Fotografía de formato ovalado do que foi insigne médico e reitor da universidade compostelá, promotor do campus universitario sur.
O autor, antigo alumno da USC, fai unha interpretación do cadro de Velázquez, situando o grupo pictórico na Alameda de Santiago de Compostela coa catedral no fondo.
Escudo dos Fonseca coas cinco estrelas feito en madeira dourada e policromada. As cinco estrelas, en relevo.
Representa unha vila de mar. Barcos en primeiro plano e casa no fondo. O autor utiliza cores terras e azuis; traballa a textura a base de espátula.
Representa unha fonte entre vexetación. Traballado con bastante textura a base de espátula.
Represente en primeiro plano árbores da Alameda de Santiago de Compostela coa Igrexa do Pilar no fondo. Traballado con moita textura usando a espátula.
Vemos unha árbore en primeiro plano, despois mar ou mesmo un río; no fondo, unha montaña. Pintado en tonos verdes.
Paisaxe que representa un lago ou río cun pequeno embarcadoiro en primeiro plano con tres barcas. No fondo, arquitectura e barcas.Tonos ocres e grises