Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
Volver ás localizacións
Colexio de San Xerome Reitoría (163)
  • A-ZCRONOL.
Campus Santiago
Facultade de CC da Educación: 5
Facultade de Económicas e Empresariais: 107
Facultade de Química: 11
Facultade de Filoloxía: 7
Biblioteca Concepción Arenal: 1
Facultade de Dereito: 83
Capela: 1
Facultade de Filosofía: 1
Colexio Maior Fonseca: 6
Facultade de Medicina: 38
Colexio Maior Rodríguez Cadarso: 8
Facultade de Xeografía e Historia: 93
Colexio de San Xerome Reitoría: 163
Colexio Maior San Clemente: 10
Facultade de Bioloxía: 4
Facultade de CC Políticas e Sociais: 13
Facultade de Farmacia: 9
Facultade de Física: 1
Facultade de Matemáticas: 11
Facultade de Psicoloxía: 12
Campus Lugo
Biblioteca intercentros: 1
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría: 7
Facultade de Ciencias: 1
Facultade de Formación do Profesorado: 7
Pazo Montenegro Vicerreitoría: 12
Vicexerencia: 1
Outras localizacións
Casa dos Catedráticos - Campus Sur: 1
Centro de Estudos Avanzados Finca Vista Alegre: 1
Casa da Balconada: 53
Casa da Concha: 23
Arquivo histórico: 4
Igrexa da Universidade ou da Compañía: 49
Colexio ou Pazo de Fonseca: 30
Gardería: 1
Almacenado ou retirado: 3
caridadromana
A caridade romana
Autoría desconocida
1801

Obra de autor descoñecido na que se representa a caridade romana. O tema, de procedencia clásica, coñécese pola Iconoloxía de Ripa, quen describe o tema da "Piedade cos Fillos para co Pai" que narra a historia daquela filla que ocultamente amamantou ao seu pai, o cal estaba prisionero e condeado a morte, ante a prohibición de que ninguén lle levara comida. No cadro vese precisamente esta escena na que unha muller nova, parcialmente espida, descobre o peito para lle dar de mamar a un ancián, o cal está espido, tan só tapado cunha túnica e atado de pés e mans. A escena enmárcase nunha composición triangular, tipicamente neoclásica, como tamén o é o tratamento que se lles dá ás figuras, perfectamente debuxadas, recortándose do fondo. O tratamento da pel branquecina, a luz fría ou as vestimentas dos personaxes remite de novo ás características xerais da pintura do XIX. A escena transcorre nun interior, probablemente o cárcere no que ten lugar acción.

1801
cainabel
Abel morto polo seu irmán ou Mercurio e Argos
Anónimo napolitano S. XVIII
1701

Presenta un estado que impide precisar se se trata de Abel morto polo seu irmán ou de Mercurio e Argos. Presenta unha gama cromática pobre, cun sentido tenebroso da luz e unha concepción violenta e dramática. Mentres algúns autores o relacionan coa escola valenciana, outros vincúlano á escola Italiana. Nalgunhas ocasións, apareceu inventariado co título "Mercurio e Argos".

1701
abstraccion2laxeiro
Abstracción I
José Otero Abeledo "Laxeiro"
1971

Dentro da súa produción artística, Laxeiro desenvolve cara os anos 70 unha nova etapa que se corresponde co seu retorno definitivo a España. A pintura deses anos leva implícito un achegamento á obra de Matisse. O colorido matissiano reflíctese nesta obra na que Laxeiro abandonou a estética "románica" de cores terrosas e negras das etapas anteriores; o que máis destaca é a forza expresiva da cor, de traza enérxica e vibrante. Aínda que a obra titúlase abstracción, pódense identificar unha serie de elementos, como un triciclo, un pequeno animal que parece soster un martelo na súa man ou unha figura amarela. Asinado e datado no a. s. e."LAXEIRO/ 71" Comprado á Galería Citania en1980. No reverso, unha pegatina da Galeria Citania. Indica o título, a técnica e as dimensións

1971
abstraccionlaxeiro
Abstracción II
José Otero Abeledo "Laxeiro"
1970

Esta obra responde ás características iniciadas por Laxeiro na década dos 70. Nesta etapa, decántase pola riqueza do colorido; fronte as tonalidades terrosas de etapas anteriores, agora traballa con cores vivas destacando os azuis e laranxas. A obra é un abstracto que reflexa a liberdade do autor na súa execución, así como a depuración que oleva á liberar a pintura de toda carga anecdótica. Asinado e datado no a. s. e. "Laxeiro-70/Vigo" Comprado á Galería Citania en1980.

1970
abstractotome
Abstracto sen título
Xosé Miguel Tomé
1993

Discorre o labor de Tomé por liñas que van desde o expresionismo ata a abstracción, decantándose aquí por esta última. Non obstante, o artista parte da tradición pictórica galega con mestres como Seoane ou Laxeiro; do primeiro parece tomar a importancia da cor que se ve nesta obra, e do segundo o carácter matérico da pintura -rasgo que está presente ao longo da súa produción-. Vincúlase co expresionismo a paleta cromática, optando o autor por un forte contraste de cores, neste caso laranxa e azul inundan o cadro. Asinado no ángulo superior esquerdo "X.M. Tomé 93"

1993
varelatemes
Agustín Lorenzo Varela de Temes
Autoría descoñecida
1752

Agustín Lorenzo Varela aparece retratado nun interior e sentado. A figura viste o hábito episcopal composto por muceta azul e roquete branco e aparece coa cruz peitoral e coa condecoración da banda e cruz de Isabel a Católica. O bispo apoia a man dereita, que leva o anel, sobre a mesa na que aparecen varios libros e un bonete verde. No ángulo superior dereito aparece a seguinte lenda: "ECSMO. Sr/ D. AGUSTIN LORENZO VARELA/ TEMES NATURAL DE STª Mª DE / SABADELLE DIOCESIS DE LUGO:/ DOCTOR EN CANONES EN LA UNI-/VERSIDAD E SANTº CABALLERO/ GRAN CRUZ DE LA REAL ORDEN/ DE ISABEL LA CATOLICA. SENA/DOR DEL REINO, OBISPO DE / SALAMANCA".

1752
alegoriafe
Alegoría da Fe
Corrado Giaquinto
1720

A escena desenvólvese nun plano celeste asociándose á gloria divina. A imaxe da Fe, personificada nunha matrona sedente, ocupa o centro da composición. Ao seu arredor dispóñense toda unha serie de figuras alegóricas e anxélicas, que se moven con gran enerxía, dinamizando na espiral que conforman e en sentido ascensional, o conxunto contido nun marco oval. O espazo estrutúrase de forma que provoca sensación de profundidade, de fantasía, como consecuencia do contraste entre zonas de luz dourada e as imprimacións celestes. O Museo do Prado depositou a obra na Sociedade Económica de Amigos do País (R.O. de 19 de xullo de 1886), para posterormente ser depositada na USC.

1720
Alejandro Rodríguez Cadarso
Alejandro Rodríguez Cadarso
Manuel Quintana Martelo
2008

Con este retrato, a Universidade pretende ir completando a súa galería de reitores, facendo honor a quen, ostentando no pasado responsabilidade, non fora retratado. Alejandro Rodríguez Cadarso (1887-1933), nacido na villa de Noia, ocupou o cargo de reitor da Universidade compostelá entre os anos 1930 e 1933, sendo catedrático de Anatomía Descritiva nela desde 1916. É Manuel Quintana Martelo quen asina e data esta obra no ano 2008. Neste caso, parte dunha fotografía, moi posiblemente realizada por Ksado. Preséntanolo, de feito, convertido nun cadro que se nos mostra sobre unha parede traballada cun coidadoso sentido matérico, en cuxa parte inferior pode lerse A RESIDENCIA, en explícita alusión ao papel que este reitor desempeñou na posta en marcha deste espazo universitario compostelán.

2008
alfombra
Alfombra do Salón de Graos

Alfombra artesanal de lá de fondo vermello cun escudo no centro e decorada no perímetro a base de motivos vexetais de cor ocre sobre fondo azul. Nas esquinas encontramos os escudos das catro provincias galegas. Na parte superior encontramos dúas inscricións; na parte dereita di "Madrid 1926" e na parte esquerda "Los Pontones".

Alonso de la Peña y Montenegro
Alonso de la Peña Montenegro
Juan Antonio García de Bouzas
1727

Foi reitor da Universidade compostelá ata que en 1653 foi nomeado bispo de Quito por Inocencio X.  Este retrato procede do Colexio de Fonseca. Alonso de la Peña y Montenegro naceu en Padrón (1596-1681). O seu vínculo con este centro levouno a facer nel unha fundación, cunha festa, “la del obispo de Quito” que aínda se celebraba no século XIX. O prelado está en pé. Acompáñao no alto o seu escudo. Unha cartela en lateral fai referencia ao personaxe, valorado desde Compostela. A súa esquerda porta, entrementres, un papel dobrado no que se di “Illmo Sr/ Bouzas fecit”. Tal circunstancia levou a consideralo obra de Juan Antonio García de Bouzas e realizado no segundo cuarto do século XVIII.

1727
Alonso de Fonseca
Alonso III de Fonseca
Plácido Fernández Erosa
1817

Crispín Evelino, que fixara a súa residencia en Santiago cara a 1628, pinta un retrato do que se recoñece como “fundador da Universidade”. Sábese que “…debe pintalo de corpo enteiro, sentado nunha cadeira e dosel e bufete coa súa alfombra e almofada aos pés, de cores de carmesí e outras que mellor pareza, finas, ao óleo”. Facíase para estar “á cabeceira do lugar que o Reitor ten no Claustro”, no Colexio de Fonseca. Nel encontramos o punto de partida deste, a relacionar con Plácido Fernández Erosa. Estamos ante o autor doutros dedicados ao mesmo personaxe; así ocorre co da serie dos arcebispos composteláns, no palacio episcopal de Santiago, e con outro destinado ao Hospital Real (Vid. E. Fernández Castiñeiras, 1991, pp. 239, 691). No ano que se data este retrato, 1817, dátase o seguinte: “En quatro de Julio por Claustro de diez y nuebe de Junio anterior, mil y cien rs. a fabor de Dn José Otero por el marco e Ynscrion puesto el Retrato del Sr. Fonseca” (E. Fernández Castiñeiras, 1991, pp. 239, 691).

Dátase en 1817. Porta na súa man dereita un pergameo no que di “BEATIUS EST MAGIS DARE QUAM ACCIPERE”. Conta con outra inscrición que di: ALFONSO DE FONSECA COMPOSTELLANO/ QUI PRINCIPEM PATRIAE SCHOLAM/ AUXII DECORAVIT ESTULIT/ A.G.L. EADEM ACADEMIA H. P. C./ ANNO MCCMXVII.

Esta pintura debeu de manterse no Colexio de Fonseca.

1817
anfitrite
Anfítrite
Autoría desconocida
1501

Escultura de bronce dourado que representa a Anfítrite sostendo unha buguina ou cuncha de tritón e apoiada nun golfiño. Segundo a mitoloxía grega, Poseidón namórase de Anfítrite, unha nereida, e envía a Golfiño como mensaxeiro para convencela do seu amor. Sensual e mórbida, a figura descrebe un leve "S" co seu corpo, enmarcándose dentro dos parámetros estilísticos do manierismo. Posiblemente da época de Carlos V (1500-1558). Está situada na vitrina esquerda do cadeirado do salón de graos de San Xerome e forma parte do Gabinete de Curiosidades creado en 1841 como elemento complementario da cátedra de Historia Natural.

1501
Ángel Jorge Echeverri
Ángel Jorge Echeverri
José Fernández Sánchez
1969

J. Fernández Sánchez, que asina esta pintura realizada para a galería de retratos da Reitoría, preséntao sentado, coa vara de mando da Universidade na súa dereita e unha cartela que di: ET AB/ EIUS /LABORE OECONOMIAE FACULTAS NATA EST (pola súa capacidade de traballo, a economía está destinada a ser…). Os puños da súa toga son amarelos, a cor propia de Medicina. Sobre o seu peito, ademais da medalla de reitor, abundan as condecoracións xa que, neste sentido, ten as seguintes: “…polo Goberno Portugués, coa Orde de Instrución Pública; Orde Militar de Cristo de Portugal; Gran Cruz da Orde Civil de Sanidade, con distintivo branco; Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco; Gran Cruz de Afonso X o Sabio; Gran Oficial da Orde do Infante D. Enrique de Portugal”.

