Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
Volver ás localizacións
Casa da Balconada (53)
  • A-ZCRONOL.
Campus Santiago
Facultade de CC da Educación: 5
Facultade de Económicas e Empresariais: 107
Facultade de Química: 11
Facultade de Filoloxía: 7
Biblioteca Concepción Arenal: 1
Facultade de Dereito: 83
Capela: 1
Facultade de Filosofía: 1
Colexio Maior Fonseca: 6
Facultade de Medicina: 41
Colexio Maior Rodríguez Cadarso: 8
Facultade de Xeografía e Historia: 94
Colexio de San Xerome Reitoría: 163
Colexio Maior San Clemente: 10
Facultade de Bioloxía: 4
Facultade de CC Políticas e Sociais: 13
Facultade de Farmacia: 9
Facultade de Física: 1
Facultade de Matemáticas: 11
Facultade de Psicoloxía: 12
Campus Lugo
Biblioteca intercentros: 1
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría: 7
Facultade de Ciencias: 1
Facultade de Formación do Profesorado: 7
Pazo Montenegro Vicerreitoría: 12
Vicexerencia: 1
Outras localizacións
Casa dos Catedráticos - Campus Sur: 1
Centro de Estudos Avanzados Finca Vista Alegre: 1
Casa da Balconada: 53
Casa da Concha: 23
Arquivo histórico: 4
Igrexa da Universidade ou da Compañía: 49
Colexio ou Pazo de Fonseca: 30
Gardería: 1
Almacenado ou retirado: 3
danza
A Danza
José Castiñeiras Iglesias
1970

Moi próxima á abstracción, Castiñeiras presenta nesta obra unha figura que, polo seu movemento, parece estar a facer un paso de baile, o cal lle dá o título da obra. Nela está patente o gusto do autor polo movemento danzante, polo xiro, influencia de Archipenko, escultor ucraíno. Perfecto coñecedor dos materiais, realiza a peza en durita, unha especie de granito negro; traballa coas posibilidade que lle ofrece esta pedra e, así, pule practicamente toda a peza exceptuando unha pequena parte que se corresponde coa cabeza da figura. Obra tecnicamente máis evolucionada na que substitúe os planos en repouso iniciais pola acción, pola procura de movemento.

1970
montañamarela
A montaña amarela
Enrique "Gavilanes" Rodríguez Sánchez
1994

O papel está pintado en amarelo. En todo o perímetro unha línea fina azul; á dereita, un trazo mais ancho de cor vermella. Toda a obra está cuberta cun plástico.

1994
amusica
A Música
José Castiñeiras Iglesias

Sobre unha base de mármore negra, Castiñeiras levanta a peza titulada "A Música" para representar unha figura que está a suxeitar un instrumento musical de corda. Decántase aquí polo pequeno formato en contra da escultura pública na que prefire o formato monumental. Estilisticamente denótanse as influencias do cubismo visibles na síntese xeométrica coa que traza o esquema do instrumento musical. Relativo á figura, aínda que tamén sintetizada, aquí tende ás formas redondeadas e liñas curvas que remiten á escultura de Brancussi ou Moore.

quessadaarlequin
Arlequín
Xaime Quessada
1968

A temática circense está presente ao longo da obra de Quessada, xa que lle permite unir o seu gusto por pintar cabalos e a referencia á etapa azul de Picasso na que o pintor malagueño traballaba este tema. Nesta obra, Quessada sitúa ante un fondo indeterminado e difuso un cabalo, colocado de perfil, ao igual que o arlequín, ainda que este xira o corpo e mira cara o espectador ao tempo que levanta o brazo dereito. As figuras están perfectamente delimitadas co trazo do debuxo que denota as súas aptitudes con esta técnica. A paleta cromática redúcese a tonalidades azuis e grisáceas. Asinado no a.i.d.

1968
bacelosmouzo
Bacelos
Antonio Mouzo Lavandeira
1990

Sobre un soporte feito a base de periódicos estranxeiros, o autor crea unha obra traballada a base de pintura branca e carbón na que se representa unha prantación dos bacelos das vides. Asinado no a.i.e.

1990
pregobodegon
Bodegón
Manuel Prego de Oliver
1950

Un dos múltiples bodegóns realizados por Prego de Oliver, un dos pintores galegos da primeira xeneración da posguerra. Comprado á Galería Citania en 1981.

