Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
Volver ás localizacións
Almacenado ou retirado (3)
  • A-ZCRONOL.
Campus Santiago
Facultade de CC da Educación: 5
Facultade de Económicas e Empresariais: 107
Facultade de Química: 11
Facultade de Filoloxía: 7
Biblioteca Concepción Arenal: 1
Facultade de Dereito: 83
Capela: 1
Facultade de Filosofía: 1
Colexio Maior Fonseca: 6
Facultade de Medicina: 41
Colexio Maior Rodríguez Cadarso: 8
Facultade de Xeografía e Historia: 94
Colexio de San Xerome Reitoría: 163
Colexio Maior San Clemente: 10
Facultade de Bioloxía: 4
Facultade de CC Políticas e Sociais: 13
Facultade de Farmacia: 9
Facultade de Física: 1
Facultade de Matemáticas: 11
Facultade de Psicoloxía: 12
Campus Lugo
Biblioteca intercentros: 1
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría: 7
Facultade de Ciencias: 1
Facultade de Formación do Profesorado: 7
Pazo Montenegro Vicerreitoría: 12
Vicexerencia: 1
Outras localizacións
Casa dos Catedráticos - Campus Sur: 1
Centro de Estudos Avanzados Finca Vista Alegre: 1
Casa da Balconada: 53
Casa da Concha: 23
Arquivo histórico: 4
Igrexa da Universidade ou da Compañía: 49
Colexio ou Pazo de Fonseca: 30
Gardería: 1
Almacenado ou retirado: 3
procesion
A procesión
José Fernández Sánchez
1940

O xénero da paisaxe, do bodegón e as escenas costumistas, sobre todo as obras con multitude de xente, como romarías ou este cadro titulado "Procesión", son constantes na produción do coruñés Fernández Sánchez. De temática relixiosa, represéntase a saída dun paso procesional de Semana Santa, que encabeza un grupo de penitentes encapuchados. O autor mostra a escena desde un punto de vista alto, como a vista de paxaro, o que permite ver a disposición da xente que acode á procesión formando un espazo coa forma da cruz latina dentro da cal transcorre o paso procesional. Estas escenas con multitude de xente permítenlle ao autor empregar unha pincelada de mancha cunha paleta cromática rica e variada. Asinado a. i. e.: "J. Fernández Sánchez" Inscrición no reverso: "LA PROCESIÓN".

1940
Pedro Barrié de la Maza
Luis Quintas Goyanes
1970

Baseándose na influencia que a fotografía introduciu na pintura, Quintas Goyanes leva a cabo un retrato no que se ve esa influencia e dependencia entre os dous xéneros. Tecnicamente é unha obra que denota a importancia do debuxo; gran verismo e detallismo visible nas faccións do rostro e na vestimenta. Presenta o coñecido banqueiro Pedro Barrié de la Maza nunha estancia; o personaxe está posando, vai vestido coa toga e bonete vermello, propio dos estudos de Dereito e Económicas, e porta a medalla peitoral co escudo da USC. Trátase, polo tanto, dun retrato feito con motivo do seu investimento nesta Universidade como doutor Honoris Causa. No marco leva unha placa de metal que di: "Quintas Goyanes. Exmo. Sr. Barrié de la Maza Conde de Fenosa". Asinado e datado no ángulo inferior dereito: "Quintas Goyanes. 1970"

1970
violacion
Violación
Xoán Pardiñas

Xoán Pardiñas móvese nesta obra nunha liña que pasa dende a abstracción -sen chegar a abandonar nunca a figuración- ao expresionismo, pasando polo Pop Art. O título da obra "Violación" vén dado pola forma das figuras que centran a composición. Pardiñas xoga frecuentemente, como ocurre nesta obra, cos collages ou elementos en relevo, que lle confiren unha gran carga matérica. Chama a atención a paleta cromática vibrante que emprega, sobre todo os fucsias e malvas que o vincularían cun gusto Pop Art. Está presente ademais outra das súas características: o seu gusto por crear unha serie de personaxes-monstruos, que se moven entre formas figurativas e animais como se trata neste caso e a configuración do tema a través da cor e da estrutura matérica. Asinado no ángulo inferior esquerdo. Esta obra está actualmente retirada da exposición pública e almacenada por entender que o seu título pode resultar ofensivo.

744
397
398
399
400
401
402
403