1969
antibeslugrisvadillo
Antibes
Urbano Lugrís Vadillo

En torno á temática mariña de barcos e porto, Lugrís Vadillo recrea un mundo fantástico, representado aquí cun preciso grafismo. A verticalidade da multitude de mastros vese reforzada pola insinuación dunhas arquitecturas como telón de fondo, de clara inspiración goticistas reflexos lumínicos alaranxados, incendiarios. Asinado no a.i.d.: "Lugris Vadillo/Antibes"

Antonio Casares
Antonio Casares
Juan Mateos
1888

Este retrato, obra de Juan Mateos, dátase a finais do XIX e faino partindo dos mesmos criterios seguidos para o de Juan José Viñas, o outro reitor co que se inicia esta serie. Non é o único deste personaxe que se conserva na Universidade compostelá xa que hai outro no decanato da Facultade de Medicina. A reitoría tamén contou, no seu día, cun busto seu debido ao escultor Sanmartín de la Serna. A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago conta tamén cun retrato seu na súa galería de directores, cargo que ostentou entre 1850 e 1858.

1888
anunciacióndonoso
Anunciación
José Jiménez Donoso
1652

No escenario dunha arquitectura clásica, ten lugar o anuncio do arcanxo San Gabriel á Virxe. María, sentada e lendo cun ampuloso manto azul sobre túnica vermella, é sorprendida polo arcanxo, que se lle achega subindo uns chanzos e portando na man esquerda uns lirios, símbolo da pureza de María, e sinalando o ceo coa outra man. Sobre a cabeza da Virxe, unha coroa de estrelas e a pomba do Espírito Santo, emanando raios luminosos que producen un efecto dourado e vaporoso. Completan a escena os anxos da parte superior, que asisten tamén á Anunciación. O tema da Anunciación adáptase así plenamente aos preceptos contrarreformistas, que cargan a escena de triunfalismo, e potencian o plano divino, coa presenza da pomba ou os anxos, e mediante elementos ambientais como a sobrenatural luz dourada ou a ocultación dos aposentos privados de María. O Museo do Prado depositou a obra na Sociedade Económica de Amigos do País (R.O. de 19 de xullo de 1886). Posteriormente foi depositado na USC. Nº de inventario do Museo do Prado, en azul, no a.i.d.: "T. 525".

1652
anxoexterminadorhuete
Anxo exterminador
Ánxel Huete Vales
1984

Aínda que a maior parte da súa obra está ligada á abstracción xeométrica, atopámonos aquí un gravado figurativo, no que fai unha revisión dun tema relixioso. Preside no primeiro termo unha muller de longos cabelos que está sentada na herba baixo a mirada supervisora do ollo divino que aparece no aire; á esquerda un anxo de pé que levanta coa man unha espada; na dereita vemos a outro anxo e un peitoril aramiado. Huete sérvese do xogo co negro e branco para crear os espazos. Asinado no a. i. e. "Huete". Nº serie a.i.e: 55/100

1984
anxotrompeteiro1
Anxo trompeteiro 1

Figura dun anxo alado tocando a trompeta tallado en madeira dourada.

anxotrompeteiro2
Anxo trompeteiro 2

Anxo trompeteiro, alado, dourado, tallado en madeira.

santateresa
Aparición dun santo a Santa Teresa
Atribuído a Antonio de Pereda (escola madrileña)
1601

Aparición dun santo a Santa Teresa de Xesús. A escena enmarcada no extremo dereito por unha pilastra cun vaso de flores enriba. No centro e de costas está a santa con brazos abertos, leva unha capa branca, fronte a ela aparece o santo con hábito negro, no medio dunhas nubes. Ten os brazos abertos en actitude de saúdo cara a Santa na súa aparición. Na parte superior aparecen uns anxos. A obra de gran minuciosidade e detallismo, característico da visión desenvolvida nas súas pinturas de "vanitas", tamén amosa na súa composición un sentido contido de movemento afastado da evolución xeral da pintura madrileña da segunda metade do século XVII. No inv. T.766

1601
atrapandofraile
Atrapando
Ángeles Fraile
1994

Pintura sobre táboa que representa un paxaro. Utiza a mesma cor en maior ou menor intensidade. No reverso, unha pegatina co nome da artista, cronoloxía, título da obra , técnica e dimensións.

1994
bandexa-prata
Bandexa

Bandexa de prata con asas e ten motivos florais gravados.

bandexa
Bandexa
López Fernández Joyeros

Bandexa de prata ovalada , ten unha escena dunha batalla con xinetes a cabalo. Inscrición baixo a escena: "Paso de Calais" A marca di "López Fernández joyeros"

bandexagatas
Bandexa de ágatas
Autoría descoñecida
ca. 1650

Bandexa de bronce dourado, decorado en relevo con motivos vexetais e florais e nove ágatas engarzadas. Posiblemente da época de Filipe IV (1606-1665). Formaba parte do Gabinete de Curiosidades, que foi creado en 1841. No reverso figura unha pegatina que di: "Rectorado/fuente de bronce 154"

bandexanacar
Bandexa de nácar
Autoría descoñecida
século XVII

Bandexa redonda, a alma feita de madeira sobre a cal está incrustada unha decoración de nácar e outras pedras ámbar e azuis. Posiblemente de orixe filipina. Pertencía ao Gabinete de Curiosidades creado en 1841. Está datada na época de Filipe IV (1606-1665).

bandexavotacions
Bandexa de prata para votacións
Autoría descoñecida
1701

Bandexa ovalada de prata sobredourada. utilizada antigamente para as eleccións do Claustro. A peza posúe un perfil ondulado e mixtilíneo co perfil moldurado e levemente ergueito. Toda a superficie do fondo aparece profusamente decorada con concavidades con rosetas xunto a motivos vexetais, flores e grilandas, que se entrelazan entre elas, de forma asimétrica, pero cunha disposición rítmica. No centro, repuxado en relevo, destaca o escudo da Universidade de Santiago. O horror vacui, a asimetría, os motivos vexetais, as rocallas da parte inferior, as formas en ril e sinuosas que orlan o escudo, son todas características da ourivaría rococó.

1701
bandexaoctogonal
Bandexa octogonal de cristal de rocha
Autoría descoñecida
ca. 1650

Peza da época de Filipe IV pertencente ao Gabinete de Curiosidades, creado en 1841, e que forma conxunto cunha cunca e unha xerra, tamén de cristal. Consta dunha estrutura de metal (bronce), totalmente decorada con motivos xeométricos, que consiste no perímetro da base octogonal da peza, os pés (que se encontran nos ángulos) e as respectivas prolongacións. A base e as caras da peza son de cristal de rocha, tendo estas últimas un remate dentado e unha banda ornamental, de motivos ovais separados por flores de lis, na súa parte superior. A decoración complétase coa presenza de paxaros e formas vexetais na base. Está situada na vitrina esquerda do cadeirado do salón de graos de San Xerome.

barcosdans
Barcos
Mª Antonia Dans Boado
1960

Trátase dunha mariña na que o motivo central son dous barcos veleiros que a pintora resolve de xeito esquemático e elemental, en base a figuras xeométricas -rectangulares coas que crea a barca e triangulares cos que resolve as velas-. Son formas intencionadamente inxenuas, o que se relaciona coa pintura naïf. As cores son intensas; azuis e verdosas para os barcos e o mar e o ceo representado cunha cor ocre. Na aparente simplicidade do cadro, Dans logra crear a sensación de profundidade mediante unha composición en base a liñas horizontais, que lle serven para situar o barco no mar e crear a liña do horizonte; as sombras creadas polos barcos trátaas a pintora mediante o escurecemento da paleta cromática que emprega, a cal tamén lle serve para tratar os efectos lumínicos sobre a auga. Asinado no a.i.d. "dans"

1960
berenguelamatas
Berenguela
Manuel Matas García

Na década dos 90 Manuel Matas comeza a traballar na serie Perspectivas Urbanas de Galicia que presentaría nunha exposición no Colexio de Fonseca de Compostela. As protagonistas son visións aéreas, perspectivas ou rúas, -como neste caso que nos presenta a vista desde as escaleiras da Praza da Quintana da Porta Santa da catedral compostelá e a Torre do Reloxo-. Desde unha óptica realista e cunha depurada técnica, Matas amósanos un recanto evocador da Compostela monumental que denota a súa admiración e influencia por Canaletto, o romántico galego Cancela ou os impresionistas franceses. Busca tamén a captación do ambiente, da atmósfera, e aquí recolle unha visión do amencer de luz clara. O resultado final pretende non ser só un cadro realista, senón que o pintor busca transmitir a sensación de nostalxia e suxestións. Asinado no a.i.d.: "M. Matas"

bodegondans
Bodegón
Mª Antonia Dans Boado
1960

Dentro da produción de Maria Antonia Dans, destacan os bodegóns. Neste caso atopámonos cun composto por catro figuras: unha xerra en primeiro termo decorada con flores, e tres botellas dispostas en liña e creando profundidade no cadro. As cores son as habituais na pintora: gamas pasteis destacando as tonalidades azuis e verdes matizadas que lle serven para dotar de volume aos obxectos. Asinado a. i. d. "dans"

1960
Bóla de Cantón 1
Autoría descoñecida
Séculos XVIII-XIX

Bóla de Cantón en marfil tallado de estilo Netsuke. Son esferas caladas concéntricas, unha dentro da outra a partir dunha bóla compacta. Neste exemplar, a capa exterior decórase cun campo de círculos que crean formas floreadas coas súas interseccións, e as capas interiores, cun patrón de cruces gregas. Gardada na vitrina dereita do cadeirado do salón de graos de San Xerome. 

bola-marfil-reitoria-2
Bóla de Cantón 2
Autoría descoñecida
Séculos XVIII-XIX

Bóla de Cantón en marfil tallado de estilo Netsuke. Son esferas caladas concéntricas, unha dentro da outra a partir dunha bóla compacta. Este exemplar está adornado con estilizacións vexetais de carácter naturalista. Gardada na vitrina dereita do cadeirado do salón de graos de San Xerome. 

botellabarcolugris
Botella con barco
Urbano Lugrís González

Pintura mural que representa unha botella de forma globular cun barquiño dentro. Está sobre unha táboa que ten enriba unha pipa de fumar. Son elementos mariños moi frecuentes na pintura de Lugrís. As cores tamén están moi identificadas co universo de Lugrís; a cor verde mariña que usa como fondo da pintura pero que tamén é protagonista como os obxectos representados, aludindo a través dela ao mar.

cadeirabrazos
Cadeira de brazos

Cadeira de brazos en tesoira de estilo español século XVI. 

cadeirareitor
Cadeira do reitor
1801
1801
caetanogil
Caetano Gil Taboada
Autoría descoñecida
1701

Retrato do que foi reitor da universidade e arcebispo de Santiago, Caetano Gil Taboada. A figura, en tres cuartos, viste as roupas episcopais, nunha composición habitual na galería de reitores destes séculos XVIII e XIX, centrando a composición, apoiando a man esquerda nun libro, que está sobre unha mesa, e na que tamén vemos o característico pano vermello; na man dereita sostén un prego de papel. O retrato dignifícase coa cortinaxe que serve de fondo. Nótase un predominio do debuxo sobre a cor, empregando ademais unha gama cromática bastante escura. O menos afortunado é o rostro, que máis alá da súa inexpresividade, denota deficiencias na execución. Lenda: "CAJETAN. GIL TABOADA/ EPISCOP. ANT. LUCENSIS/ ARCHIEP. COMPOSTELANUS".

1701
campesinatororomero
Campesiñas e touro cego
Nelson Romero
1985

Touro en primeiro plano coa cabeza agachada. Lévano dúas mulleres das que se lles ve a cabeza. No fondo unha paisaxe. Asinado no a.i.e.d. "NR/1985" e no a.i.e. "Campesinas y toro ciego-1985". No reverso, un papel da Galería Latina (Montevideo, Uruguai) que certifica a súa autenticidade.

1985
caracosme
Cara
Cosme

Asinado no a.i.e.: "E. Cosme" nº de serie: 55/100

martinezferre
Cara o futuro
Susana Martínez Ferre
1997

Representa un neno nun cabaliño de madeira. A autora traballa combinando augaforte e augatinta sobre unha folla de papel Arches; fai uso tamen dun verniz blando.

1997
CARASDIAZPARDO
Caras
Isaac Díaz Pardo
1984

Neste gravado represéntase unha multitude de rostros, todos mirando cara arriba. En primeiro termo vese un home e unha muller, esta última cun neno no colo. Ao redor do pescozo do home hai unha inscrición do autor: "Ouxetos alleos no ceo de Galicia -- Estase a perder toda esperansa -- Grabou Díaz Pardo en septembro de 1984". Relaciónase cunha linguaxe expresionista. Asinado a. i. d. "Díaz Pardo", e no a.i.e. o número de serie 55/100.