1950
moragonbodegon
Bodegón
Antonio Moragón Aguado
1962

Bodegón no que se representa unha mesa a medio cubrir polo mantel cunha xerra grande, unha pequena de viño, unha cunca e unha mazá. No fondo vemos un cadro polo reverso. os obxectos preséntansenos de forma realista, traballados desde o punto de vista técnico con empastes a espátula. Asinado no a. i. e.

1962
laxeiroestudomural
Bosquexo para o mural do "Café Moderno" de Pontevedra
José Otero Abeledo "Laxeiro"
1973

Cando en 1973 o antigo Café Moderno de Pontevedra é adquirido pola Caixa Rural desa cidade, o mural "O manantial da vida" que Laxeiro realizara nese edificio entre 1940 e 1942 estaba en tan mal estado que o propio pintor decide facer unha copia sobre lenzo e situala no mesmo emprazamento ocultando a pintura mural orixinal. Este debuxo supón un bosquexo dese novo lenzo; trátase dunha figura dunha rapaza que centraría a obra do lenzo, que se compoñía de nenos que son faunos, anxos que son sátiros correndo, doncelas adolescentes que bailan semellando bacantes. No debuxo, Laxeiro presenta a unha rapaza cos ollos pechados que leva unha man á boca. Nel vemos as características do pintor: o gusto polas formas redondeadas, as figuras sólidas e rotundas froito da súa vinculación coa estética do románico. Gran mestre no debuxo, Laxeiro sérvese desta técnica tanto para crear o rostro da rapaza coma para delimitar os perfís e crear as sombras. "Estudio. Laxeiro. mural Pontevedra. 73". Comprado á Galería Citania en 1980.

1973
debuxosucasas
Debuxo
Alfonso Sucasas Guerra
1971

Nunha estancia baleira da que tan só vemos no fondo unha ventá, Sucasas representa un grupo composto por tres figuras: o home, en primeiro termo, sentado nunha cadeira, agáchase e apoia a cabeza sobre os xeonllos; en segundo termo, un neno que apoia unha man nesa cadeira mentres que a outra lévaa á boca facendo un xesto de medo ou sorpresa; por último unha muller vestida de loito e cun pano na cabeza. Tipos populares de gran expresividade que a Sucasas lle serven para crear todo un repertorio xestual sobre a dor, a desesperanza ou a angustia humanas, que acentúa ao representalos nunha habitación completamente baleira. Raiado, difuminado e sombreado son outros recursos que emprega na composición deste debuxo. Comprado á galería Citania en 1981.

1971
sucasasdebuxo
Debuxo
Alfonso Sucasas Guerra
1971

De enorme carga expresionista, Sucasas presenta neste debuxo a angustia vital dun home que, de xeonllos e coas mans levantadas, parece suplicar algo. Sitúa o protagonista no primeiro termo dun espazo ao fondo do cal aparece unha barca varada e a lúa. Ambiente nocturno, escuro e negro, no que tan só se ilumina o home. Ofrece Sucasas unha dura visión existencial do home e da condición humana na que están presentes a soidade e a angustia. Supón un excelente exemplo da capacidade do autor para o debuxo; aproveita as capacidades que esta técnica lle ofrece para perfilar a figura e definir os seus rasgos, crear as zonas de sombras, zonas difuminadas e outras raiadas. Comprado á Galería Citania en 1981. Asinado no a.i.d.

1971
lodeiroemigrantes
Emigrantes de regreso á cidade
Xosé Telmo Lodeiro Fernández
1970

De espaldas ao espectador, Lodeiro mostra nesta obra dúas figuras abrazadas que se sitúan ante unha paisaxe apocalíptica, irreal, composta a base de campos de cor e formas xeométricas e iluminada cunha forte e irreal luz de atardecer. En canto ás figuras, ainda que moi esquematizadas, non chegan á simplificación absoluta que adoita presidir a súa produción figurativa, na que se distinguen as formas das cabezas, espaldas, brazos e pernas. Contrasta o perfil destas figuras contra a paisaxe, así coma as gamas cromáticas: mentres que as figuras compóñense a base de grises e verdes, a paisaxe baséase en tons vermellos, malvas e azuis. Asinado no ángulo inferior dereito, acompañado da data. Foi mercado á galería Citania en 1981.

