeira que no seu extremo superior ten unha incisión e remata en forma redondeada. No seu extremo inferior leva inserida a fusaiola feita con cortiza de cabaza. Posiblemente, a súa procedencia é da etnia toba-qom da rexión arxentina do Gran Chaco.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

globoterraqueo
Globo terráqueo
Delamarche. París
1818

Representación do mapa mundi

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

1818
guiro
Güiro

Cabaza baleirada con acanaladuras en paralelo por un dos seus lados. É un instrumento de percusión que pertence ao tipo de raspadores dentro dos idiófonos. O son prodúcese raspando cun pauciño a superficie acanalada.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

hastabandeira1
Hasta da bandeira de Arxentina
Cándido F. Lema
ca 1911

Hasta da bandeira arxentina, composta de pau, pica e recatón. A pica con media lúa; o pau con seis aneis. Escudo en sobredourado enriba do primeiro anel. O pau está decorado con motivos vexetais. O recatón de forma cónica e remate esférico. Segundo a documentación, o autor é de orixe compostelá e para a súa elaboración empregou pesos desmonetizados. Doazón da Comisión Protectora da Biblioteca América en Arxentina.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

hastabandeira2
Hasta da bandeira de Uruguai
Nuccio Orfebres
1910

Hasta da bandeira de Uruguai, composta de pau, pica e recatón. Debaixo da pica, o escudo de Uruguai. O pau ten cinco aneis , sen decoración, e entre o segundo e o terceiro anel, unha placa con inscrición; o recatón é esférico.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

1910
huaco
Huaco

Recipiente de cerámica antropomorfa, de forma pechada e corpo globular, con cabeza humana; a cada lado, un pitón simulando os brazos; na parte inferior, dous apéndices de forma cónica simulando as pernas; na zona posterior ten asa vertical. Arxila vermella con acabado brillante marrón escuro. Pertence ao legado de Gumersindo Busto e responde á tipoloxía dos "huacos" ou "guacos", figuras de cerámica das culturas andinas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

lazo
Lazo

Lazo realizado con tiras de coiro trenzado. Nun dos seus extremos, o anel de ferro (yapa) e, no outro, a presilla. Doazón Pro Acercamiento intelectual Iberoamericano. Comisión Protectora da Biblioteca América en Montevideo.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

machado
Machado

Machado de pedra con contrafío en forma de T, con aletas; remata en fío de sección oxival. Procede de Bolivia e pertence ao legado de José Casares Gil.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

machado
Machado

Machado con enmangado redondeado; presenta unha acanaladura ao redor da peza e remate en fío de sección oxival. Procede de Bolivia e pertence ao legado José Casares Gil.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

machado
Machado
ca 700 DC

Machado de estrutura xeométrica trapezoidal con contrafío en forma de T. Na época en que Amparo Redondo realizou o catálogo, fíxoselle unha análise metalográfica á peza no Museo América de Madrid, confirmando que é bronce e que a data aproximada é o 700 DC. Procede de Bolivia e pertence ao legado de José Casares Gil.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

machado
Machado

Machado de pedra con contrafío en forma de T, con aletas; remata en fío de sección oxival. Procede de Bolivia e pertence ao legado de José Casares Gil.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

maqueta
Maqueta de casa

Relevo que parece representar a maqueta dunha casa. Recorda as miniaturas ou “illas” que xa aparecen en contextos arqueolóxicos da rexión andina e que hoxe en día podemos encontrar nas feiras de miniaturas ou Alasitas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

maraca2
Maraca

Maraca cuxo receptáculo está formado por unha cabaza baleirada; no seu interior sementes ou algún outro obxecto que, ao sacudilo, produce o son; o corpo da cabaza ten ao seu redor unha rede de fíos de algodón con sementes; a cabaza está inserida nun mango de madeira e decorada por un dos lados cun motivo floral dentro dun círculo e, polo outro, a palabra “Cuba”. É un instrumento idiófono, de golpe indirecto. 

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

maraca
Maraca

Maraca cuxo receptáculo está formado por unha cabaza baleirada, no seu interior sementes ou algún outro obxecto que ao sacudilo produce o son; a cabaza está inserida nun mango de madeira e decorada por un dos lados cun motivo floral de catro follas dentro dun círculo e, polo outro, a palabra “Cuba”. É un instrumento musical de tipo idiófono de golpe indirecto. 