1984
Carlos Pajares
Carlos Pajares
Siro López Lorenzo

Carlos Pajares naceu en Madrid en 1945. Foi reitor entre 1984 e 1990. O seu retrato está asinado por Siro, Siro López Lorenzo (1947), humorista gráfico, caricaturista e ensaísta, condicións que, en certo modo, supoñen esta aproximación a Pajares, catedrático de Física Teórica. Sen romper a ortodoxia académica, o personaxe aparece coa indumentaria propia do cargo, posando en pé, coas súas mans xuntas e cunha mirada viva e un tanto riseira, afastándoo da usual severidade coa que se presenta aos reitores. Tras el podemos ver un fondo decorativo que evoca a cadeira presidencial do Paraninfo da Universidade compostelá.

riomolquiroga
Carlos Riomol y Quiroga
Autoría descoñecida
1701

Seguindo a tipoloxía de retratos de bispos, represéntase a Carlos Riomol de pé, en tres cuartos, coa cabeza lixeiramente ladeada, vestindo o hábito episcopal coa muceta azul e vermella e o roquete branco. No peito leva a cruz peitoral; na man dereita sostén un papel no que se pode ler: "Al Illmo. Sor./ Dn C. de Riomol Obispo de Mindº.", debaixo vemos a beca de colexial vermella sobre a que apoia a man o bispo. No fondo unha inscrición na que se le a seguinte lenda: "CAROL. DE RIOMOL/ EPISCOP. MINDON/ EX LUGO AUG".

1701
castelao
Castelao
Xosé Luís de Dios
1979

Xosé Luis de Dios realiza nesta calcografía un retrato de Castelao. Esta técnica sérvelle tamén para apreciar as características que o autor reflexa na súa produción pictórica. Así, a primeira impresión que nos produce a obra é dunha certa "barroquización" ao non deixar ningún espazo baleiro. Compón o gravado a base de tres niveis: no centro o retrato de Castelao nunha gama de grises; ao redor un enmarque en tonalidades sepias no que se distinguen distintos motivos figurativos: un prisma, un perfil humano clásico, follas de árbores e follas de papel, así como formas xeométricas. Un último enmarque, raiado e máis escuro, sérvelle ao artista para autorretratarse na parte inferior. Asinado no a.i.d: "De Dios 79". Nº de serie :3/75

1979
catedralvillamil
Catedral
Jenaro Pérez Villaamil y Duquet
1835

Imaxe do interior da catedral de Pamplona; ao fondo vemos a porta do Amparo e no seu tímpano represéntase a "Dormición de la Virgen" dividida en dúas escenas. Luminosidade branquecina, e certo ton de evanescencia atmosférica. Revela o renovado interese romántico pola arquitectura histórica, especialmente polos monumentos medievais.

1835
concertoquessada
Concerto
Xaime Quessada
1984

Xaime Quessada aborda neste gravado un tema mitolóxico, un mundo de mitos e lendas no que as ninfas eran cortexadas por faunos en paisaxes oníricas. Nun ambiente bucólico, o artista constrúe unha escena na que un grupo formado por dúas mulleres e un home escoitan a un efebo que toca unha frauta dobre. Tecnicamente o gravado reflexa o virtuosismo do autor co debuxo ao perfilar nitidamente as figuras, recordando a pintura das cerámicas gregas, pero tamén a obra de Picasso, que sería unha constante influencia ao longo da súa carreira. A obra está asinada no revés, no ángulo inferior esquerdo dentro da prancha, e fóra no ángulo dereito. Asinado no a.i.e. "Quessada 1984"

1984
seoanecorpiñoverde
Corpiño verde con fondo amarelo
Luís Seoane
1973

Obra de madurez de Seoane que representa unha muller de medio corpo inspirada nas campesiñas rurais. Asinada no ángulo inferior esquerdo. Foi doada pola súa viúva, Dª Elvira Fernández López, en 1992.

1973
cristoreitoria
Cristo crucificado
Gregorio Español
1603

A imaxe do Cristo Crucificado, xunto coa Virxe e a San Xoán, presidía o retablo, hoxe desaparecido, que para a capela do Colexio de Fonseca fixeron os escultores Juán Dávila e Gregorio Español. Concretamente o Cristo, polas súas características estilísticas, atribúese a Gregorio Español. O dramatismo da escena exprésase dunha maneira relativamente serena, a través da cabeza inclinada cara abaixo e dun corpo languidecente, aínda que a preocupación pola anatomía represente un torso cos músculos tensionados. Quizais o menos salientable, en canto a calidade, sexa o tratamento do cabelo e da barba.

1603
crucifixo
Crucifixo
Atribuído a Alonso Cano
1602

A peza vense tradicionalmente atribuíndo ao escultor andaluz Alonso Cano ou ben ao seu obradoiro. Crucifixo de catro cravos, de tipo expiración, coa cabeza de Cristo ergueita. Destaca a cualidade técnica do artista que logrou obter do marfil unha delicada anatomía nun corpo que se curva lixeiramente, adoptando gran elegancia. Con fórmulas estilísticas propias, procura a depuración cunha talla primorosa. Figura estilizada, cun tratamento doce. Destaca o detalle iconográfico dos pés, en paralelo e con dous cravos, un rasgo defendido por Francisco Pacheco, de quen Cano foi discípulo. Foi doado polo párroco don Ramón Núñez Rodriguez de Cordeiro, Pontevedra, en 1940.

1602
cuncapolilobulada
Cunca polilobulada de cristal de rocha
Autoría descoñecida
ca. 1650

Cunca de cristal de forma lobulada sen decoración. Forma conxunto cunha xerra e unha bandexa, tamén de cristal, e está datada na época de Filipe IV (1606-1665). Está situada na vitrina esquerda do cadeirado do salón de graos de San Xerome e forma parte do Gabinete de Curiosidades creado en 1841.

danae
Dánae
Autoría desconocida

Pequeno relevo feito en marfil, copia da famosa Dánae recibindo a choiva de ouro de Tiziano que se conserva no Museo do Prado, obra na que se relata o episodio mitolóxico no que Zeus metamorféase en chuvia de ouro para seducir a Dánae, encerrada polo seu pai precisamente para que non se lle achegara pretendente ningún. Unha miniatura de delicadeza na factura, enmarcada en madeira tallada e dourada. A peza forma parte da colección de antigüidades e obxectos artísticos do Gabinete de Curiosidades, creado en 1841.

Darío Villanueva
Darío Villanueva
Xaime Quessada
2002

Darío Villanueva naceu en Vilalba (Lugo) en 1950. Foi reitor entre os anos 1994 e 2002. Quessada (1937-2007) é o pintor a quen se lle encomendou este retrato no que o retratado aparece sedente coa indumentaria propia de reitor. No seu colo está pousado un enigmático esquío, o que lle outorga a este cadro un certo cariz misterioso; neste caso debe relacionarse coas súas vivencias como reitor, xa que no claustro de San Xerome, polo seu tempo, naquel antigo colexio, podía verse un exemplar desta especie. Da relación do reitor con este pintor dá conta a seguinte dedicatoria: “a mi buen amigo Darío Villanueva- V- 2002”.

A evocación dalgún dos retratos de Francis Bacon parecen suxerir modos a este pintor, tan bo intérprete das máis excelsas voces da arte contemporánea.

2002
Diego de Muros
Plácido Fernández Erosa
1816

O retrato que se fixo de Diego de Muros (ca. 1450-1525) por 1817 para a Universidade compostelá foi recoñecido como realizado por Plácido Fernández Erosa e promovido por Manuel Fernández Varela. Ten, en definitiva, unha composición moi similar á vista no retrato de Alonso de la Peña y Montenegro,  pintado por García de Bouzas na primeira metade do século XVIII. Todo parece indicar que debeu de haber un gravado  que parte do prelado relacionado coa fundación do colexio de San Salvador de Oviedo en Salamanca, probablemente realizado nos tempos en que Muros escribiu as súas Constitucións -1524-.

1816
duasmulleresquessada
Dúas mulleres
Xaime Quessada
1994

Obra recente de Xaime Quessada. Representa a dúas mulleres nun interior, probablemente nunha habitación. O tema recorda aos gravados bucólicos que fixera anos antes para ilustrar a obra de Ramón Cabanillas A rosa de cen follas. As mulleres poden recordar a antigas deusas gregas, unha delas -a do primeiro termo, de perfil- está vestida cunha túnica que se pega á pel translucindo a anatomía. A outra está espida e xira a cabeza come se estivese a mirar fóra da estancia. Quessada emprega aquí unha técnica mixta a base de acuarelas e lápis de cores. Destaca o labor do debuxo co que recorta a silueta dos corpos e a cor que contribúe a dar volume aos corpos. Asinado a. i. d. "Quessada 1994"

1994
entroidoIV
Entroido
Xaime Quessada
1993
1993
eunonescoito
Eu non escoito nada. Si, escoita...
Menchu Outón Arguibay
1993

Ten debuxado un peixe en cada lateral menor. Ten unha pegatina no reverso co nome da autora, título, técnica, e ano.

1993
evaeadansucasas
Eva e Adán
Alfonso Sucasas Guerra
1970

Neste gravado, Sucasas parece facer unha reinterpretación do tema Expulsión do Paraíso de Adán e Eva, que varias veces realizaría ao longo da súa produción artística. Así, ante unha paisaxe de fondo, o autor presenta sobrevoando dúas figuras, unha masculina e outra feminina que parecen fuxir. Realiza o gravado cunha soa tinta; o seu coñecemento e capacidade para o debuxo, permítelle crear perfectamente as siluetas das figuras, volumétricas e de formas redondeadas, características do autor. Comprado á galería Citania en 1981 Asinado no a.sd.:"SUCASAS"/70

1970
giltaboada
Felipe Antonio Gil Taboada
Autoría descoñecida
1777

O retrato de Felipe Gil Taboada segue o esquema de retrato de poder. Este represéntase de pé, lixeiramente xirado e mirando cara fóra, o que é sinal de que está posando. É un retrato en tres cuartos, no que o bispo faise representar co hábito composto por muceta azul e vermella, roquete branco rematado con puntillas nas mangas e na parte inferior, cruz peitoral e anel. A man dereita está apoiada nun libro colocado sobre unha mesa na que tamén aparece o bonete, o palio arcebispal branco con cruces bordadas e a cinta de colexial vermella. Ao fondo intúese nun moble un papel branco coa seguinte lenda: "PHILIP. GIL TABOADA/ ARCHIEP. HISPALENSIS/ STATUS A CONSILIIS/CASTELLAE SENAT./ GUBERNATOR". Unha pegatina no reverso sinala unha ubicación anterior: "Facultad de Derecho/ decanato 2".

1777
figuraenambar
Figura feminina en ámbar
Autoría descoñecida

Pequena escultura que representa unha figura feminina con cabelo longo, vestindo unha túnica. O corpo da figura e o cabelo parecen de ámbar e a cara de óso, marfil ou material cerámico pintado. Está realizada en dúas pezas unidas na cintura. Peza situada no cadeirado dereito do salón de graos de San Xerome. Posiblemente formaba parte do Gabinete de Curiosidades, aínda que este extremo non está documentado.

Finisterrae
Finis Terrae
Xurxo Martiño
1993

José Manuel García Iglesias / Silvia Hermida Sánchez

Xurxo Martiño, un artista conceptual pertencente á nova xeración de pintores composteláns que na década dos noventa se decantou por pintar paisaxes urbanas e faros a través dunha pintura matérica, resaltada con diferentes escalas de cor, pigmentos e texturas. Con esta técnica, e grazas á utilización dunha gama cromática que oscilou entre os brancos, os azuis e os negros, o pintor conseguiu producir grandes efectos de luz e sombra.

1993
floresalonso
Flores
Rafael Alonso Fernández
1972

Amosa Alonso Fernández as súas magníficas dotes como acuarelista. Ampla e solta pincelada, que en ocasións deixa entrever o fondo, nunha composición cargada e plena de variados motivos florais, un tanto barroquizante neste senso, pero de formas sinxelas e sobrias. Comprado á galería Citania no 1981. Asinado no a.i.d: "Rafael Alonso 72"

1972
franciscoaguiarseijas
Francisco de Aguiar Seijas y Ulloa
Mariano Caro
1820

Figura en pé. Tres mitras aluden ás sedes episcopais que se lle adxudicaron: a de Guadalaxara, que non chegou a ocupar, despois a de Michoacán (1678-1681) e, xa en 1681, a de México. O lateral da mesa ocúpase neste caso cunha longuísima inscrición. Todo, agás a derradeira liña -“Rector de esta Universidad en 1668”-, responde a un modelo mexicano, país do que procede. Chama a atención o feito de que se confunda a data da súa reitoría en Compostela, que foi en 1657.