1970
festamansilla
Festa
José Sanjurjo Mantilla
1989
1989
grupoxentesucasas
Grupo de xente
Alfonso Sucasas Guerra

Nunnha escena case en penumbra, Sucasas presenta un grupo de xente que vai en procesión; as figuras, case todas mulleres agás un neno, visten de negro e apenas se distinguen os rostros dos que discorren en último termo xunto co neno que reciben unha maior iluminación. Son figuras expresionistas nas que o autor segue unha liña que pasaría desde Goya a Laxeiro pasando polo expresionismo xermano. Na marxe inferior dereita vemos un selo que dí: "Schollers Hammer"(69). Asinado no a.i.d. Comprado á Galería Citania en1981.

lucenza
Lucenza 1992
Xaime Quessada
1980

A paisaxe da súa terra natal convértese nunha fonte de inspiración para Quessada.  Lucenza é representada en diferentes ocasións; trátase da vista que rodea a súa casa. Entre dous castiñeiros, o artista amósanos as terras de prados e campos que se suceden. Chama a atención o colorido, no que se percibe a influencia da luz mediterránea, frecuente nas obras do autor debido ás tempadas que pasou no seu obradoiro de Eivisa. Podemos dicir que aquí Quessada une o concepto dunha luz mediterránea coas cores propias dunha paisaxe galega: os verdes do prado ou as cores avermelladas das árbores. Anteriormente estaba no Parlamento de Galicia e a finais de 1996, por conta da USC e por indicación do artista, trasladouse á USC.

1980
maquina1
Máquina I
Antonio Mouzo Lavandeira
1993

Feito con tons ocres, sienas e negro. Asinado no i.c.

1993
mouzomaquina2
Máquina II
Antonio Mouzo Lavandeira
1983

Pintura abstracta en tonos ocres, sepia e negro. Asinado no a. i. e. "M 83"

1983
mariñacolmeiro
Mariña
Manuel Colmeiro
1970

Mariña ao óleo, asinado no a.i.d. Comprado á galería CItania en 1981.

1970
mercado
Mercado
Autoría descoñecida

Gravado que representa un grupo de xente vendendo na rúa. No fondo vemos unha arquitectura , unha igrexa e en primeiro plano o que semella ser un monumento. Asinado no a.i.d.

mouzomontañabranca
Montaña branca
Antonio Mouzo Lavandeira

A obra de Antonio Mouzo parte da vinculación cos movementos neoexpresionistas vixentes na arte dos 80, aínda que evolucionará cara postulados máis abstractos. Este é o caso desta obra, na que se intúe a forma dunha montaña. Trátase dunha pintura de mancha e trazos esquemáticos cunha paleta cromática suave de gamas pasteis. Asinado no a.i.d.

castrocousomuller
Muller
Alberto Castro Couso
1974

Escena costumista na que a protagonista é unha muller con vestimenta campesiña que parece recoller un feixe de herba seca dentro dun cercado. Detrás dela, outros tres cercados de bordes redondeados e no fondo, nunha liña alta do horizonte, aparecen uns cumios entre os que se pon o sol. Estilisticamente, a obra denota a influencia de Picasso e de Henry Moore do que toma a valoración do oco, visible no tratamento da figura. Esta, de formas elementais e gran sinxeleza, de liñas sinuosas. A paleta cromática é vibrante, laranxas, amarelos, verdes, malvas... aplicada con textura e permite seguir o rastro da pincelada. Asinado no a.i.d.

1974
cabalodouromouzo
O cabalo de ouro
Antonio Mouzo Lavandeira

Obra na que se representa un cabalo -pintado con tons dourados e verdes-, traballada con moita textura, a modo de collage. O fondo está formado por distintos elementos vexetais, totalmente cubertos con cera de cor rosa. Antonio Mouzo evoluciona na súa produción cara un cromatismo máis vivo e intenso, priorizando as texturas e dotando así dunha maior plasticidade da materia pictórica, elementos presentes claramente nesta obra. Asinado no a.i.d.

jardinero
O xardineiro
Autoría descoñecida

Gravado no que aparecen dúas mulleres en primeiro plano, levando unha cesta de flores e o xardineiro ao fondo mirándoas. Asinado no a.i.d.

ocaso
Ocaso
Casanova
1995

Representa un camiño de terra cun prado á esquerda e, á dereita, auga que podería ser unha lagoa.