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

mascara
Máscara Ch'uta

Máscara moldeada en malla de arame que representa un rostro masculino. Trazos da faciana policromados e restos de fibra vexetal que conforman a barba, decorada con doas de cor azul cosidas con fío. Máscara utilizada na danza dos Ch'utas, onde o personaxe central ten trazos mestizos (ollos azuis e barba). Ten a súa orixe no centro mineiro do Corocoro (Departamento de La Paz, Bolivia), de aí o uso do arame. A danza se representa en Entroido, Anata e Semana Santa. Na tarxeta anexa de José Casares Gil indícase: "careta usada por los indios de Bolivia en sus fiestas recuerdan aún a los conquistadores españoles".

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

mazo
Mazo

Útil de madeira dura e escura, de talla completa. É de forma cilíndrica; o extremo distal é máis ancho e de base plana; no extremo proximal, un pequeno extremo prominente de sección circular para poder agarralo. Este tipo de mazos tiñan diferentes usos, como mallar as fibras vexetais, a iuca ou outros ingredientes. Segundo o Boletín América nº 8 o mazo pertence á etnia Toba doada por Juan Cánter xunto a outros obxectos como lanzas e frechas.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

medalla
Medalla conmemorativa
Santiago Lavarello / Juan Gottuzzo
1903

Medalla conmemorativa que pertence ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: bustos de José de San Martín e Bernardo O´Higgins dentro de coroas de loureiro con bandas e inscricións: SAN MARTÍN / O´HIGGINS; entre as bandas un aguia e, debaixo, a cordilleira; á esquerda, figura masculina alada con casco e espada. No reverso: á esquerda, escudos de Chile e Arxentina, rodeados dunha palma e vexetación; á dereita, campo militar e, na parte superior, a inscrición: CAMPO DE MAYO/REVISTA MILITAR/28 DE MAYO 1903.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1903
medalla
Medalla conmemorativa
Alfredo Bidoglia
1897

Medalla conmemorativa que pertence ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: Busto de Félix de Olazabal de medio perfil vestido con traxe militar; inscrición sobre cartela inferior: 20 NOVIEMBRE/1797-1897; inscrición na zona superior do borde: GENERAL FÉLIX DE OLAZABAL. No reverso: no campo, sol coa inscrición: CAMPAÑAS/ALTO PERÚ 1813-15/CHILE 1817-20/PERÚ Y ECUADOR 1820-24/BRASIL 1826-28/CHACABUCO-MAIPÚ/LIMA-CALLAO/PINCHINCHA/ITUZAINGO; inscrición no borde: GUERRERO DE LA INDEPENDENCIA AMERICANA.18 OCTUBRE 1841.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

medalla
Medalla conmemorativa
Juan Cánter / acuñado por Bellagamba y Rossi
1906

Medalla conmemorativa doada por Juan Cánter. No anverso: seis bustos masculinos de perfil, esquerdo e debaixo rama de carballo, que simboliza a fortaleza moral. Representan a próceres políticos e militares: José de San Martín, Manuel Belgrano, Bernardino Rivadavia, Mariano Moreno, Juan Martín de Pueyrredón e Bartolomé Mitre. No reverso: á esquerda, monumento “La pirámide de Mayo” e ao fondo, sol nacente: á dereita, a inscrición: 1810/25 DE MAYO/1906.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1906
medalla
Medalla conmemorativa
Vicente Herrera - Casa da Moeda de Cuzco
1825

Medalla conmemorativa que pertence ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: busto masculino, perfil dereito, con chaqueta militar. Representa a Simón Bolivar; inscrición no borde: SIMÓN BOLIVAR LIBERTADOR DE COLOMBIA Y DEL PERÚ. No reverso: arquitectura en ruínas con sol á esquerda; na zona inferior, unha figura humana sentada; no borde, na zona superior, a inscrición: EL CUZCO A SU LIBERTADOR; no borde, na zona inferior, ramas de loureiro e a inscrición "1825".

