Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
Volver ás localizacións
Facultade de Dereito (83)
  • A-ZCRONOL.
Campus Santiago
Facultade de CC da Educación: 5
Facultade de Económicas e Empresariais: 107
Facultade de Química: 11
Facultade de Filoloxía: 7
Biblioteca Concepción Arenal: 1
Facultade de Dereito: 83
Capela: 1
Facultade de Filosofía: 1
Colexio Maior Fonseca: 6
Facultade de Medicina: 41
Colexio Maior Rodríguez Cadarso: 8
Facultade de Xeografía e Historia: 94
Colexio de San Xerome Reitoría: 163
Colexio Maior San Clemente: 10
Facultade de Bioloxía: 4
Facultade de CC Políticas e Sociais: 13
Facultade de Farmacia: 9
Facultade de Física: 1
Facultade de Matemáticas: 11
Facultade de Psicoloxía: 12
Campus Lugo
Biblioteca intercentros: 1
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría: 7
Facultade de Ciencias: 1
Facultade de Formación do Profesorado: 7
Pazo Montenegro Vicerreitoría: 12
Vicexerencia: 1
Outras localizacións
Casa dos Catedráticos - Campus Sur: 1
Centro de Estudos Avanzados Finca Vista Alegre: 1
Casa da Balconada: 53
Casa da Concha: 23
Arquivo histórico: 4
Igrexa da Universidade ou da Compañía: 49
Colexio ou Pazo de Fonseca: 30
Gardería: 1
Almacenado ou retirado: 3
Alfonso Otero Varela
Manuel Aramburu Núñez

Retrato de Alfonso Otero Varela, catedrático de Historia do Dereito e decano da Facultade de 1971 a 1975.

Alonso de Fonseca
Alonso III de Fonseca
Plácido Fernández Erosa
1815

Este retrato, debido a Plácido Fernández Erosa, debe de seguir en liñas xerais o feito por Crispín de Evelino. Foi costeado por Fernández Varela e destínase á Biblioteca da Universidade. Nel disponse a Alonso de Fonseca na súa librería, pasando as páxinas dun libro disposto sobre un atril. Conta coa sinatura do pintor.

Tras do libro que mira o prelado -e no que pode verse unha representación de Pentecostés- móstrase un relevo que alude ao tema de Hércules matando o león de Nemea, o primeiro dos seus doce traballos. Un crucifixo preside, polo demais, este espazo.

1815
agustinalbanell
Antonio Agustín Albanell

Gravado co retrato de Antonio Agustín Albanell "Augustinus", humanista español do século XVI e precursor do estudo das fontes do Dereito.

nebrija
Antonio de Nebrija

Gravado co retrato de don Antonio de Nebrija de medio corpo escribindo sobre unha mesa.

bartolomecasas
Bartolomé de las Casas

Gravado que representa o cóengo e escritor Bartolomé de las Casas (1474-1566) que foi bispo de Chiapas.

ariasmontano
Benito Arias Montano

Gravado que representa a Benito Arias Montano, teólogo consumado e doctísimo en linguas orientais, que dirixiu a edición da Biblia políglota e asistiu ao Concilio de Trento.

barciatrellesaramburu
Camilo Barcia Trelles
Manuel Aramburu Núñez

Retrato de Camilo Barcía Trelles (1888-1978), catedrático de Dereito Internacional.

cisneros
Cardeal Cisneros

Gravado do arcebispo de Toledo, cardenal e gobernador de Castilla, prelado excelente e célebre político que viviu entre 1437 e 1517.

demiguelalonsoaramburu
Carlos de Miguel Alonso
Manuel Aramburu Núñez

Retrato do catedrático de Dereito Procesal don Carlos de Miguel Alonso, que foi decano no período de 1959-1961

fernandeznovoaaramburu
Carlos Fernández-Nóvoa Rodríguez
Manuel Aramburu Núñez

Retrato de Carlos Fernández-Nóvoa Rodríguez, catedrático de Dereito Mercantil e decano de 1968 a 1971. Asinado no ángulo inferior esquerdo.

ruizcastilloaramburu
Carlos Ruiz del Castillo
Manuel Aramburu Núñez
martamariaprado
Cristo na casa de Marta e María
Anónimo italiano del siglo XVII
1601

Visita de Cristo á casa das irmás de Betania. María, co cabelo longo e semisolto, aparece sentada aos pés de Xesús, escoitando a súa palabra, mentres Marta, que encarna a vida activa, quéixase ao Señor sobre María que, por escoitar ao visitante, non a axudou nos labores domésticos, que é precisamente a escena que se representa no fondo.

1601
diegocovarrubias
Diego Covarrubias y Leiva

Gravado deste xurista español do século XVI.

diegolainez
Diego Laínez

Gravado que representa o retrato do xesuíta do século XVI, Diego Laínez.

diegosaavedra
Diego Saavedra

Gravado deste diplomático español do século XVI.

batallonliterarios
Estandarte do Batallón dos Literarios
Mariano Castellones
1808

Estandarte de seda bordada, composto polo escudo de Galicia e a Cruz de Santiago, conserva parte da lenda que dicía: "AUSPICE DEO PRO LIBERTATE REGIS.PALLADIS LEGIO. ANNO MDCCCVIII". Sobre a lenda vemos unha coroa e na parte inferior hai dúas pólas de palma unidas que simbolizan a vitoria. Consérvase no marco que o rei Afonso XIII regalou á Universidade trala súa restauración (foi restaurada na Real Fábrica de Tapices). O estandarte representaba o chamado Batallón Literario, unha milicia estudiantil formada en 1808 para facer fronte á invasión napoleónica.

1808
monterorios
Eugenio Montero Ríos
Martín Marqués
1922

Retrato de medio corpo de Montero Rios.

1922
figurasmorquecho
Figuras
Xosé Ramón Morquecho Barral
1979

Nova figuración de influencia expresionista. Na produción pictórica de Morquecho, a figuración adquire unha carga que reflicte certa sensación de sufrimento e tristeza. Nesta obra, Morquecho presenta a un grupo de nove persoas tratadas colectiva e non individualmente, amosando nos seus rostros eses sentimentos; as sitúa nun interior, un espazo apenas definido, sombrío e escuro, case en penumbra que contribúe a aumentar esa sensación de inquedanza. Son obras de raíz expresionista na que o autor se serve dunha paleta cromática apagada, coas contornas grosas en negro e trazadas dun xeito rápido e vigoroso. Asinado a. s. e.

1979
Filipe V
Autoría descoñecida

Retrato de medio corpo, leva banda azul no peito e perruca caracteristíca da época.

sanchezbrozas
Francisco Sánchez de las Brozas

Gravado co retrato do humanista español do século XVI, Francisco Sánchez de las Brozas.

isabelIIsalgado
Isabel II
José María Salgado Rodríguez
1866

Retrato da raíña Isabel II, que forma parte desa serie de retratos reais da Universidade. É un retrato do busto da raíña, detalle das xoias, as teas e os emblemas reais. Como aparece nunha inscrición lateral dereita, neste caso, trátase dunha "copia de Fierros por José Salgado 1866".

