Representación dunha paisaxe mariñeira, tema polo que Lugris Vadillo sente unha especial debilidade. Nesta escena atopamos, á nosa dereita, un barco e á esquerda os edificios do peirao. É esta unha paisaxe sen referencias concretas aos elementos naturais que conforman unha escenografía misteriosa, na que os tonos cálidos crean unha atmosfera efectista, teatral e irreal. Esta paisaxe imposible, represéntase cun minucioso realismo, de grafismo preciso. Asinado a. i. d.