Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
Volver ás localizacións
Colexio ou Pazo de Fonseca (30)
  • A-ZCRONOL.
Campus Santiago
Facultade de CC da Educación: 5
Facultade de Económicas e Empresariais: 107
Facultade de Química: 11
Facultade de Filoloxía: 7
Biblioteca Concepción Arenal: 1
Facultade de Dereito: 83
Capela: 1
Facultade de Filosofía: 1
Colexio Maior Fonseca: 6
Facultade de Medicina: 38
Colexio Maior Rodríguez Cadarso: 8
Facultade de Xeografía e Historia: 93
Colexio de San Xerome Reitoría: 163
Colexio Maior San Clemente: 10
Facultade de Bioloxía: 4
Facultade de CC Políticas e Sociais: 13
Facultade de Farmacia: 9
Facultade de Física: 1
Facultade de Matemáticas: 11
Facultade de Psicoloxía: 12
Campus Lugo
Biblioteca intercentros: 1
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría: 7
Facultade de Ciencias: 1
Facultade de Formación do Profesorado: 7
Pazo Montenegro Vicerreitoría: 12
Vicexerencia: 1
Outras localizacións
Casa dos Catedráticos - Campus Sur: 1
Centro de Estudos Avanzados Finca Vista Alegre: 1
Casa da Balconada: 53
Casa da Concha: 23
Arquivo histórico: 4
Igrexa da Universidade ou da Compañía: 49
Colexio ou Pazo de Fonseca: 30
Gardería: 1
Almacenado ou retirado: 3
fonsecaconde
Alonso III de Fonseca
Ramón Conde Bermúdez
1996

Retrato de carácter introspectivo de Alonso III de Fonseca, fundador da universidade compostelá, en actitude de meditación e estudo. É a caracterización do humanista, do intelectual, iconografía que nos remite ao referente contemporáneo, que en maior medida reflicte esta actitude: o Pensador de Rodin. Preséntao sedente en actitude reflexiva incidíndose, neste caso, na súa relación con Erasmo dado que mantén sobre unha das súas pernas o volume correspondente ao Enchiridion militiis christiani (1503). Así, Fonseca aparece ante nós como un meditabundo humanista. Asinado e datado: "Ramón Conde 96"

1996
bello
Busto de Andrés Bello
Autoría descoñecida

Busto en mármore co nome inscrito do homenaxeado. Este busto foi regalado á Biblioteca América polo goberno da República de Venezuela, grazas ás xestións realizadas por Vicente Dávila, delegado da Biblioteca América en Caracas, secretario da Academia da Histoira e director do Arquivo Nacional de Caracas. Polo seu compromiso co proxecto de Gumersindo Busto, foi nomeado socio de honra da Biblioteca América.

sucre
Busto de Antonio José de Sucre
Autoría descoñecida

Busto en mármore branco, tipoloxía clásica de busto co nome inscrito do homenaxeado. O busto de José Antonio de Sucre, xunto co de Francisco de Miranda e Simón Bolívar, realizados en mármore de Carrara, foron doazón do goberno da República de Venezuela. Chegaron á Biblioteca América grazas á actuación e xestións realizadas por Vicente Dávila, delegado da Biblioteca en Caracas, secretario da Academia da Historia e director do Arquivo Nacional. A doazón foi efectuada, posiblemente, a finais da década dos vinte do século XX.

mitre
Busto de Bartolomé Mitre
P. Costa

Busto en mármore do homenaxeado. Procede da Facultade de Xeografía e Historia. Obsequiado polo inmigrante pontevedrés Juan G. Molina, quen foi presidente do Banco de Galicia y Buenos Aires, do Centro Galego da capital arxentina e presidente da Comisión Protectora da Biblioteca América en Buenos Aires entre 1920-1926, período durante o cal se realizou a doazón. Inscrición cincelada na parte posterior: "P. Costa. Florencia, Vía Ricasoli 63"

rivadavia
Busto de Bernardino Rivadavia
E. Müller / Gotuzzo y Piana
1921

Busto de don Bernardino Rivadavia ( Bos Aires 1780, Cádiz 1845). Foi realizado por iniciativa da Comisión de Damas Arxentinas, baixo a dirección da súa presidenta, Rosaura Díaz de Leyro, e grazas aos actos organizados pola Comisión de Festas presidida por Carmelia Miranda, quen reúne os fondos necesarios para custealo. Parece que en 1912 estaba concluído e pendente de ser enviado á Biblioteca América. Inscrición no reverso: E. MÜLLER/19212/GOTUZZO Y PIANA: BUENOS AIRES. Placa identificativa no pedestal de madeira: "Bernardino Rivadavia"