1866
gilvillanuevaaramburu
Jacobo Gil Villanueva
Manuel Aramburu Núñez

O inicio da constitución dunha galería de retratos de decanos, propia da Facultade de Dereito, coincide co traslado desta ao edificio que hoxe ocupa (J. M. García Iglesias, 2016, p. 223). O decano daquel momento encargoulle a súa posta en marcha ao pintor pontevedrés Aramburu (J. M. García Iglesias, 2012, p, 15-38). Elixíronse daquela os nomes dos que ían contar, nese tempo inicial, cun lugar na devandita galería, sendo Jacobo Gil Villanueva, que ocupa o posto entre 1889 e 1991, o máis antigo dos representados.

O seu autor tivo que ter en conta algunha imaxe deste catedrático de Dereito Civil como a mostrada en Coruña Moderna o 28 de maio de 1905 ou mesmo a que nos presenta a lápida que os seus alumnos lle dedican, encargándolla a Asorey (J. M. García Iglesias, 2016, p. 223). Óptase, neste caso, por unha formulación moi sinxela, de medio corpo, coa muceta vermella de Dereito e a medalla de doutor, buscando o pintor, sobre todo, ser o máis fidedigno posible no tratamento do rostro, delimitado por un fondo neutro. Foi, tamén, reitor da USC entre 1890 e 1891, e posteriormente entre 1904 e 1906. O mobiliario da súa casa gárdase na chamada Casa da Troia (A. López Medina, 2021).

 

garatecastro
Javier Gárate Castro
Xoán Fernández
2002

Retrato de Javier Gárate Castro, catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social. Decano da Facultade de Dereito dende 1994 a 2001. Asinado no ángulo inferior dereito.

2002
diazrabago
Joaquín Diaz de Rábago
Autoría descoñecida

Retrato de medio corpo, vestido de traxe negro. Fondo escuro. O rostro mira cara a dereita, barba branca e lentes. Leva unha banda branca e amarela e unha medalla.

José Antonio Gómez Segade
José Antonio Gómez Segade
Manuel Quintana Martelo
1990

Gómez Segade naceu en 1943. É catedrático de Dereito Mercantil e foi decano entre 1986 e 1988. Foi retratado para esta galería por Quintana Martelo, quen asina e data a obra en “V-1990”. En 1995, este mesmo pintor retratará para esta galería a Lorenzo Salgado, catedrático de Dereito Penal e decano entre 1988 e 1994. No retrato de Gómez Segade, o pintor cambia a clásica gravata negra ou o lazo branco por unha gravata de cores, o que supón un toque de carácter cromático nun cadro no que se xoga, por outra parte, coa idea de dispor no fondo outro cadro dentro do mesmo, significándose con isto a idea de que estamos ante unha obra para integrar nun conxunto.

1990
José Antonio Souto
José Antonio Souto Paz
Manuel Aramburu Núñez

Este retrato de José Antonio Souto Paz pecha a serie que, sendo el decano, lle encarga ao pintor pontevedrés Aramburu, con motivo do traslado da facultade a un edificio de nova planta en 1978, Aramburu levará a cabo dez deles, entre outros o do propio Souto. O pintor utiliza fondos dun intenso azul, habituais no seu modo de facer. En todo caso, cada retrato obedece a unha serie de condiciones que se seguen logo e que se manterán ao longo de toda a serie, en tempos seguintes; móstranse en forma de busto, coa muceta vermella de Dereito e a medalla de doutor, buscando unha aproximación, no rostro, á identidade do personaxe representado.

juanmariana
Juan de Mariana

Gravado que representa o retrato do teólogo e historiador español do século XVI, don Juan de Mariana.

luisvives
Juan Luis Vives

Gravado que representa a Juan Luis Vives de medio corpo, sobre unha mesa escribindo cunha pluma.

legazlacambracarrera
Luis Legaz Lacambra
María Carrera

Legaz Lacambra foi recoñecido como filósofo do Dereito e catedrático en Santiago e Madrid. Desempeñou importantes cargos públicos e de goberno universitario. “Home de cultura extraordinaria e de arraigada ideoloxía católica, foi discípulo e tradutor de Hans Kelsen e membro destacado de FET y de las JONS” (M. P. Hernando Serra e C. Petit, 2021). Foi decano entre 1942 e 1952 (F. Marín Castán, 2012). O feito de que se lle encargue á mesma pintora, M. Carrera, responsable do retrato que se lle fai ao propio personaxe como reitor (J. M. García Iglesias, 2016, p. 207-208), abunda na idea de que ambos os dous foron realizados nun parecido momento. Represéntase, neste caso, de medio corpo, coa muceta vermella de Dereito e a medalla de doutor, cun tratamento do rostro delimitado, neste caso, igualmente, por un fondo neutro (J. M. García Iglesias, 2016, p. 226).

Manuel Fernández Varela
Manuel Fernández Varela
Autoría descoñecida
Ca. 1840

Este retrato, realizado en Compostela,  coñece o concibido por Vicente López pero fai unha serie de variables a partir do mesmo. Fernández Varela naceu en Ferrol (1772-1834). Ingresou no Colexio de Fonseca con bolsa en 1796, colexio do que chegou a ocupar o cargo de reitor por 1798. Como noutros retratos deste centro, cóntase aquí coa presenza desa beca vermella sobre a mesa, colocándose un libro encima, todo baixo a destra do personaxe. No seu peito distínguese a cruz da Orde de Carlos III. Na parte alta, engalanando a arquitectura, pode verse parcialmente un relevo alusivo ao tema da Epifanía completando o conxunto. Pódese vincular esta obra a Cancela. O seu coñecemento e seguimento da obra de Vicente López lévanos, cando menos, a supoñelo.

garciagarridoaramburu
Manuel García Garrido
Manuel Aramburu Núñez

Retrato de Manuel García Garrido, catedrático de Dereito Romano e decano da Facultade entre 1965-1968. Asinado no ángulo inferior esquerdo.

lorenzosalgadoquintana
Manuel Lorenzo Salgado
Manuel Quintana Martelo
1995

Retrato de José Manuel Lorenzo Salgado, catedrático de Dereito Penal e decano de Dereito dende 1988 a 1994. Calidades debuxísticas; detallismo. Asinado no ángulo inferior dereito. Foi adquirido ao autor en1995 por 400.000 pesetas.

1995
Manuel Pérez González
Manuel Pérez González
Anne Heyvaert
1995

A realización do retrato de Manuel Pérez González (1939) -catedrático de Dereito Internacional Público desde 1981 e decano entre 1979 e 1986 - débese á artista Anne Heyvaert, quen asina a obra - Ateyvaert - . Debeu de ser realizado pouco tempo despois de concluída a súa etapa como decano; en todo caso, antes de que a súa autora cambiase a súa residencia de Galicia a Luxemburgo en 1989.

Segue, en liñas xerais, as directrices anteriores dos cadros desta mesma serie de decanos de Dereito.