Nesta zona alta móstrase parte dun escudo con armas da súa liñaxe e borlas propias da súa condición episcopal. Este retrato pertenceu ao Colexio de Fonseca.

1820
aguiarseijas
Francisco de Aguiar y Seijas
Autoría descoñecida

Seguindo a tipoloxía de retrato oficial, aquí vemos o que fora reitor da Universidade entre 1668-1674, Francisco de Aguiar y Seijas. Trátase dun retrato de tres cuartos no que o personaxe aparece de pé, frontal ainda que lixeiramente ladeado. Vai vestido, como é tradicional neste tipo de retratos, co hábito episcopal composto por muceta azul, roquete branco e sotana; ó peito leva a cruz reitoral, na man esquerda porta un libro e a dereita está apoiada sobre unha mesa na que se distinguen a beca de colexial, o palio arzobispal branco coas cruces negras bordadas e un bonete. O retratado aparece nun interior, no que vemos á esquerda unha librería e á dereita unha inscrición na que se le: "FRANCISCUS AGUIAR ET/ SEIXAS ARCHIEP. MEXICAN./ REGNIQ. NOV-E HISPANI-E/ GUBERNAT. ET DUX./ EX BRIGANTIO= FLAVIO.".

fuxidaexipto
Fuxida a Exipto
Autoría descoñecida
1597

Bandexa policromada de xaspe, metal e madeira de forma octogonal. No centro conta cunha representación da fuxida a Exipto da sagrada familia. Está decorada en cinco dos lados con elementos dourados cada un deles cunha cara no centro. Hai unha peza moi similar no Mosteiro da Encarnación de Madrid; neste caso é un cadro relicario italiano de 1624. Forma parte do Gabinete de Curiosidades creado en 1841.

1597
gabinetereitor
Gabinete
1801

Este gabinete aparece apoiado sobre unha mesa. Ten tres corpos, o central sobresae, está dividido en dous niveis onde están colocadas unhas figuras. Os corpos laterais teñen caixóns. Estilo renacentista do século XVI.

1801
bruxelasvillamil
Gran Praza de Bruxelas
Jenaro Pérez Villaamil y Duquet
1835

A acuarela representa unha praza chea de xente, rebumbio e actividade, amosándonos deste xeito o que sería o centro neurálxico da cidade. No primeiro termo, personaxes pouco definidos e no fondo a arquitectura enmarcando a escena. O ceo azul moi intenso aporta luminosidade á escena. O autor fixo os seus apuntes na acuarela indicando, por exemplo, o número de ventás, columnas, etc.

1835
gravado
Gravado

Número de serie 55/100. Sinatura ilexible no a.i.d.

abstractonovoa
Gravado abstracto
Leopoldo Nóvoa García

Dentro da non figuración, constante na produción de Nóvoa, insinúa formas xeométricas a través de relevos, como o rectángulo que emerxe do fondo, ou cores, como o triángulo negro, illado na superficie branquecina do cadro. Completa a composición con liñas e fendas. Asinado no a.i.d.: "Novoa 55/100"

gravadomantecon
Gravado abstracto
Francisco Mantecón Rodríguez
1995

O gravado de Mantecón vincúlase claramente cunha estética abstracta de carácter xeométrico. Crea o espazo a base de figuras xeométricas, neste caso un cadrado que repite ata catro veces -rasgo que se repetirá na súa obra- e un rectángulo na parte inferior. Crea un ritmo vibrante a base da repetición calculada e minuciosa de raias. Este interese pola xeometría ten que ver co seu interese polas matemáticas e, sobre todo, polas corrientes filosóficas orientais, concretamente co Tao. A súa obra é, por tanto, profundamente premeditada e reflexiva. A obra está asinada no ángulo inferior dereito "F. Mantecón" e no ángulo inferior esquerdo o número de serie: "55/100".

1995
gravadogoyanes
Gravado sen título
Antón Goyanes Fernández
1984

Aínda que Goyanes caracterízase polo emprego dunha cálida gama cromática, aquí preséntanos un gravado dunha soa tinta. Vinculable coas características do autor é o trazo delicado e fino. Cun debuxo esquemático compón a figura da muller que sitúa en posición horizontal, que contrapón coa sombra que atravesa diagonalmente o fondo, creando un espazo intimista. Asinado no ángulo inferior dereito fóra da prancha "Goianes" e no ángulo inferior esquerdo o número de serie: "55/100"

1984
guitarramallo
Guitarra
Maruja Mallo
1940

Debuxo de Maruja Mallo que representa unha guitarra. Asinado e datado: a. s. d.: "M Mallo - 40"

1940
homunculoseoane
Homúnculo de lingua viperina
Luís Seoane
1966

Gravado que representa unha cabeza de home de perfil coa boca aberta e a lingua de fóra. Leva una gorra na cabeza. As cores son fundamentalmente azul escuro, azul claro e ocre. O fondo é ocre e a figura nos diferentes azuis. Da mesma serie consérvase un exemplar na Fundación Luis Seoane.

1966
Jacobo María de Parga
Jacobo María de Parga
Atribuído a Vicente López ou Cancela del Río
1802

Cabe explicar a encomenda deste cadro en relación cunha importante doazón que fai á Biblioteca da Universidade desde o seu testamento. O personaxe, sentado, ambiéntase en certo modo en Fonseca, xa que se presenta co bastón de mando propio dun reitor, cargo que ostentou, e baixo a súa man dereita vemos a beca vermella, tan característica dos retratos vinculados a ese colexio. O seu peito está adornado tanto pola medalla como pola Gran Cruz da Orde de Carlos III. É un retrato de madurez, indubidablemente inspirado no estilo de Vicente López pero que debe de corresponder a unha autoría de alguén que traballa en Compostela; se cadra, Cancela del Río.

1802
losadaquiroga
José Francisco Losada y Quiroga
Autoría descoñecida
1752

O bispo de Mondoñedo, Don José Losada Quiroga (1703-1779), aparece retratado nun interior no que se pode ver a base e o fuste dunha columna clásica. O personaxe aparece sentado nunha cadeira de madeira e diante dunha mesa; represéntase co hábito episcopal de amplo volume composto pola muceta azul e roquete branco e leva a cruz peitoral e o anel na man dereita. Está representado en actitude de bendicir e, coa man esquerda, suxeita un libro que se apoia nunha mesa, baixo o que se encontra a beca de colexial vermella. A sensación de perspectiva está conseguida ao colocar a figura xirada e a mesa e cadeira de perfil e a columna no último termo, no cal tamén se le, no ángulo esquerdo, a seguinte inscrición: JOSEPHUS LOSADA ET QUIROGA/ EPISC. MIND. REG. A CONSILIIS/ LITER ET VIRT. PROTECTOR/ EX DOM TOR. LUCENS".

1752
José María Suárez Núñez
José María Suárez Núñez
María Carrera
1980

A vida de Suárez Núñez transcorre entre 1932 e 1987. Foi reitor entre os anos 1979 e 1984. María Carrera preséntao no seu despacho, ante unha mesa cuberta cunha ornamentada tea amarela, quizais para vinculalo deste modo cos estudos de Medicina dada a súa condición de catedrático de Anatomía. Posa sentado, cun brazo sobre dita mesa, levando na súa man esquerda un libro, en tanto que na outra, mantén o bastón de mando. A súa indumentaria é a propia dun reitor, coa súa medalla ao peito e, no fondo, pode verse un andel con libros e un cortinado verde que completan a composición. El foi o responsable da posta en marcha desta galería reitoral na nova Reitoría e co seu retrato conclúe a achega desta artista a ela.

1980
José Ramón Masaguer
José Ramón Masaguer
María Carrera
1974

José Ramón Masaguer naceu en Vigo en 1924 e faleceu en 1997. Foi reitor entre 1972 e 1974 e, posteriormente, en 1976 trasládase á Autónoma na súa condición de catedrático de Química Inorgánica. A pintora María Carrera preséntao na soidade do laboratorio, nun espazo iluminado por unha ventá. Está en pé, ante unha mesa na que se acumulan materiais e instrumental propio do seu quefacer como químico. A súa indumentaria, en cambio, é a propia dun reitor, coa medalla ao peito. O interese pola luz resulta, neste caso, notorio. Segue, no xeral, as fórmulas propostas por esta artista para concretar a galería reitoral.

1974
juan casares
Juan Casares Long
Rafael Romero Masiá
2014

Este retrato realízase ao concluír o mandato de Juan José Casares Long como reitor entre os anos 2010 e 2014. Nacido na Coruña en 1950, estudou a Licenciatura de Química en Santiago e doutorouse na Autónoma de Barcelona en Enxeñaría Química. A súa primeira cátedra obtena na Universidade de Sevilla (1988) e, desde alí, trasládase á de Cantabria. Desde o ano 2001 imparte docencia a tempo completo na Universidade compostelá.

É Rafael Romero Masiá, pintor compostelán nado en 1952, quen leva a cabo este retrato. As insignias da Universidade compostelá aparecen a carón da figura do reitor, logrando o artista fixar unha imaxe realista del. Porta o bastón reitoral como atributo identificador das responsabilidades exercidas.

2014
garciavaamonde
Juan Garcia Bahamonde
Autoría desconocida
1777

Ante un fondo neutro aparece retratada a figura de Juan García Bahamonde. Nun retrato de tres cuartos, o bispo aparece de pé, lixeiramente de perfil e vestido cunha toga negra. Coa man esquerda suxeita un libro que aparece sobre unha mesa coa beca de colexial vermella. No ángulo superior dereito aparece a seguinte lenda: "JOHANNES GARCÍA BAHAMONDE/ PRIOR HEREMITARUM ET CANON./ HISPALENSIS, ARCHIEP. ELECT. DE/ CHARCAS, IN SAC. LIT./ DOCTISSIMUS./ Ex S. Vinc. de Curtis Compost.".

1777
Juan José Viñas
Juan José Viñas
Juan Mateos
1877

Con este retrato, e outro similar de Casares, iníciase a galería de reitores da Universidade de Santiago de Compostela. É obra do pintor Juan Mateos, de finais do século XIX. Pende no seu peito a medalla de reitor, cargo que ostentou en Compostela entre os anos 1843 e 1854. A Universidade de Salamanca conta tamén, na súa galería de retratos dos seus reitores, cun de Viñas, xa que ocupou alí este cargo no curso 1865-1866. O encargado de facelo foi Gerardo Meléndez Cornejo en 1886. Outro retrato de Viñas, na súa condición de director da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago -cargo que ostentou entre 1858 e 1859 e desde 1866 a 1867- consérvase hoxe na Facultade de Xeografía e Historia de Compostela.

1877
mariñobarrera
Juan Mariño de la Barrera
Autoría descoñecida

Retrato de Juan Mariño de la Barrera, colexial de Fonseca, catedrático de Instituto (1765-71) e membro da Cámara de Castela. O personaxe vestido cunha toga negra na que aparece a cruz da Orde de Carlos III, está sentado a unha mesa, con libros e tinteiro e coa beca de colexial; fondo austero, dignificado pola presenza dunha columna clásica. Absoluto protagonismo da liña e do debuxo. Presupostos neoclásicos. Lenda: "JOANNES MARIÑO/ DE LA BARRERA/ GRANATAE. PRAESES/ REG. A CONSILIIS/ IN SUP. ET CAMERA/ CASTELLAE/ EX ARES". No papel que sostén pódese ler: "Al Yllmo/ Sor Dn Juan/ Mariño de la/ Barrera".

juan viaño
Juan Viaño Rey
Vicente Prego
2019

Juan Viaño, nacido en San Verísimo de Sergude (Boqueixón, A Coruña) en 1955, foi reitor entre os anos 2014 e 2018. É o pintor Vicente Prego (A Coruña, 1957) quen constrúe este retrato partindo da conxunción de dous espazos: un, interior, e outro, exterior. En primeiro lugar, o retratado preséntase nunha estancia; móstrase de pé, co traxe académico de gala. Terma nas súas mans dun libro: as actas do XXV International Congress of Mathematicians (ICM). No andel que pode verse ao carón, hai, ademais de libros, tres obxectos alusivos, tamén, á ciencia matemática: unha buguina mariña, directamente conectada coa espiral e a sucesión de Fibonacci que, á súa vez, teñen unha íntima relación co número de ouro e a proporción áurea ou proporción divina que define o compás áureo. Ábrese o espazo, cara a outro, exterior, mediante unha xanela pola que se pode ver o Pico Sacro, tal como se contempla desde ese Sergude natal, tan sentido, e tan vivido, polo reitor Viaño.