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1825
medalla
Medalla conmemorativa
1902

Medalla conmemorativa que pertence ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: busto de figura masculina, perfil á esquerda, con chaqueta militar, rodeado de rama de loureiro; representa a José de San Martín. No reverso: na zona central, a inscrición: A/SAN MARTÍN/LA PROVINCIA DE/ SANTA FÉ/AL INAUGURAR/SU ESTATUA EQUESTRE/MCMII; no borde, a inscrición: LIBERTADOR DE CHILE Y DEL PERÚ VENCEDOR EN SAN LORENZO CHACABUCO Y MAIPO.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1902
medalla
Medalla conmemorativa
Antonio Parera Saurina
1910

Medalla conmemorativa que pertence ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: busto sobre peaña que representa a Simón Bolivar; á esquerda, unha figura feminina de costas, con casco e escudo de Venezuela, co brazo estendido sobre o busto; á dereita, unha figura feminina sentada con libro aberto e espada na man dereita. No exergo:1810-1910. No reverso: á dereita, ramas de loureiro e carballo; inscrición: PRIMER CENTENARIO/DE LA INDEPENDENCIA/DE VENEZUELA/CONMEMORANDO BAJO LA/PRESIDENCIA CONSTITUCIONAL/DEL GENERAL/V.GÓMEZ. Foi acuñada en Barcelona por RODRÍGUEZ DESIDERIO y CIA.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1910
medalla
Medalla conmemorativa
Acuñado por Gottuzzo
1910

Medalla conmemorativa que pertence ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: escena de carga de cabalería e, ao fondo, o sol nacente; no exergo, a inscrición: INAUGURACIÓN DEL MONUMENTO A LOS EJÉRCITOS DE LA INDEPENDENCIA/27 DE MAYO 1910/PRESIDENTE DE LA REPÚBLICA DE JOSÉ FIGUEROA ALCORTA/MINISTRO DE GUERRA TENTE GRAL EDUARDO RAGEDO; inscrición sobre o sol nacente: 1810. No reverso: á esquerda, figura feminina, sobre cuadriga tirada por catro cabalos; ten os brazos alzados, nunha man leva unha hasta con bandeira e, na outra, unha rama de loureiro; sobre os cabalos e suxeitando as bridas, figura feminina alada cun facho na man.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1910
Medalla conmemorativa
Juan Gottuzzo
1921

Medalla conmemorativa que pertence ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: escudo arxentino; debaixo, a inscrición: EL PUEBLO ARGENTINO/EN EL PRIMER CENTENARIO/DE LA/INDEPENDENCIA DEL PERÚ/BUENOS AIRES-JULIO 28 DE 1921. No reverso: escena enmarcada por dúas columnas; na zona superior, imaxe de José de San matín con bandeira na man; rodeado de público, tanto no fondo como en primeiro plano; á esquerda, escudo de Arxentina e, á dereita, emblema provisional peruano. No exergo, a inscrición: EL PERÚ ES DESDE ESTE MOMENTO LIBRE/E INDEPENDIENTE POR LA VOLUNTAD GENERAL DE LOS PUEBLOS/Y POR LA JUSTICIA DE SU CAUSA; QUE DIOS DEFIENDE/LIMA 26 DE JULIO DE 1821/SAN MARTÍN.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1921
medalla
Medalla conmemorativa
Juan Manuel Ferrari / Pastorino Sala
1914

Medalla conmemorativa que pertence ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: representa a parte superior, e vista de perfil, do monumento “La patria al ejército de los Andes”. Na parte superior, unha figura feminina con cadeas rotas entre as mans que simboliza a liberdade; na zona inferior da figura, unha bandeira e, debaixo, un grupo de xinetes a cabalo que representa o rexemento de granadeiros creado por José de San Martín. No reverso: vexetación arbórea e, ao fondo, unha cordilleira e sol nacente; en primeiro plano, cartela coa inscrición: LA PATRIA/AL/EJÉRCITO DE LOS ANDES/12 DE FEBRERO 1914.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1914
medalla
Medalla conmemorativa
Acuñada por Juan Gottuzzo
1910

