Isidro Parga Pondal naceu en Laxe en 1900 e morreu na Coruña en 1986. Desde xaneiro de 2015 contémplase un busto seu na entrada da que foi Facultade de Ciencias. É obra de José Molares (Vigo, 1961), quen o asina e data no ano 2014. Con el relaciónase nesta Universidade a recuperación do laboratorio de Casares e a posta en marcha doutro de xeoquímica así como do Mapa Xeolóxico de Galicia. Foi expulsado en 1936 por razóns políticas -era "esquerdista e galeguista"-. Destacou, posteriormente, no ámbito empresarial.