2019
lampada
Lámpada de cristal
linotorre
Lino Torre
Francisco Asorey
1922

Busto do catedrático e reitor da universidade compostelá Lino Torre. Sobre unha base rectangular apóiase o busto do retratado. A súa fisonomía aparece caracterizada cun minucioso naturalismo e o escultor esmérase nas diferentes cualidades dos tecidos, insistindo no xogo lumínico dos pregos das mangas, facendo gala dun pictoricismo, característico da primeira produción do escultor. Asinado no lateral esquerdo "Francº Asorey 1923".

1922
Lino Torre
Lino Torre
Tito Vázquez
1920

Xa no século XX, o primeiro reitor ao que se retrata é Lino Torre Sánchez Somoza (1866-1921), que dirixe os destinos da Universidade no período 1920-1921. O tema será tratado en pintura por Tito Vázquez e en escultura por Francisco Asorey. Neste caso, non se mantén a formulación seguida nos reitores previamente retratados -Viñas e Casares-. Estamos, ademais, perante un catedrático de Dereito desta Universidade que foi tamén alcalde de Compostela entre 1903 e 1909.

Na pintura, a luz proxéctase de xeito desigual no seu rostro que, deste modo, destaca sobre un fondo escuro. Distíngueo a medalla reitoral.

1920
litografiaortiz
Litografía sen título
Enrique Ortiz Alonso
1984

O artista gráfico Ortiz Alonso, presenta neste gravado dunha soa cor, unha figura corpulenta que centra e preside a composición. Está sentada e cunha man sostén unha rama mentres que levanta e sinala coa outra. A figura, cun rostro de grande expresividade, vai vestida cunha ampla túnica e sombreiro e da súa boca sae o que parece un dos globos de cómic, que ten no interior unha serie de formas. A cabeza do personaxe destaca sobre o que parece ser unha especie de pantalla de guiñol pola que asoman unha serie de caras de distintas expresións. Característica do Ortiz presente neste gravado é que se serve do humor para sinalar o paradoxal e o estraño. A técnica combina a liña refinada do debuxo co espesor do primeiro termo que escurece na parte inferior do gravado. Sérvese tamén da liña para crear as sombras, visibles nos pregamentos da roupa . Está asinado e datado no ángulo inferior esquerdo dentro da prancha: "Ortiz Alonso 10/8/84" e fóra da prancha no mesmo ángulo o número de serie: 55/100, e na dereita de novo a firma "Ortiz".

1984
Lope Gómez de Marzoa
Lope Gómez de Marzoa
Juan José Cancela del Río
1852

O retratado leva unha pluma na destra e a outra man sobre un volume no que pode lerse “Libro de Actas/ (de)l Concejo/ (d)e / Santiago/ (15)01”. Tamén, ao outro lado do tinteiro, vese un protocolo cunha cuberta que di “A. Lopo Gómez / Not(ario)”, identificándose de tal modo ao personaxe. Naceu Lope Gómez de Marzoa cara a 1440 e viviu en Santiago desde os anos 60, falecendo en 1501.

Esta obra, de Cancela del Río, fíxose para ser disposta na Biblioteca. É un recoñecemento feito en 1852, sendo reitor Juan José Viñas, ao momento fundacional da Universidade compostelá na súa condición segrar.

1852
sanchezulloa
Lope Sánchez de Ulloa
Autoría descoñecida

Retrato de D. Lope Sánchez de Ulloa, reitor da Universidade entre 1534 e 1545. O personaxe aparece sentado ante un fondo neutro nunha cadeira de madeira. É un retrato frontal lixeiramente xirado, de medio corpo. O personaxe mira de fronte ao espectador e aparece vestido coa vestimenta de fidalgo do século XVI: casaca negra que deixa ver o alzacolo e puños brancos, luvas -signo de poder- e sostén na dereita a beca de colexial vermella. Lenda: "LUPUS SANCTIUS DE ULLOA/ EX COMIT. DE MONTEREI/ CASTELLAE PRAESES".

Luis Legaz Lacambra
Luis Legaz Lacambra
María Carrera
1970

Coa reitoría de José María Suárez Núñez, nun momento no que o Colexio de San Xerome serve xa plenamente ás funcións propiamente reitorais, é cando realmente é consolidada a idea de concretar unha galería de reitores. Isto levou a encomendarlle a María Carrera Pascual (1937), profesora de Debuxo na Facultade de Belas Artes da Complutense, unha serie de retratos dos reitores dos últimos tempos, sendo Luis Legaz Lacambra (1906-1980), que o foi entre 1942 e 1960, o primeiro dos considerados ao respecto. Leva a sinatura de M. Carrera e presenta unha vista do Obradoiro como fondo desta pintura.

1970
garciagarrido
Manuel Jesús García Garrido
María Carrera
1968

Retrato de tres cuartos de Manuel Jesús García Garrido; este aparece representado de pé, sobre un fondo neutro. A figura viste a característica toga negra, coas bocamangas brancas bordadas; baixo a toga vese a camisa e paxariña branca. Represéntase coa cruz reitoral que pende sobre un cordón. O reitor aparece lixeiramente xirado e apoia a súa man dereita sobre unha cadeira tapizada en verde que, disposta diagonalmente, contribúe a crear a sensación de espazo. A autora centra a atención no rostro do retratado, iluminándoo cun foco de luz; en relación coa técnica, traballa máis coas cualidades pictóricas restándolle importancia ao debuxo, e difuminando o perfil da figura contra o fondo. Asinado a. i. d.: "M. Carrera"

1968
Manuel Lucas
Manuel Lucas Álvarez
María Carrera
1980

Manuel Lucas naceu en 1917 en Santiago, cidade na que morreu no ano 2014. Foi reitor entre 1974 e 1975. Neste caso, a pintora María Carrera preséntao nun exterior: o centro do patio do Colexio de San Xerome, ao lado da fonte que fora realizada a xeito de adorno dentro do proceso de conversión deste edificio en Reitoría. Móstrase en pé, coa vara de mando na súa esquerda e levando na outra man un documento co que se pretende facer referencia á súa condición de paleógrafo, estudos dos que é catedrático en Compostela desde 1953. Mantén a tradición dos demais retratos que esta autora fai para esta galería reitoral. Outro retrato seu gárdase hoxe na aula magna da Facultade de Xeografía e Historia.

1980
Manuel Pardo
Manuel Pardo
Atribuído a Vicente López ou Cancela del Río
1801

O seu autor parte dun retrato realizado por Vicente López. Móstrase condecorado coa insignia propia da Orde de Isabel a Católica. Neste caso a lenda di: EMMANUEL PARDO/ REGI A CONSILIIS/ INTEGERREMUS. Estamos ante un cadro moi posiblemente realizado en Compostela por Cancela del Río, con esa alusión a través dunha beca sobre a mesa, como en tantos outros relacionados con colexiais de Fonseca.

Debe de relacionarse o recoñecemento que tivo por parte da Universidade compostelá co feito de que no seu testamento cedese fondos para a súa Biblioteca, razón que explica a colocación orixinaria desta pintura nela.

1801
marañasmurado
Marañas
Antonio J. Murado López
1995

Presentada por primeira vez na XXIII Bienal de Arte de Pontevedra, a serie "Marañas" de Antonio Murado á que pertence esta obra, supón a continuidade co carácter serial da súa obra e o seu gusto polos grandes formatos que caracterizan a súa produción. A obra caracterízase polo emprego dun fondo monocromático -neste caso laranxa- sobre o que superpón unha serie de liñas enmarañadas, que se moven e retorcen sobre a superficie adquirindo o aspecto dun arabesco; é o que o propio autor chamou "escritura neuronal". Influenciado polo "Action Painting", Murado rompe coa centralidade do cadro, dotándolle da mesma importancia a calquera punto da superficie pictórica, sobre a que se cruzan as "Marañas", seguindo o concepto desenvolvido pola pintura de acción norteamericana de "All-Over". Inscrción no reverso:"ANTONIO MURADO/Marañas/120 x 120 cm./ÓLEO/LIENZO/Madrid 95"

1995
mariñadans
Mariña
Mª Antonia Dans Boado
1960

Traballa aquí Mª Antonia Dans a paisaxe mariña, tan frecuente na súa obra. Baixo unha aparente simplicidade da obra, a autora ordena todos os elementos, nun primeiro termo o mar, seguido dunha batea. Detrás, no centro da composición, un barco lixeiramente desprazado á dereita. Decántase aquí por unha paleta cromática máis escura baseada en tonalidades ocres e grises. Xoga cos recursos lumínicos e cos reflexos na auga do mar. Asinado no a.i.d. "m.a.dans"

1960
mariñavillamil
Mariña 7
Jenaro Pérez Villaamil y Duquet
1802

Bosquexo que representa unha mariña con vexetación, auga no primeiro termo, á dereita e, ao fondo, vexetación e montañas.

1802
maternidadelaxeiro
Maternidade
José Otero Abeledo "Laxeiro"
1970

O tema da maternidade foi tratado en distintas ocasións por Laxeiro. Compón a escena con dúas figuras que se inscriben nun esquema piramidal: a nai que sostén no seu colo ao neno. Entróncase a obra dentro da tendencia primitivista e "románica" do autor, de aí o volume das figuras nas que logra crear un efecto case escultórico. As cores son escuras, marróns e negros que, contrapostos a zonas máis claras, aumenta ese carácter volumétrico. Na técnica mestura o debuxo, que lle serve para delimitar a contorna das figuras e os rasgos xerais das mesmas, e a acuarela aplicada cunha pincelada ampla. Asinado a.s.d."LAXEIRO/70/VIGO" Comprado á Galería Citania en 1980.

1970
maternidadelaxeiro
Maternidade
José Otero Abeledo "Laxeiro"

O tema da muller, especialmente a maternidade, ocupa un lugar privilexiado na produción laxeiriana, relacionado co matriarcado e a fecundidade, ligado á antropoloxía galega. Laxeiro crea unha nova imaxe no seu modelo de maternidade e, así, presenta a dúas figuras -a nai e o fillo- envolventes e pesadas; a nai, estática, de fronte e coa mirada ausente, suxeita coas mans o seu fillo no colo. Ambas figuras inscríbense nun esquema piramidal; son imaxes estáticas e hieráticas, o que se vincula coa estética do granito, a solidez da escultura románica na que Laxeiro encontrou no Mestre Mateo un dos principais referentes para a conformación do seu particular mundo, no que tamén teñen cabida Goya e Picasso. Tecnicamente, Laxeiro recorta as figuras contra un fondo neutro, de tonalidades azuis, grises e un toque de laranxas. Define o perfil das siluetas das figuras, o cabelo e as faccións do rostro cun trazo negro, mostra do seu bo quefacer na técnica do debuxo. Asinado no a.s.e. Comprada á Galería Citania en 1980.

maza
Maza da Universidade
1601

Maza de prata sobredourada decorada cos escudos universitaros e con catro figuras mitolóxicas aladas no extemo superior. Coroada por unha piña, que é a insignia que representa a autoridade da USC nos diversos actos nos que participa. En 1626 foi reparada por Domingo González de Trabada, prateiro da cidade de Santiago. Presenta unha inscrición: "se retocó en 1815" e outra localizada no óvalo na parte superior que di: "Rl UNIVER/SIDAD/DE/SANTº ". En 2020 foi novamente restaurada polos ourives Julio Lado e Ricardo Rivas grazas a un convenio coa asociación "Ourives de Compostela".

A maza preside as sesións solemnes e un bedel é o encargado de portala diante do reitor.

1601
medalla
Medalla

Consta de dúas pezas: a medalla ou placa e a coroa, á que está aparafusada. Medalla enmarcada por unha orla vexetal a modo de coroa, na que se representa a un bispo, con todos os atributos que corresponden á súa dignidade en actitude de predicación e, xunto a el, uns nenos que poderían significar o conxunto de fieis, aleccionados e guiados pola Igrexa. Non presenta marcas de ningún tipo.

milagrefranciscopaula
Milagre de San Francisco de Paula
José Jiménez Donoso
1601

Nun escenario de impoñentes arquitecturas clásicas, a través das que amosa o artista o seu interese pola perspectiva, ten lugar unha das curacións milagrosas do santo de Paula: aproximadamente no centro da composición, o eremita disponse a sandar mediante a fe, pero a través dunhas herbas que sostén na man, ao mozo ferido que está tendido no chan, representado nun forte escorzo, e que é velado pola muller axeonllada ao seu carón. Unha serie de personaxes completan esta escena principal, e neles o artista recréase na plasmación de actitudes xestuais dramáticas, no traballo dos corpos -destacando a morbideza do neno do primeiro plano-, e das roupas, así como en efectistas posicións escorzadas, como a do personaxe que de costas e en primeiro termo leva unha escaleira. Nº inv. T. 799

1601
johnwafflesolari
Mr. John Waffle
Luis Solari
1995

Gravado regalo da Universidade da Republica de Uruguay á USC con motivo do V Centenario.