1921
miranda
Busto de Francisco de Miranda
Autoría desconocida

Busto de mármore de Carrara de Francisco de Miranda. O busto de Francisco Miranda, xunto co de Simón Bolívar e Antonio José de Sucre, realizados todos eles en Italia con mármores de Carrara, doazón do goberno da República de Venezuela. Chegaron á Biblioteca América a fins dos anos vinte. O seu envío produciuse por mor da actuación e xestións de Vicente Dávila, delegado da Biblioteca en Caracas e secretario da Academia da Historia e director do Arquivo Nacional.

espejo
Busto de Francisco de Santa Cruz y Espejo
Ayala
1924

Busto de bronce de Francisco J. de Santa Cruz y Espejo. Este busto foi agasallo do concello de Quito e da Biblioteca Municipal desa cidade, grazas ás xestións efectuadas polo poeta, pedagogo e editor Alejandro Andrade Coello, delegado da Biblioteca América en Ecuador. O busto foi enviado a Galicia con posterioridade a 1920.

1924
ribera
Busto de Fructuoso de Ribera
Luis Cantú

Busto en bronce fundido e peaña de madeira. Representa a don Fructuoso Ribera, militar e político uruguaio. O busto foi custeado por subscrición popular, baixo a iniciativa da Comisión Protectora de Montevideo. Laura Carrera de Bastos, presidenta da Comisión Pro-Acercamiento Intelectual Iberoamericano, realiza xestións ante o Partido Colorado e o Club Rivera de Uruguai para sufragar o envío do busto a Santiago a onde chegou pouco antes de 1926. Na fronte e no lateral esquerdo, gravado o nome do autor Luis Cantú. Placa metálica co nome do homenaxeado: "Br. Gral. Fructuoso Rivera/Nació en 1788 - + 13-I-1854", e outra cos nomes dos doantes.

rodó
Busto de José Enrique Rodó
Manuela Nebel de Herrera

Busto en bronce fundido de don José Enrique Rodó (1872-1917), representado ata o peito e sen brazos, con gravata e o rostro levemente xirado. O busto foi doado xunto coa columna que o sostén, pola Comisión Pro-Acercamiento Intelectual Iberoamericano, nacida do seo da Liga de Damas do Uruguai, por iniciativa de Laura Carreras de Bastos. Probablemente foi remitido a Santiago, xunto co de Rivera, con posterioridade á data da inauguración oficial da Biblioteca América en xullo de 1926. Con dúas placas de metal: unha cos datos do homeaxeado: "José Enrique Rodó/Nació en 1873- +1917"; e outra coa inscrición: "Pro-Acercamiento/Intelectual/Iberoamericano/Comisión Protectora/en la/República O. del Uruguay/de la/Biblioteca "América"/de la/Universidad/de/Santiago de/Compostela". Na placa falta o escudo. Autor: Manuela Nebel de Herrera

josegervasioartigas
Busto de José Gervasio Artigas
Enrique Astori
1850

O busto en bronce deste prócer uruguaio foi doado pola Comisión de Damas Uruguaias da Biblioteca América mediante suscrición popular a cargo de Laura Carreras de Bastos. Parece que a contribución económica maior foi a de Teresa García Lagos de Sanguinetti, xunto coa doutras damas da Comisión, varios connotados uruguaios e varios españois establecidos en Uruguai. En 1922, o busto xa fora doado. Placa de bronce na peaña de granito onde figura a inscrición: "Artigas". Placa identificativa no pedestal "Gral D. José G. Artigas/N. El 19 de Junio de 1764 - 23 de septiembre de 1850". Maqueta executada por León Solá e pedestal de granito rosado realizado polo mosaiquista Ambrosio Romeo Risso.

1850
martí
Busto de José Martí
Alfredo Gutiérrez / Chema Dapeña
1997

Busto de José Martí, representado con paxariña e sen brazos. A tipoloxía de busto segue os cánones dos xa feitos anteriormente, pero é novidoso o material utilizado que parece ser gres e un morteiro para rematar algunhas zonas. Procede da Facultade de Xeografía e Historia. Este busto foi doado, xunto coa bandeira do país, polo Consulado de Cuba en Santiago de Compostela nos anos noventa do século XX. Na parte posterior do lateral dereito figura a inscrición: "Alfredo Gutiérrez/Chema Dapeña. Bemposta 97?". Placa metálica no pedestal de madeira na que se le: "José Martí" Asinado polos autores.