1995
Manuel Ventura Figueroa
Manuel Ventura Figueroa Barreiro
Autoría descoñecida
Ca. 1795

Manuel Ventura Figueroa naceu en Santiago (1708-1783). En testamento dispón: “E ordeno e mando que toda a miña librería e os manuscritos que nela teño leven á custa dos meus bens e se entreguen á Universidade de Santiago para aumento da súa Biblioteca”. Móstrase o prelado en pé. Cara a un lado hai unha mesa na que pode verse un libro no que está en actitude de escribir. O texto alí escrito fai mención ao seu testamento. Estamos ante unha temática que se incardina moi ben na Biblioteca. Sabido é que se contaba xa con esta pintura, e para este lugar, en 1795. Este cadro segue, en todo caso, as directrices que fixa Gregorio Ferro no retrato de Felipe de Castro e, como aquel, conta cunha lenda na parte baixa.

mapaespaña
Mapa de España
marañaspardiñas
Maraña
Xoán Pardiñas

Xunto a estética primitivista de eco románico de Xoán Pardiñas, a outra vertente da súa obra é a informalista. Neste caso, aínda que a figuración non desapareceu totalmente, pois vemos un rostro de fondo, esta perde protagonismo en favor da abstracción. Aquí a influencia do action painting norteamericano, principalmente da obra de Pollock, parece evidente ao crear unha pintura de manchas na que superpón distintas cores, predominando o branco, o negro e en menor medida o vermello, dispostas ao azar, creando esa especie de maraña da que fala o título da obra.

Marqués de Rodil
Marqués de Rodil
Dionisio Fierros Álvarez
1857

En 1880 dise sobre este retrato que “…, se conserva en el salón principal de la Biblioteca de Santiago, al frente de donde se encuentra colocada la bandera que condujo a los campos de batalla al famoso batallón de los Literarios de Compostela”. Píntao Dionisio Fierros en 1857 durante a súa primeira estadía en Santiago entre 1855 e 1858. Está na liña de tantos e tantos retratos oficiais que realiza por este momento. Preséntase en pé, co seu uniforme de gala e distinguido por un gran número de condecoracións -contaba coas grandes cruces das ordes de Isabel a Católica, Carlos III, San Hermenexildo e da Torre e Espadas de Portugal (1834)-, coa súa man dereita apoiada nunha mesa e un cortinado engalanando ao fondo. Acompáñao un extenso texto alusivo ao personaxe.

1857
azpilicueta
Martín de Azpilcueta

Retrato de Martín de Alpizcueta, natural de Navarra, teólogo e canonista famoso no século XVI. Catedrático de Dereito pontificio en Tolosa, Cahors, Salamanca e Coimbra. Morreu en Roma en 1586.

mullerespardiñas
Mulleres
Xoán Pardiñas

Baixo unha estética de corte primitivista, Xoán Pardiñas presenta a un grupo de tres mulleres abrazadas. Están concibidas dun xeito uniforme, como se fose unha masa homoxénea, redondeadas, algo que ao autor lle serve para reflectir a capacidade expresiva. Baixo ese perfil redondeado, as figuras están compostas a base de formas xeométricas, descompoñéndoas en distintos planos, o que se vincula a unha estética cubista, delimitadas dun firme trazo negro. A gama cromática é reducida, baseada en tons verdosos e tostados e a pintura é grumosa, empastada. Asinado no ángulo inferior dereito

greco
O Greco
Autoría desconocida

Gravado en branco e negro que representa o Greco.

teixolisboaprado
O Teixo en Lisboa
Tomás Campuzano y Aguirre
1884

A obra de Tomás Campuzano y Aguirre encádrase dentro da pintura paisaxística xurdida a carón do maxisterio de Carlos de Haes -quen introducira aos estudantes da Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid no concepto de pintura ao plein air-. Campuzano segue este concepto, xa que traballa a partir dos cadernos de apuntes realizados nas súas viaxes por toda a Península Ibérica. Pintor paisaxista, principalmente de temas porturarios -subxénero de moda entre a burguesía comercial- as súas obras non reproducen exactamente unha paisaxe real, senón que son escenas tomadas con detalles de diferentes partes. Esta obra é unha mariña do porto pesqueiro do Teixo, en Lisboa. No centro, un grupo de barcos de vela e de pequeno tamaño, están fondeados no embarcadoiro, nunha estampa nostálxica ou idealizada. O mar ten un papel anecdótico, representando un escenario para as súas composicións de barcos, que se sitúan ordenados nunha liña en diagonal, sobre un mar prateado en calma e un ceo anubrado de tons azulados. Campuzano conseguiu con este cadro a terceira medalla na Exposición Nacional de Belas Artes, que foi adquirido polo Estado por 1.000 pesetas. Asinado a. i. e.

1884
paisanasmercado
Paisanas nun mercado
Autoría desconocida
1950

Escena popular e costumista que representa o trafego dun mercado ou dunha feira ao aire libre, principalmente protagonizada polo grupo do primeiro plano: dúas mulleres en posición escorzada, de costas e agachadas, colocan ou revisan a mercancía e, fronte a elas, podemos ver a outra parella, inmersa tamén na actividade de intercambio. Destaca a marcada liña debuxística que contornea toda a figuración, a excepción das árbores e do ceo, representado nunha concepción de raíz impresionista. Non está asinado.

1950
paisaxepardiñas
Paisaxe
Xoán Pardiñas

Nesta obra, Pardiñas constrúe unha paisaxe de montañas; estas son de formas redondeadas, homoxéneas e aparecen superpostas unhas encima das outras, contrastando esta forma coa liña recta do horizonte que divide o cadro. Baixo este perfil redondeado, cada unha delas está no seu interior articulada con formas xeométricas. Pardiñas emprega aquí unha pintura rugosa, empastada. Asinado no ángulo inferior dereito. A sinatura aparece gravada no ángulo inferior dereito.

cazadoracabaloprado
Paisaxe con cazador a cabalo
Autoría desconocida de la escuela flamenca
1601

Paisaxe cun cazador a cabalo situado no ángulo inferior esquerdo. É un exemplo da pintura paisaxistíca flamenga do século XVII. A escena é dunha natureza frondosa, saturada de vexetación, estruturada en tres planos claramente diferenciados. No primeiro, desprazado nun ángulo, preséntase a un cazador acompañado polo seu cabalo. A figura humana serve como referencia da magnitude da paisaxe. Responde á necesidade de englobar o home como parte integrante da natureza. No plano intermedio defínese unha arquitectura, unha pousada que dá lugar, por último, a un fondo mariño cunha liña baixa do horizonte. A cor na paisaxe de Flandres é un elemento de gran importancia. Neste caso, as diversas tonalidades de verde, ocres e azuis intensos están estudados para producir unha escena tridimensional e fluída. Ten varias siglas, unha en branco: 1234 no ángulo inferior dereito

1601
paisaxecazadoresprado
Paisaxe con cazadores
Autoría descoñecida da escola flamenga
1601

A paisaxe flamenga desenvólvese como xénero independente na segunda metade do século XVI, acadando o seu máximo apoxeo no Barroco. Deste período é esta obra, unha escena de cacería que se converte nun tema secundario ante a representación da paisaxe na que se desenvolve. A escena principal, como é habitual neste tipo de cadros, queda emprazada a un lateral do cadro, neste caso o dereito; no primeiro termo, os cazadores cargando as súas armas e os cans e, no segundo termo, cazadores a cabalo e ao fondo as montañas e o ceo encaixado na parte esquerda da obra que contrasta coa frondosa vexetación da dereita. A gradación lumínica que se establece entre o primeiro termo máis escuro e o fondo co claro de luz, contribúe a crear a sensación atmosférica e a aumentar a amplitude espacial. Finalmente, destaca a paleta cromática, rica en pratas, verdes e terras.