1995
mullerlaxeiro
Muller
José Otero Abeledo "Laxeiro"
1960

Figura de busto dunha muller que Laxeiro retrata espida. Centra a atención na mirada da rapaza, ausente, transmitindo unha gran carga psicolóxica e unha sensación de tristeza. Cun debuxo robusto que o pintor entende como algo fundamental do seu traballo, define a contorna tanto do corpo como do cabelo, cun trazo negro que contrasta coas tonalidades rosáceas que emprega no busto da figura, logrando crear unha textura de veludo. A pintura está cargada de materia o que dá a sensación de texturas. Comprado á Galería Citania en 1981. Pegatina no reverso cos seguintes datos: "nº 209, Propiedad Galería Citania Santiago, óleo, muchacha, 50x70

1960
mullernenasruibal
Muller con nenas
Mercedes Ruibal Argibay
1980

Neste gravado, tres figuras dispóñense escalonadas, en primeiro plano o busto dunha nena e inmediatamente tras dela, unha muller cunha meniña en brazos. Dúas pólas flanquean as figuras. Expresionismo lírico, con certo aire de inxenuismo popular. Asinado a. i. d. fóra da prancha, "M. Ruibal" e nº de serie no a.i.e (55/100). Existe outro gravado pertencente a esta mesma serie (nº de serie 94/100) na Colección Caixanova.

1980
mullerorientalmontes
Muller oriental
Jesús Montes Gil
1999

Retrato dunha muller oriental de gran tamaño en branco e negro. O retrato, moi efectista, recorda a unha fotografía.

1999
mullersentada
Muller sentada
Autoría descoñecida
1997
1997
naceunharbore
Nace unha árbore
José Otero Abeledo "Laxeiro"
1952

Unha moi persoal fabulación do autor, na que un grupo de monicreques, con cabalo -sobre o que monta un deles- e vaca incluídos, avanza axitada e caoticamente. Cronoloxicamente incluída no período arxentino, está protagonizada por eses seres guiñolescos característicos de boa parte da produción laxeiriana, facendo con eles neste caso unha particular relectura da figuración picassiana. Asinado no ángulo superior esquerdo coa seguinte inscrición: "BS-1S 1952". No reverso leva unha etiqueta "nº 208/ propiedad Galeria Zitania Santiago, 122*70 óleo, nace un árbore" Comprado pola USC á Galería Citania en 1981.

1952
maternidadecolmeiro
Nai e fillo
Manuel Colmeiro Guimarás
1970

Neste gravado, nai e fillo, en tenra actitude, enchen todo o primeiro termo diante dun fondo apenas esbozado e descrito con concisión. O debuxo, limpo e nítido, baséase no perfilamento dunhas formas rotundas e voluminosas. Asinado dentro da prancha no a.i.e., do revés e de dereita a esquerda "m Colmeiro". Fóra da plancha aparece o número de serie no a.i.e: 55/100, e a sinatura no a.i.d. "Colmeiro". Pertencente á mesma serie, existe un exemplar na Colección Caixanova.

1970
apostolosantiago
O Apóstolo Santiago
Atribuído a Rodrigo de Villandrando
1669

Pintor de cámara de Filipe III, Rodrigo de Villandrano -do que apenas se coñecen datos da súa vida-, destacou como retratista. Neste caso trátase dunha representación do Apóstolo Santiago, seguindo a iconografía de peregrino: vestido coa túnica -na que se poden ver as cunchas, emblema tradicional dos peregrinos-, un zurrón e un bordón de camiñante. Contra o que é habitual, non leva o sombreiro de peregrino senón que se intúe un nimbo, que aludiría especificamente á súa condición de apóstolo. Tecnicamente Villandrando caracterízase por un estilo minucioso e preciso, que denota a influencia dos artistas da xeración anterior como Pantoja de la Cruz e Sánchez Coello -ambos á súa vez debedores do estilo de Antonio Moro-. Villandrando recolle as preocupacións claroscuristas da súa época -o inicio do tenebrismo-, representando unha escena escura, cun foco de luz exterior que incide no rostro e no aceno das mans, co que parece mostrar unha sensación de sorpresa. Emprega unha paleta cromática reducida ás tonalidades marróns e ocres, habitual na súa produción.

1669
santoandre
O apóstolo Santo André
Eugenio Caxés
1574

Santo André, de perfil, retrátase como un home de idade, coa barba e cabelo brancos, e o aceno serio, un ton de gravidade e mesmo monumentalidade, acentuado polo primeirísimo plano no que se representa o Apóstolo. Unha obra de gran calidade, que habería que relacionar co tenebrismo, proporcionándolle a luz un sentido místico, que potencia a expresión de éxtase. Neste sentido, Fernández Castiñeiras (1995, 288) sinala que está máis próximo aos efectos claroscuristas da escola veneciana que aos de Caravaggio e os seus seguidores. O fondo neutro, a austeridade da túnica e mesmo a gama cromática apagada, inciden na esencialización do personaxe e na eliminación de calquera detalle superfluo. A técnica que emprega, de pincelada solta e libre, case de bosquexo, intensifica a sensación de verdade que a obra despide.

1574
santoandre
O apóstolo Santo André con túnica amarela
Atribuído á escola de Miguel March
1601

A obra representa o apóstolo Santo André. Aínda que non se pode afirmar a súa autoría, atribúese ao círculo de Miguel March, pintor valencián (1633-1670), influenciado por José de Ribera, o que queda patente no tenebrismo da imaxe. O apóstolo está representado de medio corpo coa cabeza lixeiramente ladeada; a figura recórtase sobre un fondo neutro, negro, no que apenas se distingue a inscrición que o identifica; unha luz directa ilumina o personaxe enfatizando as súas faccións. Santo André represéntase como un ancián, barbado e cun aceno de tristeza, patente na súa mirada e na posición da man que leva no peito, mentres que coa outra sostén un libro.

1601
Pedro Sanz Pedrero
Pablo Sanz Pedrero
Felipe Criado Martín
1978

Con Pablo Sanz Pedrero (1921-2004), que foi reitor entre 1975 e 1978, é cando a Reitoría é situada no antigo Colexio de San Xerome, tralas pertinentes obras de acondicionamento. Tal reutilización deste antigo espazo colexial forma parte dun proceso de ampliación da Universidade galega, tanto en Compostela como no resto de Galicia.

A data do seu retrato, 1978, coincide coa conclusión do seu mandato e faise para estar no Colexio de San Xerome, na súa condición de Reitoría. Está asinado por Felipe Criado. Preséntao sedente, distinguido coa medalla de reitor e, no seu caso, atendendo aos estudos propios da súa cátedra. Os puños da súa toga son de cor morada, correspondente a Farmacia.

1978
paisaxepousa
Paisaxe
Xavier Pousa Carrera

A paisaxe foi un dos xéneros maiormente cultivados por Pousa. A panorámica do río vén determinada pola peculiaridade atmosférica da brétema, que matiza as suaves entonacións dunha gama cromática baixa por medio dunha luz branquecina e fría, á vez que difumina toda a vista. A paisaxe convértese nun conxunto de sensacións. Asinado a. i. d. Comprado á galería Citania en 1981.

Paisaxe
Xosé Telmo Lodeiro Fernández
1973

Trátase dunha paisaxe na que o máis salientable é a reducción xeométrica das formas e a composición sinxela e clara. O efecto de profundidade obtense principalmente polo contraste cromático entre o primeiro plano escuro e os outros, máis luminosos. A sensación acentúase pola situación da liña de horizonte baixa, que provoca unha rápida fuga ata o último termo.

1973
paisaxelodeiro
Paisaxe
Xosé Telmo Lodeiro
1970

Lodeiro concibe a paisaxe dun xeito moi particular e persoal, imprimíndolle un selo característico. Parte dun elemento recoñecible: as montañas, pero o que fai é sintetizalo, ata reducilo a formas xeométricas que tenden á abstracción. O protagonista da paisaxe é o tratamento que outorga á luz, neste caso clara, dando a impresión dun amencer e a cor: configura a paisaxe con bandas de cor, gradacións cromáticas na gama dos vermellos. Asinado no a.i.d: "LODEIRO/70 Inscrición no reverso: "LODEIRO-70/PAISAJE"

1970
paisaxevirxilio
Paisaxe
Virxilio Fernández Cañedo
viuvasperezbellas
Paisaxe - Viúvas
Agustín Pérez Bellas

Este debuxo mostra a presenza de catro mulleres no primeiro termo de apariencia certamente fantasmagórica. A paisaxe é igualmente tétrica, como unha paraxe desértica concibida en expresivas ondulacións. Expresionismo crítico, crú e denunciador, potenciado pola gama cromática reducida ao branco e negro, emparentándose coas pinturas negras de Goya. Asinado a. i. d "A 68 Pérez Bellas". Tamén coñecido como "Viúvas"

paisaxecampodans
Paisaxe de campo
Mª Antonia Dans Boado
1960

Paisaxe campestre na que a artista aproxímase de xeito doce, débeda da súa influencia naïf. Compón o cadro a base de liñas horizontais; en primeiro termo unha franxa de vexetación, seguida doutra que é un camiño. Centra a composición unha escena campesiña na que vemos o labrego regresando á súa casa tras recoller a herba seca que transporta nun carro. Tanto a perspectiva coma a cor amarela conducen a este elemento central; en último termo o ceo plúmbeo. Decántase por empregar unha paleta cromática suave a base de cores verdes e ocres. Asinado a. i. e.

1960
paisaxeriodans
Paisaxe dun río
Mª Antonia Dans Boado
1976

O mundo do mar está moi presente ao longo da obra de Mª Antonia Dans; neste caso amósanos unha paisaxe na que representa en primeiro termo un campo, no medio do cal ábrese un camiño que conduce a un paseo fluvial. Ao fondo aparece un río, navegado por tres barcos. Dans aproxímase á paisaxe cun certo aire "naïf", inxenuo, no que as cores son vivas, alegres, destacando verdes e amarelos. Asinado e datado a. i. d. "dans 76"

1976
sanchezboado
Pedro Sánchez Boado
Autoría descoñecida
1801

Retrato do catedrático Pedro Sánchez Boado; este represéntase sentado e vestido cunha túnica negra que deixa entrever no colo unha camisa branca. A mesa e a cadeira contribúen a lograr a sensación de espazo, no que a luz provén do exterior a través dunha ventá -que tan só se intúe-. O retratado está en actitude de escribir, que abandona por un instante para mirar cara a fóra; nunha man sostén a pluma coa que está a escribir e coa outra sostén un libro. Sobre a mesa vemos a cinta de colexial vermella e outro libro que fan referencia ao labor desempeñado polo retratado. A luz fría, as carnacións e o feito de que o perfil da figura estea perfectamente recortada contra o fondo remiten claramente a unha estética neoclásica. Lenda: "PTRUS/SANCHEZ BOADO/ CANON. COMPOST. THEOLOG./ ORAT. POLEMICUS, IN OMNIBUS/ DOCTISSIMUS".

1801
perfilvaldes
Perfil
Manuel Valdés
1997

A obra de Manolo Valdés está ligada á figuración. Ao longo da súa produción en solitario unha vez disolto o Equipo Crónica, decantarase pola reinterpretación de iconas, imaxes significativas da historia da arte que Valdés descontextualiza, desde o Renacemento ata as Vangardas, pasando pola pintura española do Século de Ouro, da que lle interesa sobre todo Velázquez, ademais doutras figuras como Rembrandt ou Manet. Neste caso atopámonos cun gravado no que toma o retrato dunha muller, de perfil, que evoca a pintura do Quattrocento italiano. Sobre esa base o autor vai variando o fondo, o tocado e mesmo texturas. Asinado a. i. d. "M. Valdés" e número de serie no a.i.e. 41/50. Inscrición no reverso "TO THE RECTOR OF THE UNIVERSITY OF SANTIAGO DE COMPOSTELA MR./ AND HONORABLE DARIO VILLANUEVA. WITH GRATITUDE./ NEW YORK- 1997, U.S.A./ Musical Director/Yukako Tarumi (sinatura)/Trustee Director/José Carlos Bergantiños/"

1997
personaxescastillo
Personaxes e animais
Jorge Castillo Casalderrey
1995

O gravado é unha importande faceta da produción deste artista. Ecos surrealistas e oníricos na serie de motivos diversos -figuras híbridas, paxaros, un avión, etc- que se conxugan nun espazo neutro, animado por definidas e illadas manchas de cor (amarelo, vermello e azul) que resulta, cando menos, inquietante. Asinado a. i. d "CASTILLO 95". Número de serie a lapis e fóra da prancha no a.i.d 1/75. Un gravado P.A. (prueba de autor) existe na Colección Caixanova, co título "Personajes y animales".