1995
paisaxevirxilio
Paisaxe
Virxilio Fernández Cañedo
1967

Virxilio toma frecuentemente como motivo pictórico as paisaxes que el coñece, da súa contorna máis inmediata. Compón a obra rigorosamente ordenada, case xeometricamente, contrapoñendo a horizontalidade marcada no primeiro termo polos troncos das árbores, coa horizontalidade dos distintos campos da composición establecidos polo campo, os arbustos e o ceo. Na paleta cromática, predominan neste caso os ocres e verdes, xogando con distintas tonalidades. Asinado no ángulo inferior dereito. Inscrición no reverso: "Virxilio, Mayo 1967"

1967
paisaxevirxilio2
Paisaxe
Virxilio Fernández Cañedo

A paisaxe das terras ourensás da Rábeda convertéronse en fonte inesgotable de inspiración na obra de Virxilio, que denota un sentimento lírico do mesmo. Interésalle representar a natureza dun xeito ordenado, que consegue xogando coas distintas tonalidades que marcan os distintos elementos do terreo, intercalando zonas de campo con outras de arbustos -que tamén aparecen nas marxes- e no fondo, un grupo de casas e unha paisaxe de montaña de suaves perfís redondeados que ocultan parcialmente a luz do sol. Baixo a aparente ordenación desta paisaxe, contraponse a liberdade da pincelada que emprega, xogando con partes máis acabadas e outras cunha factura máis solta. Na paleta cromática, decántase polos verdes e ocres. Asinado no a.i.d.

Paisaxe de montaña
Xosé Telmo Lodeiro Fernández
1970

Esta obra pertence á serie que este pintor levou, entre 1980 e 1983, ás exposicións de Atlántica, o grupo artístico que revitalizou por aqueles anos a plástica galega. Estamos, con todo, ante unha pintura creada na década dos setenta, unha etapa onde experimentou cunha nova fórmula plástica, fundamentada na esquemática organización de diferentes planos xustapostos en tons moi cálidos. O artista decantouse por representar ambientes imaxinados e delicados a través dun xogo visual que conseguiu grazas á disposición das liñas e os volumes xeométricos.

1970
paisaxevermella
Paisaxe vermella
Antonio Mouzo Lavandeira
1990

Nesta obra, Mouzo Lavandeira representa unha paisaxe de montaña caracterizada polo uso intenso e vivo que fai da cor vermella, que denota a influencia do expresionismo xermano. A súa é unha pintura de manchas e trazos esquemáticos cos que describe o perfil das montañas, un camiño sinuoso, algunhas árbores e unha figura. O resultado é unha paisaxe que parece recrear un mundo onírico, de ensoño, que recorda as escenas de Chagall.

1990
Panadeira
Manuel Colmeiro Guimarás
1960

Representa unha muller de medio corpo amasando o pan, sendo esta tarefa un dos temas recorrentes na produción do autor. Concibida cun halo primitivista, polo seu estatismo e pola rotundidade das formas que confire ao labor doméstico unhas connotacións místicas ou lendarias. Rotundidade das formas, que consegue a través dun debuxo tan firme como elemental. Asinado no a.i.d. Comprado á Galería Citania en 1981

1960
parellanocafesoledadrojas
Parella nun café de Santiago
Soledad de Rojas
1973

Representa un home e unha muller nunha mesa dun café, cos libros abertos. Asinado no a.i.d.

1973
poxadepeixe
Poxa de peixe
José Sanjurjo Mantilla
1987

Grupo numeroso de xente nunha poxa de peixe. Representados sobre un fondo de cor terra e o chan gris (enlousado de pedra). As vestimentas dos personaxes son de cores variados. Traballado con textura.

1987
sucasaspulpeira
Pulpeira
Alfonso Sucasas Guerra
1969

A temática propiamente galega é unha das constantes ao longo da traxectoria de Sucasas; xentes e escenas de xénero tradicionais que neste caso é unha escena que transcorre nunha feira: un posto de polbo no que aparece unha parella e ao fondo un neno. Personaxes perfectamente individualizados de expresivos rostros nos que se ve un eco da influencia do cubismo polo carácter xeométrico cos que o compón que contrasta coa rotundidade dos corpos de liñas redondeadas. Gran coñecedor da técnica do debuxo, Sucasas utiliza os recursos que lle ofrece e así consegue crear zonas máis escuras e outras máis difuminadas. Comprado á galería Citania en 1981. Asinado no a.i.e.