1601
paisaxeriofigurasprado
Paisaxe con río e figuras
Autoría descoñecida da escola flamenga
1601

A paisaxe flamenga desenvólvese como xénero independente na segunda metade do século XVI, acadando o seu máximo apoxeo no Barroco. De comezos do século seguinte é esta paisaxe protagonizada por un rio e atravesada por unha ponte, ás marxes do cal aparecen salpicadas diferentes escenas: un grupo de damas a cabalo e xente que descende dunha barca no ángulo inferior esquerdo, mentres que na outra marxe do río outro conxunto de figuras pasean. A escena está flanqueada por unha gran árbore na marxe esquerda, mentres que na dereita unha frondosa vexetación sitúase paralela ao río. En canto á luz, establécese unha gradación de planos lumínicos, pasando do primeiro termo en sombra á luminosidade do segundo plano e do fondo, creando ademais a captación da representación atmosférica e de amplitude espacial da obra. A gama cromática caracterízase polo emprego de tonalidades grises e pratas, verdes e terras, poñendo a nota cromática a dama a cabalo -o cal parece que ten as patas recortadas- co vestido vermello. Tamén aparece co título "Paisaje con pescadores".

1601
paisaxevistasmarprado
Paisaxe con vistas ao mar
Autoría descoñecida da escola flamenga
1600

A paisaxe flamenga desenvólvese como xénero independente na segunda metade do século XVI, acadando o seu máximo apoxeo no Barroco. Deste período é esta obra, na que se amosa unha vista xeral na que unha serie de embarcacións están varadas nunha baía. Desprazado a un lateral do cadro, vemos en primeiro termo a escena principal na que unhas figuras están agrupadas arredor dunha fogueira, a cal se converte no foco de luz principal dese primeiro plano, mostra evidente da influencia do tenebrismo holandés, mentres que un segundo foco de luz exterior é o que ilumina a baía, establecéndose así unha gradación lumínica que, xunto co encadre, crea unha sensación de gran amplitude espacial. No relativo á composición, esta queda centrada pola árbore da marxe esquerda e as montañas rochosas, que se converten no elemento distribuidor do conxunto. Cabe destacar a paleta cromática, de gran variedade e riqueza de matices que van desde os tons pratas, grises e verdes. No ángulo inferior esquerdo o número 2263 en laranxa; no ángulo inferior dereito en branco, o número 973.

1600
pedretcasadoaramburu
Paulino Pedret Casado
Manuel Aramburu Núñez

Retrato de Paulino Pedret Casado, catedrático de Dereito Canónico e decano da Facultade no período 1961-1965.

roviracarreroaramburu
Pedro Isaac Rovira Carreró
Manuel Aramburu Núñez

O retrato do catedrático de Dereito Penal don Pedro Isaac Rovira Carreró -cunha carreira plenamente desenvolvida en Compostela (M. Otero Parga, 1987; M. Otero Parga, 2006, p. 435; E. Cebreiros, 2021)- foi realizado polo pintor Manuel Aramburu Núñez (J. M. García Iglesias, 2012, p. 15-38) e encargado no decanato de Souto Paz, ao realizarse o cambio de localización desta Facultade (J. M. García Iglesias, 2016, p. 223). Este catedrático de Dereito Penal, tan vinculado á Universidade compostelá, foi decano entre 1934 e 1936, o ano do seu pasamento.

O retrato atende a unha formulación similar á iniciada, probablemente, no de Jacobo Gil Villanueva: medio corpo, coa muceta vermella de Dereito e a medalla de doutor, buscando o pintor, desde a utilización, supostamente, dunha fotografía que o identifica, ser o máis fidedigno posible no tratamento do rostro, delimitado, tamén aquí, por un fondo neutro.

retratoborbon
Retrato dun Borbón (Filipe V?)
Autoría desconocida
1701

Retrato de medio corpo. Parece un Borbón pola vestimenta e a perruca caracteristícas desta época, non está asinado nin datado.

1701
Salvador Cabeza de León
Salvador Cabeza de León
Xoán Fernández

Xa sendo decana Milagros Otero Parga, encoméndaselle o seu retrato ao pintor Xoán Fernández (C, García Bayón, 2002). Salvador Cabeza de León -1864-1934- foi catedrático de Dereito Internacional -1918-1934- e decano entre 1920 e 1928 (I. López Silva, 2011; E. Conde, 2012). Está datada a pintura no ano 2002. Pártese dunha coñecida fotografía para caracterizar o personaxe, seguindo, en liñas xerais, as directrices mantidas nos decanos previamente retratados (J. M. García Iglesias, 2016, p. 227-228). Tamén cabe relacionar a súa imaxe coa que mostra o vítor que, sobre este mesmo personaxe, realizou Xurxo Martiño (J. M. García Iglesias, 2016, p. 307-308; J. M. García Iglesias, 2021, p. 95-96). A adaptación do retrato ao que demanda a conveniente homoxeneidade dunha galería de decanos, acomoda a representación ao medio corpo, coa muceta vermella de Dereito e a medalla de doutor. Tamén, neste caso, se procura ser o máis fidedigno posible no tratamento do rostro, delimitado por un fondo neutro e resaltando o cabelo e o bigote branco co que se pretende distinguilo.

santoandreprado
Santo André
Anónimo madrileño da escola de Ribalta
1601

O apóstolo Santo André enche a composición, ocupando a súa figura, de pé e semiapoiado na cruz en forma de aspa, todo o primeiro plano. Os anxos que o rondan na parte superior da táboa anunciannos a súa santificación, a causa do martirio que sufriu o apóstolo, sendo esta a escena que se representa no ángulo inferior esquerdo. Compositivamente debe relacionarse co Santo André de Francisco Rizi de 1646 (Museo do Prado).

1601
masidesentitulo
Sen título
Xulio Maside
1960

Aínda que Xulio Maside considérase un pintor figurativo, hai unha etapa na súa produción marcada pola súa aproximación á abstracción. A influencia deste estilo é clara nesta obra, na que, a pesar da aparente liberdade do trazo e da mancha, esbózanse as siluetas de dúas figuras. Hai ecos dunha herdanza fauvista visibles nos trazos moi fortes e coloristas; estas figuras están apenas definidas na súa silueta e deixan transparentar o fondo de tonalidades grisáceas sobre a que superpón violentamente trazos e manchas de distintas cores: azuis, vermellos ou brancos, características todas elas que se inscriben ao longo da década dos 60. Está asinado no ángulo inferior dereito.

1960
tapiz1
Tapiz 1
1980

Tapiz que representa varias escenas en bandas horizontais.

1980
tapiz2
Tapiz 2
1980

Tapiz en tea de liño de cor laranxa. Representa a tres personaxes a cabalo baixo uns arcos de medio punto. A iconografía procede das miniaturas medievais.

1980
tapiz3
Tapiz 3
1980

Tapiz en tea de cor azul e unha figura que representa en negro, un escribán de inspiración medieval.

