Foi reitor da Universidade compostelá ata que en 1653 foi nomeado bispo de Quito por Inocencio X. Este retrato procede do Colexio de Fonseca. Alonso de la Peña y Montenegro naceu en Padrón (1596-1681). O seu vínculo con este centro levouno a facer nel unha fundación, cunha festa, “la del obispo de Quito” que aínda se celebraba no século XIX. O prelado está en pé. Acompáñao no alto o seu escudo. Unha cartela en lateral fai referencia ao personaxe, valorado desde Compostela. A súa esquerda porta, entrementres, un papel dobrado no que se di “Illmo Sr/ Bouzas fecit”. Tal circunstancia levou a consideralo obra de Juan Antonio García de Bouzas e realizado no segundo cuarto do século XVIII.