1969
VICTORCASASACHANDO
Sachando
Víctor Casas Julián

Seguindo a técnica habitual do autor, Víctor Casas constrúe unha escena na que o que máis destaca é a liberdade que emprega no uso da cor; son cores sutís e imprecisas, difuminadas coas que crea un efecto de tensión. A escena está composta por dúas figuras, de perfís moi imprecisos e formas esquemáticas, co que case se funden co fondo de tonalidades verdes e avermelladas. O artista xoga tamén co contraste violento das cores das vestimentas das figuras, laranxa e negro. Comprado á galería Citania en 1981. Asinado no a.i.d.

lodeirosentitulo
Sen título
Xosé Telmo Lodeiro Fernández
1971

A través de sucesivos planos horizontais, vaise construíndo ordenadamente a paisaxe, cun vocabulario abstracto que combina semicírculos concéntricos, fragmentados segundo a gradación tonal, prismas cúbicos, bandas de cor plano e masas lixeiramente xeometrizadas que evocan relevos montañosos. Mestura tons quentes e fríos. Traballado con espátula, aplicando reiteradamente capas de cor. Mestura a cor cunha carga: pedramol. Asinado no ángulo inferior esquerdo, acompañado da data.

1971
laurainiesta
Sen título
Laura Iniesta

Obra sobre papel na que se representan símbolos e, entre eles, a letra "A" no centro e en cor laranxa acompañada do símbolo "+" a lapis. É unha obra realizada para a colección exclusiva de Applus + e de aí o motivo de representar os símbolos citados.

villamilsepulcromendoza
Sepulcro do Cardeal Pedro Mendoza
Jenaro Pérez Villaamil y Duquet
1840

Plenamente dentro do estilo romántico, atópase esta obra na que Pérez Villamail amosa a súa mestría con dúas técnicas: o debuxo -que aprendeu xa desde neno da man do seu pai- e a acuarela. De vigorosa técnica, os seus debuxos acuarelados vincúlanse xeralmente ás representacións dos monumentos. Aínda que a vocación romántica decántase pola recuperación do mundo medieval, aquí Villamamil opta por representar o sepulcro do cardeal Mendoza, na catedral de Toledo, que supuxo un dos primeiros exemplos do Renacemento español. Influenciado polo concepto paisaxístico inglés, Villaamil convértese nun pintor paisaxístico con vocación arqueolóxica tomando apuntes do natural. Así, amósanos un dos tramos da catedral gótica, concretamente o nivel de arcadas e tribuna. Nese primeiro nivel insértase o sepulcro do cardeal, concibido a modo de arco triunfal de dous corpos, o inferior un arco "ao romano": central flanqueado de dous máis pequenos, estrutura que repite no corpo superior engadindo fornelas. O autor fai anotacións por todo o debuxo, indicando as zonas de luz, sombra, cores, etc. e na marxe inferior indica medicións a lapis. Inscrición na parte inferior: con tinta negra: "Petro Mendoza Cardinali Patriarche/Achipresti DE BENE MERENTI CARDINEO/ quo petrus honore dormit in hoc lapide/nomine qui vigilat OBIIT anno saluti/MCCCCXCV, janarii julio 14 out. 1840" En tinta sepia: "este dibujo está prometido a A. M. Segovia".

1840
tome1
Tomé 1
Xosé Miguel Tomé

A figura humana constitúe o eixo fundamental da produción artística de Tomé. Neste debuxo aparecen cinco figuras femininas que sitúa nun espazo indefinido pero de claro estilo cubista. O autor crea un xogo visual a base da contraposición de liñas rectas -presentes nas formas xeométricas (prismas, cubos..) que inundan a obra, contra as liñas curvas coas que crea os perfís rotundos das mulleres, as cales están reducidas nas súas formas e que tantas veces se verá repetido na súa produción pictórica

tome10
Tomé 10
Xosé Miguel Tomé

Ainda que a obra xeral de Tomé encádrase dentro da corrente neoexpresionista imperante en Galicia na década dos 80 do século XX, os seus debuxos débenlle moito ao cubismo. Neste caso, amósanos unha paisaxe de campo coas casas dun pobo no centro. Aspectos como a fragmentación dos elementos e a xeometrización das formas vincúlano a dita vangarda. O autor manexa ademais a técnica do debuxo coa finalidade non só de perfilar as figuras, senon tamén para darlle sombras.