1980
tapiz4
Tapiz 4
1980

Tapiz alusivo á ensinanza do Dereito. Na parte superior, de esquerda a dereita, leva bordadas as seguintes lendas: "DOCENTIA" , "LEX" e "IUSTITIA".

1980
tapiz5
Tapiz 5
1980

Tapiz de parede que ten bordada a representación dunha batalla. En primeiro termo, un soldado derruba a outro e, nun segundo termo, un grupo de soldados.

1980
varelatemes
Vítor de Agustín Lorenzo Varela y Temes
Autoría descoñecida
1824

Vitor conmemorativo de don Agustín Lorenzo Varela y Temes. Divídese en dúas rúas horizontais: a superior representa uns personaxes que portan atributos representativos do homenaxeado con dous escudos e libros; os personaxes son dous putti e un anxo adulto. Na rúa inferior, a lenda que di: "AL Dr. Dn. AGUSTÍN LORENZO VARELA Y TEMES COLEGL. EN EL D SN. CLEMENTE D PASANTES DEL GREMIO Y CLAUSTRO D ESTA RL. UNIVERSIDAD, PROVISOR EN EL OBPDO D OVIEDO CANO. PENITENCO. D LUGO Y OBISPO DE SALAMANCA. AÑO DE 1824".

1824
vitorromeroortiz
Vítor de Antonio Romero Ortiz

Vítor heráldico dedicado a Antonio Romero Ortiz. Nel represéntase o escudo da universidade compostelá composto, no centro, por un cáliz cunha hostia alusivo ás armas do reino de Galicia; nos cuarteis superiores, unha torre e un león rampante que fai referencia aos títulos de Real que levaba o Estudio compostelán. Nos cuarteis inferiores, as armas da familia de López de Marzoa: dez lanzas cunha palma en medio; unha cruz, escudo de Diego de Muros e cinco estrelas sobre fondo de azur que fan referencia ao arcebispo Alonso de Fonseca. O escudo remátase cunha coroa real e decórase con águilas bicéfalas, símbolo de poder, e dous mascaróns dos que brotan follaxes como elementos decorativos. Na parte inferior lese a seguinte inscrición: "AL EXCMO. Sr. Dn. ANTONIO ROMERO ORTIZ, LICENCIADO EN JURISPRUDENCIA, ALUMNO DE ESTA ESCUELA. MINISTRO DE GRACIA Y JUSTICIA. DIPUTADO Á CORES EN VARIAS LEGISLATURAS Y VICE-PRESIDENTE DEL CONGRESO. YNDIVIDUO DE LA JUNTA GENERAL DE ESTADÍSTICA. CONDECORADO CON LA GRAN CRUZ DE LA ORDEN AMERICANA DE YSABEL LA CATOLICA, CON LA DE 1ª CLASE DE BENEFICENCIA, CON LA DE VALOR Y CONSTANCIA. COMENDADOR DE LA RL. Y DISTINGUIDA ORDEN DE CARLOS 3º. Y DE LA DE CRISTO DE PORTUGAL, BENEMERITO DE LA PATRIA. &.&"

vitoraugustoulloa
Vítor de Augusto Ulloa
Autoría desconocida

Vítor heráldico no que se fai referencia ao homenaxeado a través dos escudo dos Ulloa, axedrezado de 15 pezas, sete de ouro e oito de gules de tres franxas. O escudo coróase na parte superior co helmo. Aliñado co escudo na parte superior, aparece o símbolo da Xustiza: a balanza. Todo complétase cun marco decorativo de tipo vexetal formando róleos. Na parte inferior pódese ler a seguinte inscrición: "AL EXMO É YLLMO. Sr. Dn. AUGUSTO ULLOA, LICENCIADO EN JURISPRUDENCIA POR ESTA UNIVERSIDAD, DIPUTADO Á CORTES SUBSECRETARIO DEL MINISTERIO DE ESTADO, DIRECTOR GENERAL DE ULTRAMAR, GRAN CRUZ DE S. MIGUEL DE BAVIERA, CONDECORADO CON LA ORDEN TURCA DE PRIMERA CLASE DEL MIDJIDIÉ, MINISTRO DE MARINA EN EL AÑO DE 1863. Y DE FOMENTO EN EL DE 1864. & &".

vitorlinaresrivas
Vítor de Aureliano Linares Rivas
Autoría descoñecida

Vítor heráldico sobre táboa. Destaca a sinxeleza do mesmo e o fondo escuro e neutro sobre o que se sitúan tanto o escudo coma a inscrición. A única referencia ao homenaxeado faise a través do escudo da USC que centra a composición, en referencia a que Linares Rivas foi alumno da mesma. O escudo remátase coa coroa real e adórnase con motivos decorativos vexetais, destacando as flores de lis a ambos lados do mesmo. Na parte inferior da táboa aparece a inscrición que o identifica: "AL EXCMO. Sor. D. AURELIANO LINARES RIVAS, NATURAL DE ESTA CIUDAD, ALUMNO Y LICENCIADO EN LA FACULTAD DE DERECHO EN ESTA UNIVERSIDAD DIPUTADO A CORES EN VARIAS LEGISLATURAS, VICE-PRESIDENTE DEL CONGRESO FISCAL DEL TRIBUNAL SUPREMO DE JUSTICIA EN 1881 Y MINISTRO DE GRACIA Y JUSTICIA EN 1883".

Benito Hermida Maldonado
Vítor de Benito Hermida Maldonado
Autoría descoñecida
Ca. 1814

Benito Ramón Hermida naceu en Santiago, (1736-1814). Foi colexial de Fonseca e era coñecedor de diferentes linguas como o francés, inglés, italiano, alemán ou grego. O seu vítor, disposto orixinariamente no Colexio de Fonseca, conxuga ata tres motivos sostidos cada un deles por nenos espidos. Na parte superior preséntase un escudo, en pequeno tamaño, que cabe relacionar coa propia Universidade e que neste caso presenta no seu centro o cáliz propio de Galicia. O centro do vítor está ocupado por outro escudo vinculado con quen é así honrado e ao que responde este tema heráldico. Tamén pode verse unha terceira representación que corresponde á dun vítor, así como unha extensa lenda alusiva ao personaxe.

damasoiglesias
Vítor de Dámaso Iglesias
Autoría desconocida

Vítor conmemorativo heráldico e alegórico. A través dunha composición case simétrica, faise alusión ás virtudes do homenaxeado por medio, en primerio lugar de dous escudos que centran a composición; á dereita o da USC e na esquerda o persoal de Dámaso Iglesias, unidos por unha coroa real. Ambos están enmarcados por tres putti clásicos, un a cada lado, e o terceiro na parte superior. Todos portan unha serie de elementos que fan referencia ao carácter de bispo do homenaxeado; así, o da esquerda sostén o báculo pastoral e a mitra e leva a cruz peitoral; o da dereita coroado con laurel, símbolo de triunfo e vitoria, porta o bonete episcopal e fai a actitude de coroar o escudo do homenaxeado cunha coroa dourada que porta na man dereita. Na parte superior, o terceiro putti porta o capelo, sombreiro de ala ancha verde, exclusivo dos bispos do que colgan os cordóns rematados con seis borlas (número dos bispos). Na parte inferior, a lenda que fai relación dos méritos do homenaxeado: "EL ILmo. Sr. Dn. DAMASO YGLESIAS Y LAGO DL GREMIO Y CLAUSTº DE ESTA Rl. UNIVEd. DE SANTº. REGte. DL COLEGIO DE ARTISTAS DE Sn GERNmo. CANº MAGSTal. DE LA Sta. IGLEª DE ORENSE, CARDENAL DE LA APOSTª METROPOLITANª DE SANTº. Y OBISPO DE LA MISMA DE CRENSE. AÑO DE 1818".