Medalla conmemorativa do centenario da primeira Xunta Gubernativa da Arxentina (1810-1910) pertencente ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: na parte superior, unha figura feminina alada que representa o anxo da Gloria; ten os brazos abertos, unha palma na man dereita e unha rama de loureiro na esquerda; na zona central, nove bustos dos nove integrantes da Primeira Xunta Gubernativa da Arxentina; na zona inferior, o escudo nacional arxentino con inscrición en cartela: 1810 PRIMERA JUNTA 1910. No perímetro, os nomes dos integrantes da xunta, separados por ramas de loureiro: PASSO, CASTELLI, ALBERTI, AZCUENAGA, SAAVEDRA, BELGRANO, MATHEU, LARREA, MORENO. No reverso: no centro, unha figura feminina sentada, alegoría da República, rodeada de sete figuras indentificadas con cadansúa inscrición: INDUSTRIA, AGRICULTURA, COMERCIO, PROGRESO, NAVEGACIÓN, CIENCIAS e ARTES.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1910
medalla
Medalla conmemorativa da inauguración da Biblioteca América
1926

Medalla que conmemora a inauguración da Biblioteca América na USC. Pertence ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: figura feminina sobre aguia coas ás estendidas; a figura leva o pucho frixio arxentino; unha palma na súa man dereita e o brazo estendido e, sobre a palma da man, un barco; no borde, a inscrición: BIBLIOTECA AMÉRICA SANTIAGO DE COMPOSTELA. No reverso: arquitectura que representa a actual Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (localización orixinal da Biblioteca América). No borde, a inscrición: FUNDADA 30 DE JUNIO 1904 REAL ORDEN 11 NOVIEMBRE 1909 INAUGURADA 26 DE JULIO 1926. No anverso e reverso aparece a inscrición do gravador: "Horta".

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1926
medalla
Medalla conmemorativa do centenario da batalla de Pichincha (1822-1922)
Luigi Casadio
1922

Medalla conmemorativa pertencente ao legado de Gumersindo Busto procedente de Ecuador. No anverso: xinete a cabalo de perfil á dereita, con espada en alto, inscrición na zona superior: CENTENARIO DE LA BATALLA DE PICHINCHA; na zona inferior: 1922. No reverso: na zona superior dereita, Mercurio alado con antorcha e, na zona inferior, na esquerda, grupo de guerreiros espidos con escudo e, á dereita, unha figura feminina con lira a ao seu lado unha figura masculina diante dunha pira; na zona inferior, a inscrición: 24 DE MAYO DE 1822.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1922
medalla
Medalla conmemorativa do centenario do combate de San Lorenzo (1813-1913)
Juan Gottuzzo
1913

Medalla conmemorativa pertencente ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: en primeiro plano, escena da batalla de San Lorenzo; en segundo plano, arquitectura eclesiástica; na zona inferior e superior, decoracións con vexetais de loureiro; na zona superior, a inscrición: 1813/3 de febrero /1913; na zona inferior, a inscrición: SAN MARTÍN/TRAZA CON SU ESPADA LA LIBERTAD DE AMÉRICA/BAIGORRIA LA RÚBRICA CON SU LANZA/CABRAL LA SELLA CON SU SANGRE. O reverso representa a José de San Martín, sentado de perfil baixo unha árbore (piñeiro histórico de San Lorenzo), redactando o parte de guerra despois da batalla; na zona inferior, cartela con inscrición: HOMENAJE AL PRIMER CENTENARIO DEL COMBATE DE SAN LORENZO1813-1913.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1913
medalla
Medalla conmemorativa do primeiro centenario da Batalla de Maipú (1818 - 1918)
Julio Fernández Villanueva. Acuñado por Gottuzzo y Piana
1918

Medalla conmemorativa pertencente ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: na metade superior, sol nacente e, na inferior, escena da batalla de Maipú. No marxe inferior presenta a inscrición: “1818-5 de abril-1918”. No reverso: na zona central, o xeneral San Martín a cabalo e, diante, unha figura feminina con palma na man que simboliza a liberdade; no fondo, o sol nacente e a palabra “LIBERTAS”; á dereita, enmarcado en espazo rectangular con arco superior, elementos do escudo arxentino; á esquerda, enmarcado en espazo rectangular con arco superior, conxunto de armas entrecruzadas, morrión na zona superior e, na inferior, un canón. Ambos elementos poden estar relacionados co rexemento de granadeiros creado polo xeneal José de San Martín. Na zona inferior, a inscrición: "EL PUEBLO DE LA NACIÓN ARGENTINA AL GENERAL SAN MARTÍN Y AL EJÉRCITO LIBERTADOR EN LA CONMEMORACIÓN DEL PRIMER CENTENARIO DE LA BATALLA DE MAIPÚ". A escena do anverso está realizada a partires do cadro realizado por Julio Fernández Villanueva. 