1997
sanmartin
Busto de José San Martín
Gotuzzo y Piana

Foi realizado por iniciativa da Comisión de Damas Arxentinas, baixo a dirección da súa presidenta, Rosaura Díaz de Leyro, e grazas aos actos organizados pola Comisión de Festas presidida por Carmelia Miranda, quen reúne os fondos necesarios para custealo. Parece que en 1912 estaba concluído e pendente de ser enviado á Biblioteca América. Inscrición posterior: "Gotuzzo y Piana/Buenos Aires". Placa identificativa no pedestal: "José de San Martín".

zorrilla
Busto de Juan Zorrilla San Martín
José Luis Zorrilla

Busto de don Juan Zorrilla San Martín (Montevideo 1855- 1931). Foi agasallo da Comisión Pro-Acercamento Intelectual Iberoamericano, que encomendou en 1913 a súa realización ao fillo do propio homeaxeado, o escultor José Luis Zorrilla. En 1918 estaba lista a maqueta do busto, pero seguía pendente a realización da columna. O delegado da Comisión en Paysandú, o escritor e músico vasco residente no Uruguai dende 1872, Bruno Goyeneche, abriu unha subscrición con tal fin. En 1922, o Presidente da República, Baltasar Brum, presidiu no Teatro Solís de Montevideo a velada literaria celebrada con motivo da entrega deste e doutros bustos dos próceres uruguaios á Biblioteca América. Inscrición no lateral dereito: "J. Zorrilla D. San Martín" Inscrición no reverso: FUND: VIGNALI Na peaña unha placa metálica que di: "JUAN ZORRILLA SAN MARTÍN"

manuelartigas
Busto de Manuel Artigas
Luis Cantú
1811

Busto de bronce de Manuel Artigas. Enviado pola comisión "Pro-Acercamiento Iberoamericano" de Montevideo. Foi Manuel Rodríguez, delegado desta comisión no departamento de San José, quen promoveu a subscrición entre os monagatos para custear gastos. Xa desde 1913,  esta comisión informara que este busto ía ser enviado xunto con outros seis. En 1918, as maquetas estaban xa concluídas. Enviouse á Biblioteca probablemente despois da data de inauguración oficial en 1926. Autor: Luis Cantú, sobre soportes de Ambrosio R. Risso.

1811
oribe
Busto de Manuel Oribe
Luis Cantú

Busto de don Manuel Oribe (Montevideo 1796- 1857). Enviado pola Comisión Pro-Acercamiento Iberoamericano de Montevideo. Foi Manuel Rodríguez, delegado desta comisión no departamento de San José, quen promoveu a subscrición entre os monagatos para custear gastos. Xa dende 1913 esta comisión informara que este busto ía ser enviado xunto con outros seis. En 1918 as maquetas xa estaban concluídas. Enviouse á Biblioteca probablemente despois da data de inauguración oficial en 1926. Ten dúas placas, unha co nome do homenaxeado: "Cap. Don Manuel Artigas/ + en San José- 25 de Abril-1811", e outra cos nomes dos doantes e o escudo do Paraguai. Autor: Luis Cantú, sobre soportes de Ambrosio R. Risso.

moreno
Busto de Mariano Moreno
E. Müller / Gotuzzo y Piana
1921

Busto en bronce fundido, representa a don Mariano Moreno (Buenos Aires 1779- 1811). Foi realizado por iniciativa da Comisión de Damas Arxentinas, baixo a dirección da súa presidenta, Rosaura Díaz de Leyro, e grazas aos actos organizados pola Comisión de Festas presidida por Carmelia Miranda, quen reúne os fondos necesarios para custealo. Parece que en 1912 estaba concluído e pendente de ser enviado á Biblioteca América. Inscrición posterior: "E. Muller/1921/Gotuzzo y Piana/Buenos Aires". Placa de Bronce identificativa no pedestal de madeira: "Mariano Moreno"

1921
avellaneda
Busto de Nicolás Avellaneda
Horta
1874

Busto dedicado a Don Nicolás Avellaneda (Tucumán 1836, 1885). O busto foi regalado polo galego residente na Arxentina dende 1874, Juan G. Molina, coa pretensión de renderlle tributo ao ex-presidente arxentino Avellaneda, que apoiou os primeiros Xogos Florais celebrados en 1881 na capital arxentina polo Centro Galego. O busto foi remitido en torno a 1922. O busto está levantado sobre unha peaña de bronce na que se representa en baixorrelevo o escudo arxentino e nos laterais figuras alegóricas simbolizando o Progreso e a Ciencia e as Artes nos laterais esquerdo e dereito, respectivamente. Presenta a seguinte inscrición: "Dr. Nicolás Avellaneda/1874/Presidente de la Argentina 1880" Asinado polo autor no lateral dereito.