Felipe González Abarca
Vítor de Felipe González Abarca
Autoría descoñecida
1816

Felipe González Abarca é natural de Avilés (1765-1842). En 1807 recoñécenselle os seus graos pola Universidade compostelá. A concreción do vítor dedicado a este prelado, da orde dos mercedarios, estrutúrase dispoñendo baixo un capelo episcopal un par de escudos -un mercedario e o outro da Universidade compostelá- separados por unha cruz episcopal. Completan a composición dúas figuras infantís núas aos lados, sendo unha delas alada. Unha leva unha mitra e a outra un báculo. Acompáñase todo dunha lenda na que se data a obra en 1816, tras a súa elección como bispo de Ibiza.

1816
vitorcalderonycollantes
Vítor de Fernando Calderón y Collantes
Autoría desconocida

Vítor heráldico composto polo escudo do homenaxeado no centro. Este coróase na parte superior cun helmo e na parte inferior das medallas coas que foi distinguido o personaxe; na esquerda colgando dunha cinta vermella a Cruz de Leopoldo de Bélxica, no centro a Cruz e banda da Orde de Carlos III e, na dereita, a cruz da Orden turca de Nishan. Todo rodeado por un marco con decoración de tipo vexetal nas esquinas. Na parte inferior nárrase a seguinte lenda: "AL EXCMO. Sr. D. FERNANDO CALDERÓN Y COLLANTES, BACHILLER EN LEYES POR ESTA UNIVERSIDAD, COLEGIAL EN EL MAYOR DE Sta. CRUZ DE VALLADOLID, DIPUTADO Á CORTES EN VARIAS LEGISLATURAS, VICEPRESIDENTE DEL CONGRESO EN LA DE 1858, PRESIDENTE DE SALA EN LA Rl. AUDIENCIA DE BARCELONA; MAGISTRADO, PRESIDENTE DE SALA Y REGENTE DE LA DE MADRID; MINISTRO DEL TRIBUNAL SUPREMO DE JUSTICIA, CONSEJERO DE ESTADO; MINISTRO DE GRACIA Y JUSTICIA, Y DE ESTADO; GRAN CRUZ DE CARLOS 3º. DE LA DE LEOPOLDO DE BELGICA, CONDECORADO CON LA ORDEN TURCA DE NISHAN-YFTIJAR & SENADOR DEL REINO &&"

rodríguezvaamonde
Vítor de Florencio Rodriguez Vaamonde
Autoría descoñecida

Vítor conmemorativo de carácter heráldico e alegórico. Enmarcado nun cortinado de efecto teatral aparecen a figura dun anxo que sostén unha cadea que suxeita unha balanza, símbolo de xustiza, atravesada por un cetro ou bastón de mando e dunha espada. Na parte dereita e coroado por un helmo, aparece o escudo dos Vaamonde: sobre un campo de azur inscríbese un M de ouro cunha coroa, ten unha bordura de goles con sete peixes de prata. Na parte inferior da táboa aparece a seguinte inscrición: "AL EXMO. Sr. D. FLORENCIO RODRIGUEZ VAAMONDE, LICENCIADO EN LEYES POR ESTA UNIVERSIDAD, RECTOR DE LA DE MADRID, MINISTRO DE GRACIA Y JUSTICIA EN EL AÑO DE 1847. CONSEJERO DE ESTADO Y PRESIDENTE DE LA SECCION DE HACIENDA DEL MISMO, SENADOR DEL REINO, MINISTRO DE LA GOBERNACION EN EL AÑO DE 1863. &. &."

gonzalezcorral
Vítor de Francisco González Corral
Autoría desconocida

Vítor conmemorativo de carácter heráldico que centra a composición no escudo da USC coroado cunha coroa real. Este queda envolvido por un marco decorativo de tipo vexetal formando roleos que ocupan gran parte da superficie das táboas. Na parte inferior e colocada a eixo co escudo vemos unha balanza, símbolo de xustiza da que colga a banda dourada e branca coa cruz da Orden de Isabel a Cataólica coa que foi distinguido o homenaxeado, tal como se di na inscrición coa que se remata o vítor, que é a seguinte: "AL EXMO É YLLMO Sr. Dr. D. FRANCISCO GONZALEZ CORRAL, DEL GREMIO Y CLAUSTRO DE ESTA UNIVERSIDAD, CABALLERO GRAN CRUZ DE LA REAL ORDEN AMERICANA DE YSABEL LA CATOLICA, DIPUTADO Á CORTES, FISCAL DE LA AUDIENCIA TERRITORIAL DE VALLADOLID, MAGISTRADO EN LA MISMA Y EN LAS DE OVIEDO Y CORUÑA, REGENTE DE LA Rl. AUDIENCIA DE PUERTO RICO Y DE LA PRETORIAL DE LA HABANA, CONSEJERO DE ESTADO EN EL AÑO DE 1862. & &.".

Jacobo María Parga y Puga
Vítor de Jacobo Mª de Parga y Puga
Autoría descoñecida
1834

Conta este persoeiro (1774-1850) cun vítor que está centrado por un escudo alusivo a Fonseca -colexio ao que se destina- sobre o que pode verse un bonete negro distinguido por unha grilanda no que colga cara aos lados parte dunha beca; tamén se dispón, vinculado ao bonete, a medalla da Orde de Carlos III, distinción coa que contaba. Dúas figuras núas sosteñen outros tantos atributos: unha, un arado; a outra, unha cornucopia cuxos dons se espallan no chan. Cabe entendelos conxuntamente en relación co seu cargo de presidente da Xunta de Fomento de Riqueza do Reino aludíndose, deste xeito, ao fomento da agricultura. Na epígrafe que o completa na parte baixa dátase esta obra en 1834.

1834
lozanotorreira
Vítor de Joanni Lozano Torreira
Autoría descoñecida

Vítor conmemorativo de carácter heráldico que centra a composición no escudo de armas do homenaxeado, coroado pola mitra, a cruz potenciada e o báculo pastoral. Todo enmarcado polo capelo cardenalicio verde do que penden os cordóns rematados en seis borlas, alusivos ao carácter de bispo do personaxe. Na parte inferior, enmarcada, pódese ler a seguinte inscrición en latín: "ILLMO. D. D. JOANNI LOZANO ET TORREIRA, COMPOSTELLANO: DOCTORATÛS IN SACRA THEOLOGIA ATQUE LICENTIATURAE IN JURISPRUDENTIA LAUREA INSIGNITO; HUJUS GYMNASII VICE-RECTORI, IN EO DEMQUE NECNON ET IN OVETENSI THEOLOGIAE PROFESORI; SANCTAE ASTURICENSIS ECCLESIAE DEINCEPSQUE BASILICAE COMPOSTELLANAE CANONICO LECTORALI, AC DENUO EJUSDEM S. M. E. ARCHIDIACONATUS DIGNITATE ORNATO: SEMINARII TRIDENTINI DIOCESIS ASTURICENSIS PRIMUM, AC COMPOSTELLANAE POSTERIUS RECTORI. EPISCOPO PALENTINO, A D. MDCCCLXVI."

rivadeneira
Vítor de José Antonio Rivadeneira
Autoría desconocida
1831

Vítor heráldico no que aparece o escudo de armas do homenaxeado rematado por un helmo. Está sostido por dous putti, dos que un deles sostén na súa man unha coroa dourada. O vítor complétase cunha decoración que recrea un cortinado teatral adaptada ao formato da táboa, e un friso con flores de lis. Na parte inferior inscríbese a lenda: "A. YLM.º SEÑOR EL DR. DN. JOSÉ ANTONIO RI-/VADENEIRA, DEL GREMIO Y CLAUSTRO DE LAS/ REALES UNIVERSIDADES DE OSMA Y SANT.º/ EN LA QUE HA SIDO RECTOR, CANONIGO DO-/CTORAL DE LA S.Y. DE LUGO, GOVERNADOR, PROVISOR/ Y VICARIO GRAL DEL OBISPADO SEDE VACANTE, CA-/NONIGO DIGNIDAD DE CARDENAL DE LA S.A.M.Y. DE/ SANT.º PROVISOR GOVERNADOR Y VICARIO GRAL/DEL ARZOBISPADO SEDE-VACANTE, AUDITOR/ DE LA SACRA ROTA ROMANA. OBISPO/ DE VALLADOLID. AÑO DE 1831."

1831
Vítor de José Ávila Lamas
Autoría desconocida
1857

Vítor heráldico sobre táboa. Dos putti portadores flanquean o escudo do homenaxeado, do que colga, na súa parte inferior, a cinta dourada e branca e a cruz da orde de Isabel a Católica. Na parte superior sitúase o capelo verde de ala ancha cos característicos cordóns rematados en seis borlas alusivos ao carácter de bispo de Ávila Lamas. Na parte inferior da táboa, a lenda: "AL EXMO. É YLMO SR. DR. D. JOSÉ AVILA LAMAS, DEL GREMIO Y CLAUSTRO DE ESTA UNIVERSIDAD, COLEGIAL DEL MAYOR DE FONSECA, CANÓNIGO LECTORAL DE LA S.A.M. YGLESIA DE SANTIAGO, CABALLERO, GRAN CRUZ DE LA REAL ORDEN DE YSABEL LA CATÓLICA, OBISPO DE PLASENCIA EN EL AÑO DE 1852. Y DE ORENSE EN EL DE 1857. &.&."

1857
lopezcrespo
Vítor de José López Crespo
Autoría desconocida

Vítor de carácter heráldico dedicado a Xosé López Crespo. Componse polo escudo de armas, que centra a composición, no que vemos as referencias á cidade de Santiago: Fonseca coas cinco estrelas, a arqueta sobre nubes rematada por unha estrela do Apóstolo, a barca coa cruz de Santiago acompañada por dúas cunchas e, no centro, as armas de Galicia: o cáliz coas sete estrelas. O escudo coróase por unha cruz no centro e, nos laterais, a mitra e o báculo obispal e, na parte superior o capelo cardenalicio cos cordóns rematados en seis borlas. Na parte inferior, dous mascaróns decorativos suxeitan unha grilanda de loureiro. Acompáñase da seguinte inscrición que identifica o homenaxeado: "AL YLMO Sr. Dn. JOSE LOPEZ CRESPO, DEL GRMIO Y CLAUSTRO DE ESTA UNIVERSIDAD, CATEDRÁTICO DE FILOSOFÍA DE LA MISMA, RECTOR DEL SEMINARIO CONCILIAR. CANÓNIGO LECTORAL Y DIGNIDAD DE CHANTRE DE LA S.A.M. IGLESIA DE SANTIAGO, OBISPO DE SANTANDER EN EL AÑO DE 1859. &&".

Vítor de Luis Folgueras Sión
Autoría desconocida

Vítor de carácter heráldico. Está presidido polo escudo da USC sostido por dous putti clásicos, un deles coroa coa man dereita o escudo universitario, o cal, na parte inferior está enmarcado por follas de acanto. Centrando a composición están as insignias episcopais cruzadas: o báculo, atributo que serve de apoio e indica que o bispo debe soster e dirixir aos fieis, e a cruz patriarcal, con dúas barras transversais. Ambos están coroados polo capelo verde suxeito por cordóns rematados en seis borlas, alusivos ao rango de bispo do homenaxeado. Na parte inferior, unha inscrición na que se pode ler: "EXMO. É YLMO. Sr. D. LUIS FOLGUERAS SION, LICENCIADO EN CANONES POR ESTA UNIVERSIDAD, DEÁN DE LA SANTA YGLESIA CATEDRAL DE ORENSE, OBISPO DE TENERIFE, ARZOBISPO DE GRANADA, CABALLERO GRAN CRUZ DE CARLOS 3º. SENADOR DEL REINO. &. &."

Luis Iglesias
Vítor de Luis Iglesias
Autoría descoñecida
1830

Luis Iglesias inicia a súa vida (1768-1868) como franciscano aos 15 anos, en 1782. É doutor na Universidade de Santiago en 1808. Os franciscanos elixirano, nemine discrepante, Xeneral o 29 de maio de 1830. O seu vítor é un escudo con armas propias dos franciscanos que se acompaña doutro, propio da Universidade compostelá. Ambos están enlazados e unidos na súa parte alta coas letras características do vítor. Unha figura alegórica da Igrexa, coroada coa tiara pontificia, preséntase sedente ao lado do escudo franciscano, mentres que o outro mostra unha representación de Minerva cunha coroa de loureiro na súa destra, honrando deste modo o personaxe na súa faceta universitaria. Conta, como é común, con inscrición datada en 1830.

1830
Luís Porteiro Garea
Vítor de Luís Porteiro Garea
Soledad Penalta
2016

Luís Porteiro Garea (1889-1918), profesor de Dereito Civil, vincúlase coa creación das Irmandades da Fala (1916). El foi o primeiro que utilizou o idioma galego nun acto realizado no Paraninfo universitario, no ano 1915. Conta cun vítor na Facultade de Dereito, realizado en 2016 -en conmemoración do centenario das Irmandades da Fala- pola escultora Soledad Penalta, quen acompaña o retrato de Porteiro coa súa palabra, así como cunha epígrafe na súa base.

2016
Manuel Colmeiro (vítor)
Vítor de Manuel Colmeiro y Penido
Manuel López Garabal
1950

Manuel Colmeiro y Penido naceu en Santiago (1818-1894). En 1847 obtén dúas cátedras: a de Economía Política en Santiago e a de Dereito Administrativo en Madrid. O vítor que lle corresponde prescinde da imaxe do personaxe, a quen se alude a través dunha longa epígrafe, incluída nunha forma que se aproxima á dun gran escudo. Nel apóiase unha Minerva con atributos da Xustiza. Trátase neste caso dunha obra pintada por Manuel López Garabal, datada en 1950.

1950
Manuel Fernández Varela
Vítor de Manuel Fernández Varela
Autoría desconocida
1827

Neste vítor, unha figura de Apolo leva na súa man dereita unha coroa e na outra a lira que o personaliza. Dita coroa vai poñela sobre o escudo que identifica o personaxe e que se mostra, tamén, distinguido coa cruz e banda de Carlos III. Ao outro lado, unha figura de Minerva sedente apoiada sobre outro escudo -o da Universidade- mantén na súa man unha barreta, en actitude de entrega, tamén relacionada co escudo de Fernández Varela (1772-1834). Todo discorre a ceo aberto, nunha mitolóxica paisaxe na que se distinguen, entre outros motivos, un templo de forma redonda -o templo da Sabedoría-; un personaxe voando, tocando unha trompeta símbolo da Fama; e o cabalo de Pegaso, alzando tamén o voo. Na inscrición correspondente figura unha data: 1827 (?).

1827
Manuel Pardo Ribadeneira
Vítor de Manuel Pardo Ribadeneira
Autoría descoñecida
1827

Neste vítor de Manuel Pardo (1759-1839) preséntase o escudo de Fonseca, sostido por unha columna estriada e rodeado por unha grilanda. Tamén unha figura portadora leva na súa destra unha coroa, relacionada co honor que lle é debido e co que cabe, ademais, vincular o bonete negro e outros elementos anexos dispostos ao pé de dita columna. Como fondo disponse un templo da Sabedoría, en tanto que diante, a un lado, poden verse tanto libros -cuxos lombos aluden a Sócrates e Cicerón- coma símbolos do exercicio da Xustiza: a balanza e o feixe de lictores. Na outra parte, hai unha figura sedente cunha pluma nunha man mentres sostén un libro aberto; nel pode lerse SUADE/ RE, que cabe entender como alegoría da Historia. Abaixo hai unha epígrafe que data a obra en 1827. Fíxose para o Colexio de Fonseca.

1827
vitorramonlopezvazquez
Vítor de Ramón López Vázquez
Autoría desconocida

Vítor de carácter heráldico presidido polo escudo de armas do homenaxeado que se coroa por un helmo. Destaca a profusa decoración coa que se rodea o escudo formada por trazas e motivos vexetais con follas de acanto. Na parte inferior e colgando de grilandas aparecen as dúas cruces coas que foi distinguido Ramón López Vázquez: a primeira debaixo do escudo, a de Isabel a Católica e, separada por unha grilanda, a de Carlos III. Na parte inferior da táboa, a lenda: "AL EXMO. Sr. Dr. Dn. RAMON LOPEZ VAZQUEZ. DEL GREMIO Y CLAUSTRO DE ESTA UNIVERSIDAD, COLEGIAL Y RECTOR EN EL MAYOR DE FONSECA, DIPUTADO Á CORTES EN VARIAS LEGISLATURA Y VICE-PRESIDENTE DEL CONGRESO EN LA DEL AÑO DE 1850. CABALLERO GRAN CRUZ DE LA Rl. Y DISTINGUIDA ORDEN DE CARLOS 3º. Y DE LA DE YSABEL LA CATOLICA, SENADOR DEL REINO, PRESIDENTE DEL TRIBUNAL SUPREMO DE JUSTICIA. &. &. AÑO DE 1864".

Saturnino Calderón y Collantes
Vítor de Saturnino Calderón y Collantes
Atribuído a José Garabal Louzao
Ca. 1863

Naceu en Reinosa (1799-1864). Estudou en Santiago entre 1823 e 1829, concretamente Leis. O seu vítor presenta un escudo que se corresponde cos Calderón y Collantes. Sobre el pode verse un helmo tras o que sobresae un brazo armado de espada. Baixo o escudo móstranse tres condecoracións relativas ao personaxe. No centro, a correspondente á Orde de Carlos III. Á súa dereita pode verse a medalla relativa ao Gran Cordón da Lexión de Honor e ao outro lado a Orde Piana, ou de Pío IX. Na base desenvólvese a correspondente epígrafe. É obra vinculada ao pintor José Garabal Louzao e debe datarse pouco antes do ano 1863.

telmomaceira
Vítor de Telmo Maceira
Autoría descoñecida

Seguindo o esquema de vítor heráldico, fanse referencia aos méritos do homenaxeado por medio dunha serie de elementos. Centran a composición dous escudos: á esquerda o persoal e á dereita o da USC; ambos están unidos por unha banda de cinta branca e dourada da que colga unha cruz: trátase da Orde de Isabel a Católica coa que foi recoñecido Telmo Maceira. Na parte superior dos escudos, o tetragramaton, símbolo da Trinidade, composto polo triángulo que se apoia nunha basa, e a pomba. Complétase o vítor co capelo de cardeal verde do que saen os cordóns de seis borlas que fan referencia ao carácter de bispo do personaxe. Por último, aparecen unha serie de motivos decorativos: rosetas nas esquinas e dúas follas que saen da cruz de Isabel a Católica. Na parte inferior pódese ler: "AL EXMO É YLMO. Sr. Dr. Dn. TELMO MACEIRA, DEL GREMIO Y CLAUSTRO DE ESTA UNIVERSIDAD. DEAN DE LA SANTA YGLESIA DE TUY, CABALLERO DE LA REAL Y DISTINGUIDA ORDEN DE CARLOS 3º. GRAN CRUZ DE LA DE YSABEL LA CATOLICA PREDICADOR DE S. M. OBISPO DE MONDOÑEDO EN EL AÑO DE 1852. Y DE TUY EN EL DE 1856. SENADOR DEL REINO. &. &."

tomasmosquera
Vítor de Tomás Mosquera Garcia
Autoría desconocida

Sinxelo vítor de carácter heráldico, composto polo escudo da USC que centra a composición rematado na parte superior por unha coroa real. Destaca o enmarque do escudo decorado con motivos vexetais. Na parte inferior, a inscrición: "AL EXCMO,. E YLLMO. Sr. D. TOMAS MARIA MOSQUERA Y GARCÍA, LICENCIADO EN DERECHO POR LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO. ABOGADO DE LOS YLUSTRES COLEGIOS DE LA CORUÑA Y MADRID. DIRECTOR GENERAL DE LOS REGISTROS CIVIL, DE LA PROPIEDAD Y DEL NOTARIADO. DIPUTADO Á CORTES POR LA PROVINCIA DE ORENSE EN LAS CONSTITUYENTES DE 1869. POR EL DISTRITO DE CARBALLINO EN LAS ORDINARIAS DE 1871. POR QUEBRADILLAS Y COAMO (PUERTO RICO) EN 1872 POR CARBALLINO Y BANDE EN EL MISMO AÑO. MINISTRO DE ULTRAMAR EN JULIO DE 1871. Y EN DICIEMBRE DE 1872. CABALLERO GRAN CRUZ DE LA ORDEN DE MARIA VICTORIA. SENADOR DEL REYNO. &. &."

380
397
398
399
400
401
402
403