Ir o contido principal
Museo virtual Universidade
de Santiago
de Compostela
  • gl
  • es
Inicio Inicio

Inicio

Presentación

Coleccións

  • Contemporánea
    Espazos
    Retratos
    Vítores

Itinerarios

  • Gabinete de Curiosidades
    Minerva Compostelá
    Reitores

O meu museo

Localización

Explora

Política de privacidade
Volver ás localizacións
Facultade de Medicina (41)
  • A-ZCRONOL.
Campus Santiago
Facultade de CC da Educación: 5
Facultade de Económicas e Empresariais: 107
Facultade de Química: 11
Facultade de Filoloxía: 7
Biblioteca Concepción Arenal: 1
Facultade de Dereito: 83
Capela: 1
Facultade de Filosofía: 1
Colexio Maior Fonseca: 6
Facultade de Medicina: 41
Colexio Maior Rodríguez Cadarso: 8
Facultade de Xeografía e Historia: 94
Colexio de San Xerome Reitoría: 163
Colexio Maior San Clemente: 10
Facultade de Bioloxía: 4
Facultade de CC Políticas e Sociais: 13
Facultade de Farmacia: 9
Facultade de Física: 1
Facultade de Matemáticas: 11
Facultade de Psicoloxía: 12
Campus Lugo
Biblioteca intercentros: 1
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría: 7
Facultade de Ciencias: 1
Facultade de Formación do Profesorado: 7
Pazo Montenegro Vicerreitoría: 12
Vicexerencia: 1
Outras localizacións
Casa dos Catedráticos - Campus Sur: 1
Centro de Estudos Avanzados Finca Vista Alegre: 1
Casa da Balconada: 53
Casa da Concha: 23
Arquivo histórico: 4
Igrexa da Universidade ou da Compañía: 49
Colexio ou Pazo de Fonseca: 30
Gardería: 1
Almacenado ou retirado: 3
rodriguezseoane
Luís Rodriguez Seoane
Autoría descoñecida
1877

De autoría descoñecida é este retrato de Luis Rodríguez Seoane, catedrático da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela. Este aparece retratado de medio corpo, case frontal, mirando á esquerda. Aparece vestido con traxe negro e leva as condecoracións que recibiu: a banda branca e amarela e cruz da Real Orde de Isabel a Católica e a Cruz da Beneficencia. O autor logra transmitir unha sensación de gran verismo no rostro. Emprega unha gama cromática escura a base de grises, poñendo como nota de cor nas condecoracións, cunha pincelada pouco cargada de materia.

1877
alejandronovo
Alejandro Novo González
Francisco Luis López Carballo
1984

Baixo unha estética rexionalista, López Carballo realiza o retrato do Doutor Novo González, decano da Facultade de Medicina. Vai vestido co traxe académico negro e camisa branca sobre a que coloca a toga amarela, cor que se vincula cos estudos de Medicina. O personaxe represéntase cun libro, símbolo de sabiduría na man esquerda e coas medallas condecorativas, entre as que se distinguen as da Orde de Isabel a Católica e a peitoral. Sitúa o personaxe nun fondo neutro de tonalidades azuis, sentado e frontal aínda que en lixeiro escorzo, contribuíndo deste xeito á sensación de espazo. Posuidor dunha técnica moi particular de influencia posimpresionista, López Carballo decántase por unha factura de pincelada de toque, cargada de materia e pastosa, pola búsqueda de solucións dunha luminosidade de contraste o que lle permite realizar estudos de brillos e texturas que dan seña do seu dominio técnico.

1984
alonsofonseca
Alonso de Fonseca Ulloa
Autoría descoñecida
1803

Retrato do Arcebispo Alonso de Fonseca, representado de medio corpo, en perfil e escorzo. Represéntase coa vestimenta eclesiástica: muceta azul e sobrepelliz branca, cruz peitoral e bonete. O personaxe está sentado, mirando cara fóra como se estivese posando, recortándose nitidamente sobre un fondo neutro. A luz -que provén do exterior- inicide no rostro do personaxe. Aínda que se descoñece o autor da obra, é posible que este se inspirase nalgún dos outros retratos que do Arcebispo Fonseca custodia a nosa Universidade.