1874
bolivar
Busto de Simón Bolívar
Autoría desconocida

Busto en mármore de Simón Bolívar (Caracas 1783- San Pedro Alejandrino 1830) , representado con traxe de militar, leva o nome inscrito na parte inferior. O busto de SImón Bolívar, xunto co de Francisco Miranda e Antonio José de Sucre, realizados todos eles en Italia con mármores de Carrara, doazón do goberno da República de Venezuela. Chegaron á Biblioteca América a fins dos anos vinte. O seu envío produciuse por mor da actuación e xestións de Vicente Dávila, delegado da Biblioteca en Caracas e secretario da Academia da Historia e director do Arquivo Nacional. Inscrición na peaña de mármore: "Bolívar"

fonsecaclaustro
Colexio de Santiago Alfeo ou de Fonseca
século XVI

Na súa arquitectura súmase o edificio colexial do século XVI ao que se engade, nos momentos postremeiros desa centuria, a chamada Torre do Reloxo. Despois, co inicio do século XVIII, engadiráselle, cara ao lado sur, un novo espazo dedicado a hospedería. Xa nos anos medios do século XIX, en tempos do lembrado reitor Viñas, disponse un xardín botánico -hoxe aberto ao público- na parte posterior deste conxunto universitario que verá, no século XX, como se acurta tal espazo axardinado na súa parte setentrional para situar aí unha nova á que se destina actualmente a depósito de fondos bibliográficos universitarios.

aguadorsevilla
El aguador de Sevilla
Blas Ametller

Gravado do célebre cadro de Velázquez, "El aguador de Sevilla".

esferaceleste
Esfera celeste
Delamarche. París
1818

Representación do ceo coas constelacións

1818
globoterraqueo
Globo terráqueo
Delamarche. París
1818

Representación do mapa mundi

1818
Manuel Lago González
Manuel Lago González
José Capuz Mansano
1926

O busto do arcebispo Lago (1865-1925) preside a Sala de Investigadores da Biblioteca Xeral da universidade compostelá na que están depositados, precisamente, eses fondos que foron propiedade de dito prelado.

É obra realizada polo escultor José Capuz Mansano (1884-1964), quen a asina nun lateral. A fundición correspondente fíxose, como se indica ao outro lado, en “Codina Hnos. Madrid”. Móstrase coa indumentaria propia dun eclesiástico, de xeito marcadamente frontal e coa súa mirada orientada ao lonxe.

1926
alcorta
Metopa de Amancio Alcorta
J. Capia / J. Brodsky

Metopa que representa o rostro de don Manuel Alcorta de perfil. Realizada en bronce fundido conserva a tipoloxía das moedas antigas: o rostro de perfil e a inscrición do nome ao redor. Está asinado na parte inferior.

washington
Metopa de George Washington
Autoría descoñecida

Metopa que representa o rostro de perfil do presidente norteamericano George Washington. A tipoloxia procede das moedas antigas, feita en bronce e colocada nun soporte de madeira.

oribepano
Pano conmemorativo de Manuel Oribe
Autoría descoñecida

Pano tecido e pintado, representa no centro o busto de don Manuel Oribe con traxe de militar. Ao redor, unha cenefa de motivos florais e un texto. Trátase dun pano alusivo ao político uruguaio.

retratovandyck
Retrato de Van Dyck
Roselló

Gravado que representa o retrato de Van Dyck en branco e negro.

vistagranada
Vista de Granada

Gravado a cor sobre papel que representa unha vista antiga da cidade de Granada. Nun primeiro termo, unha escena de camiñante accedendo á cidade, e ao fondo a paisaxe da cidade e as montañas detrás. No ceo na parte central, unha cartela indica os lugares máis sinalados da cidade cos números de referencia.

Gumersindo Busto
Vítor de Gumersindo Busto
Elvira Santiso García
1947

Gumersindo Busto naceu en San Martiño de Laraño, Santiago (1872-1937). Emigra a Uruguai e, máis tarde, a Arxentina. A el débese a creación da Biblioteca América da universidade compostelá, inaugurada en 1926. O vítor co que se lle distingue parte dun retrato seu, nun marco ovalado que presenta, arriba, unha lenda que di: UNA, GRANDE, LIBRE; encima, na parte central, pode verse a aguia de San Xoán, utilizada no escudo de España da época na que se realiza esta pintura. Disponse unha ampla cartela baixo o citado retrato. É obra de 1947 e débese a Elvira Santiso.

1947
Vítor de José Rodríguez Carracido
Francisco Asorey
1924

A Facultade de Farmacia, asentada no seu momento no Colexio de Fonseca, dedicoulle un lugar de honra a José Rodríguez Carracido: o centro do espazo da escaleira que enlaza as súas dúas alturas. Alí disporase un vítor en 1924, realizado por Francisco Asorey. Quen é obxecto del móstrase sedente, nunha gran cadeira de brazos da que vemos o seu alto respaldo e tras el, como sinala Otero Túñez, acubíllao “o perfil da deusa Minerva”.

Disponse unha longa epígrafe na súa parte inferior.

1924
407
397
398
399
400
401
402
403