tome11
Tomé 11
Xosé Miguel Tomé

Imbuído de cheo nas correntes neoexpresionistas predominantes en Galicia na década dos 80, Tomé realiza neste debuxo un estudo do espido feminino que mostra o seu coñecemento dos expresionistas alemáns como Kirchner. A figura humana converteuse no eixo central da súa produción e xeralmente -como é neste caso- vai acompañada dunha sensación de desacougo ou angustia. No debuxo vemos en primeiro plano a figura dunha muller, de volumes redondeados que se contrapón a outra figura de perfís máis xeométricos. Coa técnica do debuxo, Tomé crea non só a silueta da figura, senon tamén os volumes e sombras.

tome12
Tomé 12
Xosé Miguel Tomé

Este debuxo de Tomé encádrase claramente dentro da corrente primitivista que predominaría na arte galega na década dos 80. Tomé retoma a temática das máscaras africanas -que xa popularizara Picasso a comezos do século XX-. Precisamente do cubismo toma o autor o estilo xeral da obra: a xeometrización do rostro ou a representación dos elementos en distintos planos. O resultado é un debuxo no que representa dous retratos, un frontal e outro de perfil.

tome13
Tomé 13
Xosé Miguel Tomé

A predilección de Tomé por facer unha obra fundamentalmente figurativa vese de novo neste debuxo. Nel represéntase en primeiro termo unha muller espida sentada de perfíl, mentres que no fondo vemos as siluetas doutras dúas figuras -moito máis esquematizadas ca do primeiro termo-. Contraponse o xogo entre as liñas ondulantes que crean un perfil voluptuoso da muller con outras liñas rectas, xeométricas que configuran os restantes elementos do cadro.

tome14
Tomé 14
Xosé Miguel Tomé

O tema da figura humana centra a produción de Tomé; reducidas ao seu esquema esencial, e que presenta cun rostro desfigurado, case como máscaras, o que dá como resultado unha imaxe inquietante e mesmo agobiante. As formas son rotundas, de perfís redondeados, o que denota unha influencia do "expresionismo galego" de Sucasas ou Laxeiro.

tome15
Tomé 15
Xosé Miguel Tomé

Imbuído de cheo nas correntes neoexpresionistas predominantes en Galicia na década dos 80, Tomé realiza neste debuxo un estudo do espido feminino que mostra o seu coñecemento dos expresionistas alemáns como Kirchner. A figura humana convertiuse no eixo central da súa producción; o debuxo vemos en primeiro plano o perfil da figura dunha muller, de volumes redondeados e no último termo, a menor escala, un espido feminino de espaldas e, no marxe esquerdo e cun carácter máis abocetado, outro frontal. Coa técnica do debuxo, Tomé consegue perfilar as figuras, darlle volumes e crear sombras.

tome16
Tomé 16
Xosé Miguel Tomé

Aínda que a produción xeral de Tomé encádrase dentro dos movementos neoexpresionistas que xorden en Galicia nos primeiros anos da década dos 80, en gran parte dos seus debuxos impera unha estética de influencia cubista. Así, atopámonos cunha natureza morta, na que están presentes sobre unha mesa distintas froitas e botellas, elementos que aparecen representados baixo a esquematización e rigor xeométrica que caracteriza a linguaxe cubista.

tome2
Tomé 2
Xosé Miguel Tomé

Aínda que a obra de Tomé encádrase dentro das correntes neoexpresionistas predominantes en Galicia nos anos 80, os seus debuxos están influenciados por unha estética cubista; así, constrúe a figura -unha muller que carece de rostro- seguindo un perfil esquemático en base a liñas rectas e angulosas, aínda que sen chegar a descompoñer a forma. Emprega tamén o debuxo como instrumento para crear as sombras e volumes.

tome3
Tomé 3
Xosé Miguel Tomé

Aínda que a obra xeral de Tomé encádrase dentro da corrente neoexpresionista imperante en Galicia na década dos 80, os seus debuxos débenlle moito ao cubismo. Neste debuxo, presenta a figura dunha muller sentada en primeiro termo nun espazo indefinido caracterizado pola xeometrización e o caracter fragmentario dos distintos elementos -o que se vincula a dita vangarda histórica-. Este carácter xeométrico contraponse co perfil ondulado da figura, a cal -como é habitual no autor- carece de rostro e redúcese ao esquema fundamental.

