Vítor de Xan Barcia Caballero
Gabriel Xosé Eiroa Barral
1901
Xan Barcia naceu e morreu en Santiago (1852-1926) e foi catedrático de Anatomía desta Universidade desde 1894. Unha placa honrando a súa figura dispúxose orixinariamente no Hospital Real sendo posteriormente trasladada á Facultade de Medicina; débese a Eiroa. Presenta un retrato en bronce que se inspira nunha fotografía dos seus últimos anos, incorporándose a un marco de pedra no que se redacta unhaepígrafe en galego deixando, así, constancia do galeguismo que di así: XAN BARCIA CABALLERO/ MEDICO E POETA/ NACEU N´ESTA CASA O … /25 D OCTUBRO DO 1852--- FINOU NO/ 10 D OCTUBRO DO 1926. Complétase con outra epígrafe, en letras menores que di o seguinte: TRASLADADA DO HOSPITAL Á FACULTADE DE MEDICINA.
1901