Vítor de José Rodriguez Mourelo. Divídese en dous corpos horizontais; o da parte superior é o retratado cunha torre de libros á esquerda. Abaixo, a lenda da vida e obras do homenaxeado, José Rodriguez Mourelo (Lugo 1857- Madrid 1932), alumno e logo profesor do Instituto de Lugo, estudante de Ciencias nas universidades de Santiago e Madrid, profesor da Institución Libre de Ensinanza nas escolas preparatorias de enxeñeiros e arquitectos e na de artes Industriais.