1803
echeverri
Ángel Jorge Echeverri
Manuel López Garabal
1970

Retrato de don Ángel Jorge Echeverri, decano da Facultade de Medicina. Represéntao de medio corpo, de perfil, aínda que mirando cara fóra, sentado nunha cadeira e ante un fondo cun andel de libros. Aínda que Garabal se afasta un pouco do concepto de retrato tradicional académico, o personaxe faise representar coas condecoracións recibidas e coa medalla peitoral. O estilo destaca polo seu naturalismo do autor, característica da etapa de plenitud na que foi realizado. Magnífico retratista, representa excepcionalmente as faccións do rostro e recréase no detallismo das medallas. A paleta cromática é a base de azuis, violetas de cobalto e malvas, que se converteron nun selo persoal do autor. Asinado no a.i.d.: "Garabal"

1970
martinezdelariva
Ángel Martínez de la Riva
Fernando Martín Marqués
1920

Aínda que apenas se coñecen datos do autor, sí que se sabe que participou en distintas exposicións rexionais en Santiago con retratos, xénero que domina con mestría. Nesta obra representa a Ángel Martínez de la Riva, catedrático de Medicina na Facultade compostelá. Seguindo a corrente realista das primeiras décadas do século XX, o retrato está fortemente influenciado pola aparición da fotografía, (xa o autor, xunto a sinatura, sinala que o realiza a partir dunha fotografía) o que trasmitía unha sensación de inmediatez e verismo visible no rostro, concedéndolle unha gran importancia á mirada, e acentúase pola luz. Retrata ao personaxe vestido con traxe no que sobresae a medalla peitoral -único distintivo da condición de decano-, de medio corpo, case frontal e mirando cara o espectador, ante un fondo neutro. O autor transmite a sensación de profundidade ao xogar coas gamas dos grises no fondo, máis escuro no lado dereito e máis claro no esquerdo, aclarando a paleta no perfil da figura provocado pola incidencia da luz. Asinado no ángulo inferior esquerdo "De Fotografía Martín Marqués"

1920
antoniocasares
Antonio Casares Rodríguez
Autoría desconocida
1852

De autoría descoñecida, neste retrato de pequeno formato represéntase a Don Antonio Casares Rodriguez (1812-1888), catedrático de Farmacia e reitor desta Universidade. A diferenza doutros retratos oficiais nos que se escolle un formato máis amplo, de medio corpo ou en tres cuartos, aquí óptase polo busto. O personaxe viste traxe negro e camisa branca. O retrato destaca polo realismo do rostro e o detallismo nas faccións, destacando a ollada do retratado que mira cara fóra.

1852
Antonio Novo Campelo
Antonio Novo Campelo
Elvira Santiso
1940

Antonio Novo Campelo (1878-1948), nomeado en 1910 catedrático de Terapéutica da Universidade de Santiago, foi decano entre 1931-1936 e 1941-1948 (Vid. Gurriarán, Otero Costas, García Iglesias, 2014). O seu retrato leva a sinatura de Elvira Santiso. Ademais da medalla propia de doutor, óptase por mostrar outras distincións. Aparece distinguido como Comendador (Saada) da Orde da Medhauia e, á esquerda desta, a de Comendador de Instrución Pública de Portugal e, ao pescozo, o colar de Comendador da Orde de Afonso X o Sabio. Neste caso, utilízase a muceta e o bonete co amarelo propio de Medicina para presentar o persoeiro. Ábrese deste modo unha forma de presentar os decanos que será máis ou menos seguida en bastantes casos posteriores.