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1918
medalla
Medalla conmemorativa do primeiro centenario da batalla de Salta (1813-1913)
Acuñada por Gotuzzo
1913

Medalla conmemorativa pertenecente ao legado de Gumersindo Busto. No anverso: representación da batalla de Salta e ao fondo a cidade de Salta e a Cordilleira Andina; inscrición na zona superior: BATALLA DE SALTA; inscrición na zona inferior: 1813-20 DE FEBRERO-1913/EL EJÉRCITO NACIONAL. No reverso: na zona superior central, o busto do xeneral Belgrano enmarcado nunha coroa de loureiro circular e, baixo a coroa, unha aguia coas ás estendidas e unha rama de loureiro entre as garras. Á esquerda, unha figura feminina que simboliza a Gloria e que está coroando ao xeneral Belgrano; baixo a aguia, o campo de batalla de Salta.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1913
medalla
Medallas conmemorativas

Medallas conmemorativas procedentes de Bolivia doadas por Matías de Medieta. A medalla 1, no anverso: escudo nacional de Bolivia; no borde, a inscrición: REPÚBLICA BOLIVIANA. Na parte inferior, nove estrelas; no reverso: LA PAZ/16 DE JULIIO/DE/1809. A medalla 2, no anverso: busto de figura masculina, perfil á esquerda; representa a Pedro Domingo Murillo, no borde, a inscrición: LA TEA QUE DEJÓ ENCENDIDA NADIE LA PODRÁ APAGAR/PEDRO SANTIAGO MURILLO. No reverso: escudo do Departamento da Paz sobre fondo dourado; inscrición sobre fondo prateado: DEPARTAMENTO DE LA PAZ.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

alcorta
Metopa de Amancio Alcorta
J. Capia / J. Brodsky

Metopa que representa o rostro de don Manuel Alcorta de perfil. Realizada en bronce fundido conserva a tipoloxía das moedas antigas: o rostro de perfil e a inscrición do nome ao redor. Está asinado na parte inferior.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

washington
Metopa de George Washington
Autoría descoñecida

Metopa que representa o rostro de perfil do presidente norteamericano George Washington. A tipoloxia procede das moedas antigas, feita en bronce e colocada nun soporte de madeira.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

mocasins
Mocasíns

Calzado de pequeno tamaño. Confeccionado con pel e tea no seu interior. Decorado con pequenas doas azuis, brancas e amarelas sobre tea vermella. O cordón que as une e o seu pequeno tamaño, lévanos a pensar que se trata dun recordo das viaxes realizadas por José Casares Gil. Aínda que Amparo Redondo menciona que a procedencia pode ser Bolivia, pensamos que se trata dun obxecto de orixe norteamericano. Sabemos que José Casares Gil realizou viaxes a Norteamérica en 1899, 1902 e 1927.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

mocasins
Mocasíns

Calzado de pequeno tamaño. Confeccionado con pel e tea no seu interior. Decorado con pequenas doas de cor verde, amarelo e branco, con banda de fío azul no borde. O cordón que as une lévanos a pensar que se trata dun recordo das viaxes realizadas por José Casares Gil. Aínda que Amparo Redondo menciona que a procedencia pode ser Bolivia, pensamos que se trata dun obxecto de orixe norteamericana. Sabemos que José Casares Gil realizou viaxes a Norteamérica en 1899, 1902 e 1927.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

ola
Ola

Recipiente de cerámica de forma pechada e perfil simple, con corpo de forma globular; asa da boca ao corpo con orientación vertical; base plana. Presenta manchas negras irregulares sobre superficie vermella. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

ola
Ola

Recipiente de cerámica de forma pechada, de perfil simple e corpo de forma globular; asas a ambos lados da boca ao corpo con orientación vertical; base convexa. Presenta manchas negras irregulares sobre superficie vermella. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

