Gómez Segade naceu en 1943. É catedrático de Dereito Mercantil e foi decano entre 1986 e 1988. Foi retratado para esta galería por Quintana Martelo, quen asina e data a obra en “V-1990”. En 1995, este mesmo pintor retratará para esta galería a Lorenzo Salgado, catedrático de Dereito Penal e decano entre 1988 e 1994. No retrato de Gómez Segade, o pintor cambia a clásica gravata negra ou o lazo branco por unha gravata de cores, o que supón un toque de carácter cromático nun cadro no que se xoga, por outra parte, coa idea de dispor no fondo outro cadro dentro do mesmo, significándose con isto a idea de que estamos ante unha obra para integrar nun conxunto.