Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
Volver ás localizacións
Colexio Maior San Clemente (10)
  • A-ZCRONOL.
Campus Santiago
Facultade de CC da Educación: 5
Facultade de Económicas e Empresariais: 107
Facultade de Química: 11
Facultade de Filoloxía: 7
Biblioteca Concepción Arenal: 1
Facultade de Dereito: 83
Capela: 1
Facultade de Filosofía: 1
Colexio Maior Fonseca: 6
Facultade de Medicina: 41
Colexio Maior Rodríguez Cadarso: 8
Facultade de Xeografía e Historia: 94
Colexio de San Xerome Reitoría: 163
Colexio Maior San Clemente: 10
Facultade de Bioloxía: 4
Facultade de CC Políticas e Sociais: 13
Facultade de Farmacia: 9
Facultade de Física: 1
Facultade de Matemáticas: 11
Facultade de Psicoloxía: 12
Campus Lugo
Biblioteca intercentros: 1
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría: 7
Facultade de Ciencias: 1
Facultade de Formación do Profesorado: 7
Pazo Montenegro Vicerreitoría: 12
Vicexerencia: 1
Outras localizacións
Casa dos Catedráticos - Campus Sur: 1
Centro de Estudos Avanzados Finca Vista Alegre: 1
Casa da Balconada: 53
Casa da Concha: 23
Arquivo histórico: 4
Igrexa da Universidade ou da Compañía: 49
Colexio ou Pazo de Fonseca: 30
Gardería: 1
Almacenado ou retirado: 3
betanzosquessada
Betanzos (ponte vella)
Xaime Quessada

Aínda que a obra gráfica de Quessada está fortemente vencellada ao seu compromiso político, aquí encontrámonos cun gravado que ten como protagonista a vila de Betanzos; en concreto, a vista da Ponte Vella -orixinal do século XIII aínda que con remodelacións no século XVI formado por cinco arcos de medio punto- situado por enriba da ría, á beira da cal sucédense as arquitecturas tradicionais da vila. O gravado está feito a base de tonalidades azuis, grisáceas e verdes, e xoga coa técnica para crear a sensación de acuarela, buscando os relfexos na auga. Asinado no ángulo inferior dereito e, debaixo da sinatura, o título da obra. No lado esquerdo o numero de tirada: 41/175.

debuxo1seoane
Debuxo 1
Luís Seoane
1944

Da etapa inicial de Luís Seoane é este debuxo no que se representa a dous homes sentados sobre rochas. Trátase dun debuxo de gran sinxeleza pero que serve para amosar a destreza do autor nesta técnica e algunhas características que estarán presentes ao longo da súa produción: a solidez das figuras, a sinxeleza da composición e o gusto polas formas redondeadas, liña curva coa que crea o perfil das figuras. Na parte superior dereita, asinado polo autor e na esquerda, a data.

1944
debuxo2seoane
Debuxo 2
Luís Seoane
1943

Dentro da etapa inicial de Seoane inclúese este debuxo no que se representa a dúas mulleres; á dereita, unha muller sentada sobre unha rocha e, á esquerda, outra que parece máis nova, espida con árbores detrás. O tema da muller convertirase na icona da representación de Luís Seoane, como homenaxe á muller campesiña galega. Trátase dun debuxo de gran sinxeleza pero que serve para amosar a destreza do autor nesta técnica e algunhas características que estarán presentes ao longo da súa produción: a solidez das figuras, a sinxeleza da composición e o gusto polas formas redondeadas, liña curva coa que crea o perfil das figuras. Asinado no ángulo inferior esquerdo. No lado dereito, a data.

1943
lavandeira
Lavandeira
Fraga

Gravado que representa unha muller lavando no rio. Tons azuis, verdes e ocres.

mariñá
Mariñá
José María de Labra Suazo

Representa o rostro dunha muller con pano na cabeza destacando a cor azul deste e, sobre todo, a dos ollos, xa que o resto resólvese nun cromatismo escuro e apagado (vestimenta negra e fondo gris). A muller, serena, captada cun realismo enérxico, reviste un enigmático atractivo, conferido pola profunda mirada e polo sorriso bosquexado. Asinado na prancha no ángulo inferior dereito. Fóra da plancha, no lado esquerdo, o número de tirada: 64/175 e, no dereito, o título.

mariñeiro
Mariñeiro
Francisco Creo Rodríguez

Ao longo da produción da obra de Francisco Creo, a temática vinculada á representación de traballos característicos da súa terra é habitual. Neste gravado, o protagonista é un mariñeiro na barca suxeitando o que parece ser un aparello de pesca coas mans. Gran debuxante, perfila con trazo negro a silueta da figura e da barca, e aplica a cor a base de grandes manchas; as tonalidades son cálidas a base de ocres e azuis que contrasta co negro da barca. Asinado no lado dereito. No lado esquerdo, o número de tirada: 115/195.

vagabundoseoane
O vagamundo atónito
Luís Seoane
1944

Realizado na primeira etapa de Luís Seoane é este debuxo no que representa a un vagabundo, un home deitado que apoia o cóbado nunha pedra, ten o bastón diante del, pousado no chan. Trátase dun debuxo de gran sinxeleza pero que serve para amosar a destreza do autor nesta técnica e algunhas características que estarán presentes ao longo da súa produción: a solidez da figura, a sinxeleza da composición e o gusto polas formas redondeadas, liña curva coa que crea o perfil da figura.

1944
piñeiro
Piñeiro
Felipe Bello Piñeiro

Gravado que representa un piñeiro en primeiro plano con paisaxe e arquitectura no fondo. Ao autor, como paisaxista, gústalle ilustrar as árbores, verdadeiras protagonistas das súas paisaxes, que neste caso converte o piñeiro, en practicamente único protagonista. Asinado no ángulo inferior dereito, dentro da prancha. No lado esquerdo, e fóra da prancha, vén indicado o número de tirada: 75/175, e no dereito o título "Pino"

segadora
Segadora
E. Sala

Gravado que representa unha muller de perfil atando unha manda de herba. Asinado no lado dereito. No lado esquerdo, o número de tirada: 32/175.

vendima
Vendima
Francisco Creo Rodríguez

Gravado que representa tres homes e dúas mulleres traballando na vendima. Recollen a uva e cárgana nun carro tirado por dous bois. É moi característico do autor a representación de temas galegos, neste caso representa os labregos e o seu traballo. Segue a tradición popular coincidindo coa estética do movemento renovador.

392
397
398
399
400
401
402
403