ola
Ola

Recipiente de cerámica de forma pechada de perfil simple, corpo de forma esférica, base plano convexa, asa da boca ao corpo con orientación vertical; presenta manchas negras irregulares sobre superficie vermella. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

oribepano
Pano conmemorativo de Manuel Oribe
Autoría descoñecida

Pano tecido e pintado, representa no centro o busto de don Manuel Oribe con traxe de militar. Ao redor, unha cenefa de motivos florais e un texto. Trátase dun pano alusivo ao político uruguaio.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

placa
Placa conmemorativa

Placa metálica en relevo, de cor dourado, sobre madeira. Representa unha figura feminina, alada, que leva na súa man dereita unha palma e na esquerda unha rama de loureiro, alegoría da Vitoria. Debaixo da á estendida, a representación dun edificio e, na zona inferior, unha rama de carballo. Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

placa
Placa conmemorativa

Placa conmemorativa en metal, en relevo. Representa o busto de Cristobo Colón con cabeza xirada levemente á esquerda; leva sombreiro de tres picos. Debaixo, leva a inscrición "Cristobal Colón protegido por SRM Católica Isabel 1ₐ Reina de Castilla y León y acompañado de los intrépidos e inteligentes náuticos españoles llevó a cabo la gran descubierta del Nuevo Mundo a espensas de la Nación Española en octubre de 1492". 

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

Placa conmemorativa

Placa de bronce circular sobre táboa de madeira cadrada. Representa o busto de Julio Argentino Roca, mirando cara o seu lado esquerdo; viste traxe con paxariña e leva colgada unha medalla; con perilla. Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

placa
Placa de Bartolomé Mitre
Ernesto Mueller
1906

Baixo relevo en bronce dourado. Representa o busto de Bartolomé Mitre, de perfil cara o seu lado esquerdo, vestindo traxe e paxariña. Ao redor do rostro, unha circunferencia que o enmarca. Pertence ao legado de Gumersindo Busto e foi elaborada por Ernesto Mueller na fundición Ferdinand Barbedienne de París.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

1906
placa
Placa relixiosa

Placa metálica que representa a San Xerome, de perfil, axeonllado, coa cruz na man e co león na parte inferior esquerda.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

prato
Prato mexicano

Prato redondo de fondo plano con á e parede cóncavas, con aresta interior marcada. Na zona interna, o fondo está decorado con motivo floral esquemático e unha serie de nove motivos xeométricos de tipo greca azteca. Ten unha aparencia vidrada onde se combinan a arxila vermella e a cor branca na decoración. Pertence ao legado de José Casares Gil.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

proxectil
Punta de proxectil

Fragmento de punta de proxectil de base pedunculada. En orixe sería de forma triangular, pero perdeu o sector distal.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

proxectil
Punta de proxectil

Punta de proxectil de base pedunculada. Ten forma plana e sección central de maior espesor. En orixe podería ser de forma triangular, pero perdeu a parte distal.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

rosario
Rosario

Rosario mexicano de cerámica no que se van intercalando unha doa de arxila gris, con decoración incisa de motivos circulares, con 10 doas máis pequenas de arxila vermella. O extremo remata cun crucifixo de arxila vermella. Todos os elementos están engarzados con tanza. Doazón de Martha Flores de García.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

tapiz
Tapiz

Tapiz confeccionado con dous panos unidos ao largo. Un dos lados con “rapacejos” nos bordes realizados por separado coa técnica do macramé. A trama de cores vivas (rosas, verdes, azuis e amarelo ) recobre o urdido, que serve como armazón. Os téxtiles da rexión andina caracterízanse por estas tonalidades intensas e motivos xeométricos como as cruces ou grecas escalonadas ou a representación de animais e aves. Como motivo central, rodeado dunha liña rosa, repítense seis motivos iguais; ao redor, unha greca escalonada formando triángulo cunha cruz no interior de cada unha. Foi unha doazón da Comisión Protectora da Biblioteca América en Montevideo en 1926.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

tapiz
Tapiz

Tapiz de trama e urde con fíos brancos. Ao redor ten fíos que fan un bordado cunha cenefa rosa por tres dos seus lados, nos dous lados maís longos ten un bordado de flores rosas e verdes, leva cosido un floco alternando as cores rosa e verde.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

tarxeteiro
Tarxeteiro

Tarxeteiro de madeira (posiblemente sándalo) de forma rectangular e plana, cunha tapa a presión sobre a boquilla. Está profusamente decorado por todas as súas caras con personaxes masculinos, vivendas de estilo oriental e vexetación. Atopamos obxectos de características semellantes datadas no século XIX de orixe chinés. Aínda que está incluída na colección etnográfico-conmemorativa da Biblioteca América, a carencia de información fai que non se poida vencellar esta peza a ningún dos legados da Biblioteca América.

