Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Arqueoloxía
    Biblioteca América
    Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
Volver ás localizacións
Facultade de Bioloxía (6)
  • A-ZCRONOL.
Campus Santiago
Edificio CIQUS: 1
Facultade de CC da Educación: 5
Facultade de Económicas e Empresariais: 107
Facultade de Química: 11
Facultade de Filoloxía: 7
Biblioteca Concepción Arenal: 1
Facultade de Dereito: 85
Capela: 1
Facultade de Filosofía: 1
Colexio Maior Fonseca: 6
Facultade de Medicina: 41
Colexio Maior Rodríguez Cadarso: 8
Facultade de Xeografía e Historia: 367
Colexio de San Xerome Reitoría: 165
Colexio Maior San Clemente: 10
Facultade de Bioloxía: 6
Facultade de CC Políticas e Sociais: 13
Facultade de Farmacia: 9
Facultade de Física: 1
Facultade de Matemáticas: 11
Facultade de Psicoloxía: 12
Campus Lugo
Biblioteca intercentros: 1
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría: 7
Facultade de Ciencias: 1
Facultade de Formación do Profesorado: 7
Pazo Montenegro Vicerreitoría: 12
Vicexerencia: 1
Outras localizacións
Casa dos Catedráticos: 1
Centro de Estudos Avanzados Finca Vista Alegre: 1
Casa da Balconada: 54
Casa da Cuncha: 23
Arquivo histórico: 4
Igrexa da Universidade ou da Compañía: 49
Colexio ou Pazo de Fonseca: 189
Gardería: 1
Almacenado ou retirado: 3
avalancha_kappeler
A vida é unha avalancha á que nos sometemos
Deflet Kappeler
2006

A vida é unha avalancha á que nos sometemos é unha obra de Kappeler que reflexa como, dende os seus comezos, se ve influenciado pola escuridade que trae consigo a guerra e que o afectou persoalmente como refuxiado durante a Segunda Guerra Mundial. O contraste intenso entre a penumbra da cor negra e a luminosidade da vida en amarelo tipifican este sentimento agónico da vida do autor. O abstractísimo e as texturas da pintura mestúranse cunha figura difusa semellante a un corpo a través de finas liñas e finais abertos simbolizando o fráxil que é o humano ante a vida.

2006
porticogloria
Detalle do Pórtico da Gloria
Berta Cuña
2002

Representa un detalle do Pórtico da Gloria: dous dos músicos que se dispoñen, afinando os seus instrumentos, no tímpano central. Destaca a impresión de viveza que confire aos personaxes, aspecto acentuado pola vibrante cor e a plasticidade con que se conciben as dúas figuras, transformando a súa existencia pétrea, nunha existencia viva e real. Asinado a. i. d. "Berta Cuña" Doado pola autora en setembro de 2003.

2002
mazorcas
Mazorcas
Mª Luz González Caamaño
1990

Natureza morta que representa unhas mazorcas dentro dunha cesta. Asinado a. i. d. "M. Caamaño". Doado pola autora en setembro de 2003.

1990
paisaxe
Paisaxe
Mª Luz González Caamaño
2002

Paisaxe coa vexetación ordenada en franxas horizontais, cunha liña de fuga marcada, cara o lateral esquerdo do cadro. Asinado a. i. d. "M. Caamaño", Doado pola autora en setembro de 2003.

2002
peixeiras
Peixeiras
Clara Fernández Marín
2002

A temática costumista galega é a que predomina na produción artística de Clara F. Marín, na que a figuración é a protagonista. Presenta unha obra titulada Peixeiras, unha paisaxe marítima, na que as protagonistas son estas mulleres que están a traballar nas tarefas do campo: unhas reparando as redes e outras coa patela na cabeza levando o peixe. Son figuras monumentais, de formas rotundas, pesadas e volumétricas, concibidas xeometricamente nas súas formas, lixeiramente esquematizadas, sen rostro. Trátase dun tema frecuente polos artistas da renovación da arte galega das primeiras décadas do século XX: Souto, Colmeiro, Seoane ou Maside, autor este último que a influirá especialmente. Clara F. Marín manexa a paleta cromática; esta é unha pintura de cores vivas, expresionistas, con predominio das gamas azuis, verdes e amarelas. Manexa tamén perfectamente a técnica, primando as texturas para destacar as posibilidades expresivas do material, e manexa perfectamente a perspectiva e a captación atmosférica Asinado "Clara F. Marín" no a.i.d. Doado pola autora en setembro de 2003.

2002
temporal_kappeler
Temporal
Deflet Kappeler
2009

Nesta obra de Deflet Kappeler, artista alemán afincado en Muxía, a mestura de técnicas, a explosión de cores e as formas contrastadas marcan a dualidade entre a inmensidade e o frenesí do tempo. Os rostros superpostos co cabelo en movemento dun deles, xunto coas diferentes técnicas do action painting, como o dripping, forman unha obra chea de dinamismo estético. A redución das cores e das estruturas lixeiras crean un marco perfecto para as ideas destrutivas do autor.

2009
385
397
398
399
400
401
402
403