1995
piedadequessada
Piedade
Xaime Quessada
1960

Dentro da ampla produción de Xaime Quessada, na década dos 60 elabora unha serie de obras agrupadas xenericamente baixo o título de "Serie Negra" dentro da cal inclúese esta "Piedad". Seguindo o influxo dos seus mestres Goya e Picasso, Quessada utiliza a arte como instrumento de denuncia dunha época de gran conflitividade sociopolítica: repulsa contra a guerra, o fascismo ou o holocausto. Nesta pintura política, o recordo do "Guernica" é evidente; tanto o berro de dor e medo da protagonista como a técnica, caracterizada por un debuxo moi xeométrico que constrúe a figura a base de sólidos perfís e con distintos planos xeométricos, son débedas picassianas. A escena transcorre nun espazo interior, desolado e nocturno que acentúa a traxedia, claroscuro que debe da súa aprendizaxe dos maestros Rembrandt, Goya e Picasso. Serie Negra é, por tanto, consecuencia do compromiso artístico de Quessada, reflexo das experiencias vividas polo artista e do contexto da época na que foron realizadas. Asinado a. i. d. "Quessada" No reverso: "49 depós..."

1960
san xerome
Portada do Colexio de San Xerome - Reitoría
século XVI

Esta portada procede do Hospital Vello, sito na Acibecharía, que se utilizará tamén para tarefas colexiais auspiciadas por Alonso III de Fonseca. En 1522 a súa advocación é a do “Glorioso Apóstolo Santiago o Maior” quen se presenta a un lado desta portada, tendo á súa beira a Xoán Evanxelista, o seu irmán, e a Francisco de Asís. Enfronte están Pedro, Paulo e Domingo de Guzmán.

As armas dos Fonseca, termadas por un anxo, valen como asento á figura da Virxe, que centra o tímpano entre o arcanxo Miguel e santa Catarina. Na arquivolta, culminada por unha representación de santa Ana, tamén se representan as santas María Salomé, María Cleofás, María Magdalena e Lucía, ademais de doutores -Xerome, Agostiño, Gregorio Magno e Ambrosio- e de diáconos -Lourenzo e Estevo-. O nome de Colexio de San Xerome será o que teña a partir de 1555.

porticovidalabascal
Pórtico
Enrique Vidal Abascal
1972

Escena de xénero na que o autor sitúa a un grupo de figuras, rapazas, sentadas nas escaleiras situadas diante da fachada de Praterías da catedral compostelá. Este é un cadro de ambiente popular no que dá a impresión de que hai unha certa comuñón estética entre o que é a románica portada catedralicia e ese sedente grupo de mulleres. As figuras foron concibidas de forma elemental pero rigorosa. Do cromatismo destacamos o dourado característico do pintor. Respecto da técnica, o cadro está traballado con pinceis e con espátula, resultando unha obra moi texturada nas figuras e nos elementos arquitectónicos; trazo libre, de tipo expresionista. Inscrición no reverso (na parte superior do bastidor e no travesaño) "Portico" Asinado no a.i.d."Vidal Abascal".

1972
postasoltome
Posta de sol
Xosé Miguel Tomé
1997

Obra tendente á abstracción na que Tomé se decanta pola pintura cargada de materia. De aí que esta destaque por ter moita textura. Emprega unha técnica mixta na que mestura a pintura acrílica con serraduras e labras de madeira. O tema, unha posta de sol, está suxerido por unha gran mancha circular laranxa. O sol estase a poñer no horizonte sobre o mar e o artista separa esa liña non só mediante a cor senon tamén pola pincelada, máis cargada de materia na parte inferior ca na superior. Asinado a. s. d. "X.M. Tomé"

1997
presentacionvirxe
Presentación da Virxe no templo
Autoría descoñecida da escola sevillana
1601

Habitual iconografía do tema da presentación da Virxe no templo, onde é levada polos pais San Xaquín e Santa Ana, que agardan que a nena suba, non sen dificultade, pola escenográfica escaleira, mentres o Sumo Sacerdote, acompañado dunha das virxes do templo, espera para recibila na cima da mesma.

1601
raíz
Raiz de árbore tallada
Autoría descoñecida
Dinastía Qing (XIX)

Raíz de árbore (mandrágora?) tallada. Realizada en dúas pezas unidas por espigos. Nun dos extremos vemos a cara dun home con barba. Peza situada no cadeirado dereito do salón de graos de San Xerome. Forma parte do coñecido como Gabinete de Curiosidades creado en 1841 como elemento complementario da cátedra de Historia Natural.

Ramón María Aller
Ramón María Aller Ulloa
Francisco Asorey
1960

O busto de Ramón María Aller (1878-1966) -catedrático extraordinario de Astronomía da Universidade de Santiago desde 1949- é obra póstuma, tanto no relativo ao personaxe representado como a quen o concibe. Trátase da reutilización dun modelado feito por Francisco Asorey “con motivo da preparación da estatua de Aller que, unha década antes, fora realizado para Lalín”. A fundición desta cabeza é, pois, propiciada polo reitor Echeverri quen encomenda esta obra para a inauguración do curso 1967-1968. Este busto estivo inicialmente “...sobre un pedestal provisional situado na antesala reitoral...” (R. Otero Túñez, 1970, p. 294).

1960
Ramón Villares
Ramón Villares
Rogelio Puente
1990

Ramón Villares naceu en Cazás (Lugo) en 1951. Foi reitor entre os anos 1990 e 1994. Selecciónase o pintor hiperrealista Rogelio Puente (1936-1996) para facer o seu retrato. Elixe para a ocasión o claustro do que foi edificio central da Universidade e que actualmente é Facultade de Xeografía e Historia, na que este catedrático de Historia Contemporánea foi tamén decano (1986-1990). Está de pé, vestido como reitor, coa súa medalla no peito e portando na súa destra as luvas brancas e a negra barreta, propia do cargo. Na outra man leva un libro, dándolle a súa condición de historiador contido ao xesto. Estamos ante un dos últimos pacientes traballos dun dos máis destacados expoñentes do hiperrealismo na pintura de Galicia.

1990
mate
Recipiente de mate
Autoría descoñecida
1880 - 1890

Mate con bombilla. Doazón de dona Elvira Ares y Parga (Ferrol) cara finais do século XIX (1880-1890) para o Gabinete de Curiosidades da Universidade, creado en 1841. Neste caso, o recipiente é tradicional, feito de cabaza no que se talla a decoración externa, aínda que é particular na súa forma con asa de cabaza. A bombilla, a boca e o pé do recipiente están feitas en prata.

reloxoparede
Reloxo de parede
Autoría desconocida
1701

Inscrición na esfera: "Boisson à Castelnaude" Escena do péndulo: representa un espectáculo circense, un exercicio con cabalo e xinete, aínda que a figura do xinete está perdida.

1701
reloxoesmaltado
Reloxo de peto esmaltado
ca. 1645

Reloxo de peto de metal e porcelana esmaltada. Decorado no exterior cos retratos de Filipe IV e o príncipe Baltasar Carlos de Austria e no interior cunha infanta. Está documentado como da época de Filipe IV (1621-1640). Gardado na vitrina dereita do cadeirado do salón de graos de San Xerome. Forma parte do Gabinete de Curiosidades creado en 1841.

retabloreitoria
Retablo
Autoría descoñecida
1601

Segundo unha referencia bibliográfica, este retablo do Salón de Graos de San Xerome dátase ao redor de 1640, e procede dunha igrexa da comarca de Silleda en Pontevedra. O atril que se encontra na mesma sala diante do retablo é claramente un sagrario reutilizado, xunto con outras partes do retablo. En ambos lateriais do sagrario se encontran dúas inscricións feitas pola mesma man que cremos están feitas en 1975 e din: "Se hizo este altar en 1669" (lado esquerdo) e "se adaptó y restauró en 1975" (lado dereito).

1601
riomiñodedios
Río Miño
Xosé Luís de Dios González
1986

Xosé Luís de Dios representa neste gravado unha escena mitolóxica titulada "Río Miño". O río vémolo no primeiro termo, sulcado por pedras, peces, pólas... A referencia a Galicia está tamén presente no centro da composición onde aparece un gaiteiro. Á esquerda o busto dun home coroado por un ramallo de loureiro, ao outro unha muller espida acompañada por un neno durmindo. Cara o fondo xorden unha serie de personaxes e árbores que completan e enmarcan a escena. O resultado é unha escena irreal invadida por un "horror vacui", na que o autor deixa patente as súas características: a importancia do debuxo, de trazos expresivos, que xunto coas sobras dotan a imaxe dun gran pictoricismo. Asinado no a.i.d. "dios ,86". Nº de serie: 55/100

1986
rockeirobonome
Rockeiro
Manuel Bonome Abeledo
2000

A produción escultórica de Bonome está marcada pola súa aprendizaxe no obradoiro paterno, o que lle achegará un profundo coñecemento da materia coa que traballa: a madeira. Vemos aqui unha talla deste material na que representa a figura dun rockeiro; trátase dunha figura de gran expresividade patente no rostro ou nas mans. Bonome traballa directamente sobre a madeira coas gubias, de ahí a plasticidade lograda. É unha peza feita a escala menor do natural, característica do autor que foxe do canon grande. Asinado na fronte da base "M. Bonome" Arquivado documento de doazón do autor á Universidade (2001), no que se valora a peza en 2.000.000 ptas.

2000
figuraromanasouto
Roma - Figura no estanque
Arturo Souto
1934

Obra de Arturo Souto coñecida polos títulos de "Roma" ou tamén "Figura no estanque". Foi mercada pola USC á galeria Citania en1981. Asinada no ángulo inferior dereito: "Souto".

1934
rostrodemuller
Rostro de muller
José Otero Abeledo "Laxeiro"
1984

Neste gravado, Laxeiro amosa as súas capacidades para o debuxo; con el compón a obra na que sitúa o rostro dunha muller cortado á altura do busto sobre un fondo neutro, raiado, que lle serve para dar unha sensación de espazo. A liña configura a composición non só no fondo senón tamén para a representación das faccións do rostro, no que consegue transmitir a sensación de tranquilidade e serenidade. Asinado e datado a. i. d. Gravado na prancha (vemos a sinatura do revés) "Laxeiro 1984"

1984
sanfranciscohevia
Rúa de San Francisco en Santiago
Segundo Hevia
1998

Esta acuarela de Segundo Hevia ten un carácter de crónica da realidade. A súa obra, sempre figurativa, supón a esencialización da fidelidade a un modelo, neste caso amósanos a vista da Rúa de San Francisco coa Facultade de Medicina e a Igrexa de San Francisco. Xunto coa paisaxe urbana, Hevia concédelle importancia á anécdota, aquí representada polos bidóns e neumáticos cos que salpica tanto o primeiro termo do cadro coma o último. Fronte as súas mariñas, nas que se decanta por unha gama cromática máis suave, nas paisaxes urbanas como esta introduce un maior cromatismo e unha maior luminosidade. Asinado no a.i.e. "S. Hevia. 98". Inscrición no reverso do autor " RUA DE SAN FRANCISCO-SANTIAGO/S.HEVIA"

1998
ruavilarmatas
Rúa do Vilar
Manuel Matas García
1990

Na década dos 90, Manuel Matas comeza a traballar na serie Perspectivas Urbanas de Galicia que presentaría nunha exposición no Colexio de Fonseca de Compostela. As protagonistas son visións aéreas, perspectivas ou rúas, -como neste caso que nos presenta a Rúa do Vilar coa Torre do Reloxo no fondo-. Desde unha óptica realista e cunha depurada técnica, Matas amósanos un recanto evocador da Compostela monumental que denota a súa admiración e influencia por Canaletto, o romántico galego Cancela ou os impresionistas franceses. Busca tamén a captación do ambiente, da atmosfera, e aquí recolle unha visión do amencer de luz clara. O resultado final pretende non ser só un cadro realista, senón que o pintor busca trasmitir a sensación de nostalxia e suxestións. Asinado no a.s.e. : "M. Matas"

1990
Salón Graos San Xerome
Salón de Graos do Colexio de San Xerome

Esta sala rectangular, disposta na planta baixa dun edificio colexial, tivo como primeira función a de ser, a partir de 1665, unha capela á que asistían os vinte e catro colexiais aquí residentes presididos por un vicerreitor. Entre 1735 e 1745 faría as funcións propias para a consecución de graos, algo que previamente se facía na Catedral, na chamada capela de don Lope de Mendoza.