 

toucado
Toucado de plumas

Adorno de cabeza da etnia Kayapó do norte do Brasil confeccionado con plumas de varias especies de aves anoadas con fíos de algodón a un armazón de fibras vexetais anoadas entre si con fío vexetal. Vai acompañado dunha tarxeta que indica: "Ministerio do interior/Fundaꞔao nacional do indio/artíndia/categoría: adorno plumario de cabeꞔa/etnia: kayapo/localizaꞔao: Parapeca, diadema occipital rotiforme-me-okotti; descriꞔao; fieira de penas de araba de varias especies, armadas sobre cordel base de fíos de algodón, usado como a ferradura occipital en rituais."

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

vaso
Vaso

Recipiente de cerámica de forma aberta, de corpo troncocónico con borde e colo evertido; con asas horizontais na zona media do corpo; base plana. Presenta manchas negras sobre superficie vermella. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

vaso
Vaso

Recipiente de cerámica de forma aberta e perfil composto; de corpo esférico e colo troncocónico invertido; con asa de boca a corpo vertical; base plana. Presenta unha superficie vermella; ten dúas liñas paralelas, incisas, onde comeza o corpo. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

vaso
Vaso andino

Vaso de forma aberta de colo cónico, contorna inflexionada e base cóncava. Está decorado con cores terra e gris, co negro marcando a contorna con distintas formas xeométricas e antropomorfas. A decoración do recipiente está distribuída en tres campos divididos por dúas franxas; o superior con cabezas humanas con toucado en posición horizontal, o medio con motivos xeométricos e o inferior con cabezas humanas en posición vertical. Corresponde co período tardío (500-650 DC) da cultura nasca andina. Doazón de Manuel Banet López de Rego e Alena Dobrokovska Kubickova.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

violins
Violíns de Andrés Gaos

Violíns que pertenceron ao violinista e compositor coruñés Andrés Gaos. Están en depósito na Biblioteca América da USC por cesión dos herdeiros do músico. Un é do círculo de Mittenwald (Alemaña, finais do século XVIII) e o outro foi construído por Federico Loechner (Arxentina, 1929). Foron restaurados polo luthier coruñés José Catoira.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

Gumersindo Busto
Vítor de Gumersindo Busto
Elvira Santiso García
1947

Gumersindo Busto naceu en San Martiño de Laraño, Santiago (1872-1937). Emigra a Uruguai e, máis tarde, a Arxentina. A el débese a creación da Biblioteca América da universidade compostelá, inaugurada en 1926. O vítor co que se lle distingue parte dun retrato seu, nun marco ovalado que presenta, arriba, unha lenda que di: UNA, GRANDE, LIBRE; encima, na parte central, pode verse a aguia de San Xoán, utilizada no escudo de España da época na que se realiza esta pintura. Disponse unha ampla cartela baixo o citado retrato. É obra de 1947 e débese a Elvira Santiso.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA  BIBLIOTECA AMÉRICA

1947
xerro
Xerro

Xerro con forma de zapato. Recipiente de cerámica de forma pechada, asímetrico, con corpo elipsoide en posición horizontal, de colo e labio evertido; asa vertical de borde a corpo; base curva. Presenta manchas negras irregulares sobre superficie vermella. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA

xerro
Xerro

Recipiente de cerámica de forma pechada e perfil composto; con corpo de forma esférica e colo e labio evertido; asas de boca a corpo con orientación vertical. Presenta unha superficie con acabado de cor branco e decoración negra no exterior e interior. Procedente da rexión arqueolóxica de Huacalera, Quebrada del Humauaca, provincia de Jujuy, Arxentina. Posiblemente do período cerámico medio (600-1000 DC). Pertence ao legado de Gumersindo Busto.

COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA