Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
Volver ás localizacións
Facultade de Filoloxía (7)
  • A-ZCRONOL.
Campus Santiago
Facultade de Económicas e Empresariais: 107
Facultade de Química: 11
Facultade de Filoloxía: 7
Pavillón Central CC Educación e Psicoloxía: 5
Biblioteca Concepción Arenal: 1
Facultade de Dereito: 83
Capela: 1
Colexio Maior Fonseca: 6
Facultade de Medicina: 38
Colexio Maior Rodríguez Cadarso: 8
Facultade de Xeografía e Historia: 94
Colexio de San Xerome Reitoría: 162
Colexio Maior San Clemente: 10
Facultade de Bioloxía: 4
Facultade de CC Políticas e Sociais: 13
Facultade de Farmacia: 9
Facultade de Física: 1
Facultade de Matemáticas: 11
Facultade de Psicoloxía: 11
Campus Lugo
Biblioteca intercentros: 1
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría: 7
Facultade de Ciencias: 1
Facultade de Formación do Profesorado: 7
Pazo Montenegro Vicerreitoría: 13
Vicexerencia: 1
Outras localizacións
Casa dos Catedráticos - Campus Sur: 1
Centro de Estudos Avanzados Finca Vista Alegre: 1
Casa da Balconada: 54
Casa da Concha: 23
Arquivo histórico: 5
Igrexa da Universidade ou da Compañía: 49
Colexio ou Pazo de Fonseca: 30
Almacenado ou retirado: 3
catedral
Catedral
Zamora
1997

Debuxo da fachada do Obradoiro a pluma en tinta negra . Asinado no ángulo inferior esquerdo. Na parte inferior presenta unha inscrición " VII simposio Profesores español"

1997
maside
Maside 1
Xulio Maside
1980

Obra figurativa que mostra unha parella, unha de costas e outra de perfil. A pintura de Maside é enérxica, impulsiva, de trazos fortemente coloristas de influencia fauvista; xunto a ela, os ecos do expresionismo histórico e a xeometría do cubismo visible nas formas das figuras. Pola variedade e forza cromática empregada, claramente expresionista, pódese insicribir esta obra aproximadamente na década dos 80. Asinado no a.i.d.

1980
mralpatinho
Mural
Antón Patiño
1991

O autor mostra a súa devoción polos fondos matéricos, polas superficies cambiantes, esaxeradamente rugosas. Podemos ver unha cadeira sobre unha enorme superficie de cor terra recorrendo novamente ao símbolo para denunciar a progresiva desertización da Península Ibérica. Un inmenso espazo baleiro dominado por unha estrutura granulada de cor caracteriza esta composición que se aproxima á abstracción. Patiño patentiza que na súa obra todo é importante, todo é significativo, desde a composición e o debuxo ata a cor, posiblemente máis irracional e máxico da pintura. Asinado no ángulo inferior esquerdo:"A. PATIÑO"

1991
murocompostela
Muro en Compostela
Manuel R. Moldes
1991

Concibida a obra como un muro que actúa de fondo da obra, Moldes superpón a este fondo toda unha serie de elementos: cruces, espirais, círculos e figuras como unha árbore de gran relevo, característica esta que desenvolve a partir de finais da década dos 80 facendo que as súas obras conteñan un compoñente máis matérico. Moldes reinterpreta os símbolos tradicionais galaicos, neste caso espirais que remiten a unha cultura ancestral prehistórica que o pintor pontevedrés reinterpreta converténdoos nun selo característico. O valor matérico da obra e a inclusión destes elementos como as cruces falan tamén da súa influencia polo informalismo, especialmente da obra de Tàpies.

1991
quixotesancho
Quixote e Sancho
Manuel López Garabal
1960

Baseado no Capítulo XLI da obra de Cervantes, "De la venida de Clavileño, con el fin desta dilatada aventura", do Quixote, Garabal representa unha escena na que se ve a Don Quixote e a Sancho quen, cos ollos vendados, están subidos no cabalo de madeira Clavileño o cal os conduciría nunha viaxe e rincharía ao chegar ao final. Así vemos, nun paisaxe de Castela a Mancha cun muíño de vento ao fondo, a figura do cabalo de madeira sobre o que van montandos o Quixote e seu escudeiro Sancho Panza, ambos os dous cos ollos vendados. Ao redor, un grupo de mulleres observan a escena mentres que outros homes están tocando música. Tecnicamente a obra destaca pola importancia do debuxo, que delimita nitidamente as siluetas das figuras; emprega Garabal unha ampla paleta cromática na que teñen cabida os laranxas, amarelos, verdes e os azuis tan característicos do autor. Cumpre destacar o manexo do autor na creación da perspectiva e na captación atmosférica e de luminosidade, cunha gran importancia no estudo das sombras. No ángulo inferior esquerdo aparece unha dedicatoria do autor ao catedrático de literatura D. Enrique Moreno Báez. "A. D. Enrique Moreno B. afectuosamente Garabal".

1960
Valle Inclán
Ramón del Valle Inclán
Felipe Criado
1968

Débese a Felipe Criado o retrato de Ramón María del Valle Inclán, tamén ultimado como vítor. É o resultado dunha proposta realizada polo decano da Facultade de Filosofía e Letras, Otero Túñez, en 1967 con motivo do centenario do nacemento do escritor, cun enmarcado similar ao do cadro de Asorey. Neste caso ten “…unha placa de metal, gravada por Mayer, Valle Inclán/ Alumno desta Universidade/ 1866-1936”; refírese aos seus estudos en Dereito entre 1885 y 1890. Estamos, tamén aquí, ante un retrato que atende a expoñer, sobre un fondo neutro, a individualidade do personaxe co complemento dunha mesa e duns libros, alusivos á súa actividade literaria.

1968
torrereloxo
Torre do reloxo
Zamora
1994

Vista da torre do reloxo da catedral de Santiago dende a Rúa do Vilar. Asinado no ángulo inferior esquerdo. No ángulo inferior dereito, dedicatoría do ano 1997, "VII simposio Profesores Español"

1994
410
397
398
399
400
401
402
403