O colexio é suprimido como tal en 1840 e é agregado á Universidade, o que o levou naquel momento a quedar baleiro. No ano 1849, por Real Orde, créase a Escola Normal Superior da Universidade Literaria de Santiago, o que levará a que esta planta baixa se reservase ao ensino de nenos, en tanto que os estudos de Maxisterio se facían na primeira planta.

Ao converterse en 1975 en Reitoría, a este espazo outórgaselle a función de Sala de Claustros. Isto levou a incorporar a este lugar a recreación dun retablo e ambón, á colocación do cadeirado reitoral e a completalo con distinto mobiliario: esculturas, pinturas, vidreiras e alfombras. Desde os anos 1979-1980 denomínase Salón de Graos.

rosaviterbo
Santa Rosa de Viterbo
Alonso del Arco
1652

Este lenzo de Alonso del Arco, pertencente á escola barroca madrileña do século XVII, representa a Santa Rosa de Viterbo. A Santa, descalza e de pé sobre uns libros, viste unha austera túnica marrón, co cordón de tres nós, é dicir, o hábito franciscano. Con longa cabeleira solta, xira a cabeza mirando cara o ceo. Leva na man esquerda un crucifixo e sobre ela un anxo e multitude de rosas caendo que fan referencia ao convento de Santa Maria das Rosas no que a santa quixo entrar pero non foi aceptada e tamén ao convento de Santa Rosa, antigamente de San Damián, no que descansa o corpo da santa. Na parte inferior esquerda hai unha escena da vida de pequenas dimensións, protagonizada pola santa, coa mesma iconografía, e que semella unha aparición milagrosa. A fogueira sobre a que se aparece a santa, pode facer alusión ao incendio ocorrido na igrexa na que fora enterrada e que segundo a tradición a penas danou o xa seu incorrupto corpo.

1652
santateresa2
Santa Teresa
José Alcázar Tejedor
1884

A escena representa a Santa Teresa sentada nuns chanzos, en estado de ensimesmamento, tras pasar por un dos seus episodios místicos, cun libro nunha man e un crucifixo na outra. Con todo, debe notarse que máis alá da experiencia da santa, hai un manifesto interese na recreación histórica e ambiental do espazo, que comparte protagonismo coa relixiosa abulense. A arquitectura dese interior no que ten lugar a escena é sobria e mesmo adoece dunha certa frialdade pétrea; destaca a precisión coa que describe o libro e o fragmento da mesa do primeiro termo, o bastidor de bordar disposto diante da santa e mesmo a pintura mural que se estende na parede do fondo. A obra está asinada e datada no ángulo inferior dereito ("Alcazar Tejedor/ Roma 1884")

1884
tomeaquino
Santo Tomé de Aquino

Talla en madeira dourada e policromada, representa a Santo Tomé de Aquino, sostendo unha arquitectura, unha igrexa na man dereita. O hábito dourado e policromado. Moi bo traballo dos pregamentos da roupa. Mercado pola USC a don Juan Jiménez Borja en 1997 por 475.000 pesetas.

sentitulolugris
Sen título
Urbano Lugrís González
ca. 1940

Unha moi persoal concepción dun bodegón ou dunha natureza morta, dentro do universo de Urbano Lugrís. Asinado a. i. d.

sentitulosucasas
Sen título
Alfonso Sucasas Guerra
1970

Escena de interior, intimista que transcorre nunha habitación na que vemos a dúas figuras, un home sentado sobre a cama e a muller que se está a mirar no espello. Característica da obra de Sucasas é a figuración, illada ou en grupos. Son figuras rotundas, voluminosas compostas con liñas curvas que aquí se contrapoñen coas liñas rectas que lle serven para a construción do espazo: a cama, o espello, o cadro ou o crucifixo e o interior da habitación. Aínda que a súa produción entróncase dentro do expresionismo, ecos post-cubistas están presentes nesta obra, visible nos rostros xeométricos das figuras. Comprado á Galería Citania no 1981. Asinado no a.i.d.: "SUCASAS-70"

1970
retratohomesucasas
Sen título
Alfonso Sucasas Guerra
1970

Escena costumista, na que vemos a un home sentado á mesa dunha taberna cunha cunca e unha xerra de viño. Impresión de serenidade, conxugada cunha lixeira expresión atónita do personaxe. Os ecos cubistas e cézannianos fúndense nun persoal expresionismo. Comprado á galería Citania en1981. Asinado a. i. d. "SUCASAS"

1970
sentituloabelenda
Sen título
Alfonso Abelenda Escudero
1960

Obra de tendencia abstracta na que Abelenda parece recrear unha vista dunha das súas paisaxes de cidades características; pero esta queda reducida a unha simplificación dos elementos formais. Así, o que serían as siluetas dos edificios e chemineas quedan reducidas a sinxelas formas. Cada un destes elementos están perfectamente debuxados e individualizados. Pero, sen dúbida, o que máis chama a atención na obra é a cor, explosiva e vivaz, que reflexa a súa influencia expresionista. Asinado a. s. e "abelenda". Adquirido na Subhasta Millenium a beneficio de Cruz Vermella; ten unha tarxeta no reverso con datos da autoría, técnica e precio de saída: 25.000 pts.

1960
sentitulomonsecea
Sen título
Montse Cea
2000

Collage, mestura de diversos materiais: pastel, acrílico e recortes de fotografías pegados. A cor predominante é un rosa violácea, e os elementos recortados son fotografías en branco e negro. Así mesmo, hai texto escrito en toda a obra.

2000
sentituloeduvaliña
Sen título
Eduardo López Valiña
1999

Obra feita con materias procedentes do campo, do medio rural que o autor descontextualiza e coloca no formato de cadro e usa como soporte da policromía. Trátase de herbas secas e logo pintadas. As cores en degradación de verdes e ocres. Inscrición no reverso no a.i.e. "López Valiña 99".

1999
sentitulotome
Sen título
Xosé Miguel Tomé
1980

Dentro da súa produción, Tomé aborda durante un período no que reflexiona sobre a existencia humana; sen embargo, esta está tinguida dun sentido catastrofista e de angustia que parece claro nesta obra. Nela, aínda que se achega sen dúbida á abstracción, vemos certas formas que recordan a figura humana, pero que se representa sen rostro, sen forma definida, deshumanizada. As cores, reducidas a tons grises e negros, acompañan esta sensación creando unha atmosfera irreal. Asinado no a.i.e. "X.M.Tome". Inscricións no reverso do nome e varias direccións e teléfonos.

1980
hixienicoscidras
Serie "Hixiénicos"
Salvador Cidrás Robles
1995

Liñas sinuosas ordenadas a modo dunha pegada dixital aumentada no microscopio ou recreando o veteado da madeira, que quedan cortadas polo límite do cadro. Pertence á serie "Hixiénicos. Nesta serie transcribe o veteado da sección da madeira como pegada da memoria. Outra peza da mesma serie, co nº 11 consérvase na Colección Caixanova. Asinado no a.i.d. "SC"

1995
tabaqueira
Tabaqueira de marfil
Autoría descoñecida
século XVIII

Caixa de rapé de prata e marfil decorada en relevo nun lado con motivos florais e no outro cunha batalla. Asinada no pé: "MFF Fecit". Gardada na vitrina dereita do cadeirado do salón de graos de San Xerome. 

tabaqueiralobulada
Tabaqueira de marfil lobulada
século XVIII

Caixa de rapé de prata e marfil decorada minuciosamente en relevo nun dos lados coa escena bíblica de Esther e Amán e no outro con motivos florais e xeométricos. Gardada na vitrina dereita do cadeirado do salón de graos de San Xerome. 

timongaivota
Timón e gaivota
Urbano Lugrís González
1901

Representa elementos mariños, un timón cun paxaro enriba e un ollo no centro. Abaixo, unha lenda que pon "ojo y buen tiempo", aconsellando aosmariñeiros. É unha pintura mural despegada e enmarcada.

1901
torsomendez
Torso
Jesús Méndez
1999

Peza de granito silvestre tallado que representa un torso espido. Tecnicamente, o autor xoga con zonas do granito moi pulidas e zonas sen traballar. Nun lateral, unha marca que representa un arco de medio punto.

1999
traslacionapostoloubeda
Traslación do Apóstolo Santiago
Rafael Úbeda Piñeiro
1980

Reinterpretación en clave cubista da tradicional escena xacobea da Traslación do Apóstolo. Fronte a xeométrica e facetada descomposición do espazo, cabe salientar o expresionismo que reserva para a figuración, con rostros de rasgos primitivistas, concibidos algúns como auténticas máscaras, con violentos contrastes de luz e sombra. Asinado no a.i.e.: "Rafael Úbeda"

1980
vara
Vara do Mestre de Cerimonias
Autor desconocido
1833

Vara sinxela de prata que ten na súa parte superior unha man dereita co índice levantado. Da man tallada sae un canón cilindrico liso interrompido en sete partes mediante leves toros. Non posúe punzóns nin marcas. No arquivo da Universidade consérvase un cartafol de 1833 no que figura a encomenda da vara de prata para o mestre de cerimonias e outra escribanía de prata especificando que para facela fundíronse diversos obxectos de prata.

1833
xerrarinoceronte
Vaso de corno de rinoceronte 1
Dinastía Quing (XVIII-XIX)

Vaso chinés realizado en corno de rinoceronte esculpido con motivos de polbos. Forma parella con outro vaso similar, acubillados os dous nunha vitrina no cadeirado do salón de graos de San Xerome. Forma parte da colección coñecida como Gabinete de Curiosidades creado en 1841. 

xerrarinoceronte2
Vaso de corno de rinoceronte 2
Autoría descoñecida
Dinastía Quing (XVIII-XIX)

Vaso chinés realizado en corno de rinoceronte esculpido con motivos de polbos. Forma parella con outro vaso similar, acubillados os dous nunha vitrina no cadeirado do salón de graos de San Xerome. Forma parte da colección coñecida como Gabinete de Curiosidades creado en 1841.

vasocontapa
Vaso de marfil con tapa
século XVIII

Vaso con tapa decorado en relevo con cupidos. Copia dos xerróns de Villa Medici. Gardado na vitrina dereita do cadeirado do salón de graos de San Xerome. Forma parte do Gabinete de Curiosidades creado en 1841 como elemento complementario da cátedra de Historia Natural.

vendimavirxilio
Vendima
Virxilio Fernández Cañedo
1980

O tema da vendima é frecuente nas obras de Virxilio. Neste gravado, o autor compón unha escena na que contrapón o carácter austero e autoabsorbido das mulleres de carácter popular campesiñas, cos panos á cabeza, que están a recoller a uva, coa sensualidade da muller espida do primeiro termo -recurso tan empregado ao longo da historia da arte que neste caso parece recordar as obras de Matisse que o artista galego coñecería na súa estadía en París-. O gravado pon de manifesto as extraordinarias cualidades de Virxilio para o debuxo, neste caso minucioso, de trazo sinxelo e curvilíneo. Asinado a. i. d. "Virxilio" e número de serie no a.i.e. 55/100. Tinta cor sepia

1980
vidreira3
Vidreira 3
vistasantiagosuarez
Vista de Santiago
Suárez Ferreiro

Paisaxe da cidade de Santiago de Compostela, unha vista típica da arquitectura e urbanismo da cidade histórica dende a Alameda, así como a atmosfera de humidade a brétema e o ceo grisáceo. O pintor utiliza moita textura e usa tons pastel, recordándonos certas obras impresionistas. Asinado a. i. d.

xerracobre
Xerra de cobre
Escola de Bevenut
ca. 1750

Xerra en cobre fundido, con decoración en relevo que representa o episodio histórico lendario do rapto das Sabinas. A asa ten forma de figura feminina e ten un cabuxón no que parece faltar unha pedra incrustada. Está situada na vitrina dereita do cadeirado do salón de graos de San Xerome. Forma parte do Gabinete de Curiosidades creado en 1841 como elemento complementario da cátedra de Historia Natural.

 

xerracristal
Xerra de cristal de rocha
Autoría descoñecida
ca. 1650

Xerra de cristal e bronce de base campaniforme, profusamente decorada con motivos vexetais. Forma conxunto cunha cunca e unha bandexa, tamén de cristal, e está datada en tempos de Filipe IV (1604-1665). Está situada na vitrina esquerda do cadeirado do salón de graos de San Xerome e forma parte do Gabinete de Curiosidades creado en 1841. 

378
397
398
399
400
401
402
403