tome4
Tomé 4
Xosé Miguel Tomé

A obra de Tomé, eminentemente figurativa, caracterízase pola solidez e importancia do debuxo. Esta escena represéntase nun interior, nun cuarto da que vemos a porta aberta, pola que sae un home, e na estancia principal a figura dunha muller sentada e un neno. As figuras remiten aos modelos xerais empregados polo pintor: esquemas bosquexados, ás que non se lle ve o rostro, o que crea unha sensación de desacougo. Cun gran dominio técnico, o autor consegue crear a sensación de perspectiva por medio das liñas de debuxo da estancia e co uso das sombras outorga volume ás figuras e dun xogo de clarescuros á escena.

tome5
Tomé 5
Xosé Miguel Tomé

Nesta obra, Tomé xoga coas posibilidades da técnica, co contraste entre o branco e o gris do debuxo, para configurar unha imaxe na que representa un bosque de árbores. Estas redúcense aos seus esquemas fundamentais. Influenciado polo cubismo, Tomé toma deste estilo o gusto por formas xeométricas coas que compón o chan.

tome6
Tomé 6
Xosé Miguel Tomé

Este debuxo de Tomé encádrase claramente dentro da corrente primitivista que predominaría na arte galega na década dos 80. Tomé retoma a temática das máscaras africanas -que xa popularizara Picasso a comenzos do século XX-. Precisamente do cubismo toma o autor o estilo xeral da obra: a xeometrización do rostro ou a representación dos elementos en distintos planos. Destaca o uso que fai das sombras co debuxo, creando un xogo de clarescuros.

tome7
Tomé 7
Xosé Miguel Tomé

Nesta obra, Tomé xoga coas posibilidades da técnica, co contraste entre o branco e o gris do debuxo, para configurar unha imaxe na que representa un bosque de árbores. Estas redúcense aos seus esquemas fundamentais e mesmo o autor xoga coa ambigüidade da imaxe ao fundir un tronco de árbore cun rostro humano.

tome8
Tomé 8
Xosé Miguel Tomé

Nos seus debuxos Tomé emprega xeralmente unha linguaxe na que se move entre unha influencia cubista e expresionista. Ao cubismo débese o tema: unha natureza morta, un bodegón, no cal vemos unha serie de botellas enriba dunha mesa. Añade Tomé a este tema o busto dun home nun lateral do debuxo en actitude pensativa. Do cubismo é tamén o rigor xeométrico dos elementos que compoñen a obra, construídos con esquemas moi básicos a base de liñas rectas. Do expresionismo Tomé aprende dos grandes mestres galegos, principalmente Laxeiro, de quen toma a solidez do debuxo.

tome9
Tomé 9
Xosé Miguel Tomé

Neste debuxo, Tomé amosa unha escena paisaxística na que se perciben as formas das nubes e na esquina o sol. Xunto á paisaxe aparecen as siluetas dunha figura humana e dun touro. O autor xoga coas posibilidades que lle ofrece a técnica do debuxo e crea un xogo de contrastes entre brancos e grises.

traballosdemaña
Traballos de mañá
Mª Antonia Dans Boado
1980

Dentro da produción de Mª Antonia Dans, traballa a paisaxe, tanto campestre como a mariñeira. Neste caso, estamos diante do primeiro caso: unha escena no campo no que aparecen unha serie de mulleres traballando, dispostas ordenadamente sobre a superficie. A figura humana está tratada con gran sinxeleza, característica da autora, como tamén o é o cromatismo, aquí maioritariamente verde coa que compón a escena. Asinado no a.s.e. Pegatina no reverso (bastidor) da Galería Biosca de Madrid: Título: Trabajos, Autor: Mª Antonia Dans, Medidas: 61x50 cm Rfa.(10.014) Materia: óleo

1980
sucasastresmulleres
Tres mulleres
Alfonso Sucasas Guerra
1969

De estilo expresionista, Sucasas presenta neste debuxo a tres figuras femininas abrazadas detrás dunha árbore deixando baleira o resto da superficie. Presenta este grupo compacto, creando un perfil redondeado e quedando tan só visible na súa totalidade a figura central. Cumpre destacar a expresividade que o autor logra transmitir nos rostros destas mulleres de soidade e tristeza. De excepcional técnica debuxística, sérvese do clarescuro e o difuminado para dar a sensación de volume nas figuras que perfila cun trazo negro. Asinado no a.i.d. Comprado á galería Citania en 1981.

1969
412
397
398
399
400
401
402
403