Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
  • AlfabéticoCronolóxico
Etiqueta Atlántica (3)
lodeiro8
Lodeiro 8
Xosé Telmo Lodeiro Fernández
1970

Lodeiro reduce a representación dunha paisaxe natural a formas xeométricas, bandas cromáticas horizontais que preceden a unha montaña, representada mediante unha franxa ondulada negra e máis ancha que aparece lixeiramente perfilada na súa contorna superior por unha delgada liña branca, difuminada, que da paso ao ceo, todo en azul. Son xogos minimalistas de bandas cromáticas, de cores frías e pincelada plana.

1970
Paisaxe de montaña
Xosé Telmo Lodeiro Fernández
1970

Esta obra pertence á serie que este pintor levou, entre 1980 e 1983, ás exposicións de Atlántica, o grupo artístico que revitalizou por aqueles anos a plástica galega. Estamos, con todo, ante unha pintura creada na década dos setenta, unha etapa onde experimentou cunha nova fórmula plástica, fundamentada na esquemática organización de diferentes planos xustapostos en tons moi cálidos. O artista decantouse por representar ambientes imaxinados e delicados a través dun xogo visual que conseguiu grazas á disposición das liñas e os volumes xeométricos.

1970
Ventá
Guillermo Alonso Monroy
1974

A colección da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago ten nesta obra un testemuño evocador de alguén que se licenciou na mesma. E foi en Compostela, na Sala “Matisse” e no “Modus Vivendi”, onde, por 1978, Monroy mostrou por primeira vez de forma individual as súas obras, precisamente no ano no que conclúe os seus estudos. Neste caso, estamos ante un lenzo seu de cara a 1980, a relacionar coas súas series dedicadas ás xanelas, na antesala do momento no que aquel movemento galego renovador que supuxo Atlántica abre novos camiños para a arte e os artistas desta terra. É el un autor próximo, entre outros, a Antón Patiño e Menchu Lamas; tamén, a Ánxel Huete.

1974