1940
fernandezcruz
Arturo Fernández Cruz
Félix Revello de Toro
1982

Retrato de don Arturo Fernández Cruz, sentado de medio corpo e sobre un fondo neutro; viste traxe escuro e leva nas mans unhas gafas. O retrato escapa ás normas máis tradicionalistas ou academicistas neste xénero. Así o decano non leva ningún atributo que identifique o seu cargo ou condición na Universidade. Está asinado no ángulo inferior dereito. Asinado no a.i.d. : "F. Revello de Toro/1982"

1982
caceriamaximiliano1
As cacerías de Maximiliano 1
Sobre cartón de Bernard Van Orley
1701

Tapiz realizado sobre cartón de Bernard Van Orley (1530), datado aproximadamente cara os séculos XVIII e XIX. Escena das belas cacerias de Maximiliano. O conxunto compoñíase dunha ducia de escenas inspiradas no antigo tratado de monteria que tiña como título "Le livre du roi Modus et de la reine Ratio". Nesta escena, un cabaleiro , probablemente Maximiliano montado a cabalo, convertese no centro da composición, mentres no primeiro plano un paxe tira con forza da correa dun can. O fondo constitúido por unha cidade amurallada. Inscrición na parte inferior:"De schoone iagten van Maximiliaan door van Orley 1"

1701
caceriasmaximiliano2
As cacerías de Maximiliano 2
Sobre cartones de Bernard Van Orley
1701

Tapiz realizado sobre cartón de Van Orley (1530), aproximadamente datado entre os séculos XVIII e XIX. Representa as cacerias de Maximiliano. Escena de dous homes a cabalo que conversan coa paisaxe da cidade no fondo. Escenas de gran detallismo, tanto nas vestimentas coma na paisaxe, posiblemente baseadas en modelos do natural. Na parte inferior, unha inscrición: "De schoone iagten van Maximiliaan door Van Orley 2".

1701
bodegonflores1
Bodegón de flores
A. Aguilar
1980

Bodegón que representa un vaso con flores.

1980
bodegonflores2
Bodegón de flores 2
A. Aguilar
1980

Bodegón que representa un cesto con flores.

1980
cadarso
Busto de Alejandro Rodríguez Cadarso
Francisco Asorey

Busto do profesor e reitor Alejandro Rodriguez Cadarso en bronce sobre peaña de granito.

bustodominguezcarmona
Busto de Manuel Dominguez Carmona
Cástor Lata Montoria
1993

Escultor compostelán, Castor Lata domina as técnicas dos distintos materiais. Neste caso combina o granito e o bronce. Sobre unha placa de granito de base rectangular, levántase outra, cuadrangular que serve de pedestal sobre o que se apoia o busto de Domínguez Carmona. Este pedestal de granito serve tamén para acentuar os contrastes cromáticos e xeométricos do conxunto. O escultor emprega o bronce en dito busto, en dúas placas horizontais nas que se pode ler "VII CONGRESO INTERNACIONAL HIGIENE Y MEDICINA PREVENTIVA HOSPITALARIAS", así como na cruz e a grilanda de loureiro -símbolo de triunfo- central, situado a eixo baixo, o busto. Nel, a orografía do rostro resalta as calidades táctiles da obra. Na parte inferior aparece a seguinte inscrición " AL PROFESOR DOCTOR DON MANUEL DOMÍNGUEZ CARMONA INICIADOR DE LA MODERNA SALUD PÚBLICA DE GALICIA 22-IX-1993"

1993
escenacampestre
Escena campestre
Autoría desconocida

Tapiz que representa cinco personaxes femininos e un neno no colo dunha das mulleres vestidas con túnicas de maneira clásica.

pineiroperez
Francisco Piñeiro Pérez
Elvira Santiso García
1940

Pertencente xunto con Mariano Tito Vázquez á Xeración do 98, Elvira Santiso converteuse nunha das principais retratistas da sociedade compostelá das primeiras décadas do século XX. Neste caso, retrata a Francisco Piñeiro Pérez, decano da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dun retrato de medio corpo, no que se presenta ao personaxe en lixeiro escorzo, contribuíndo así a aumentar a sensación espacial a pesar de que o fondo é neutro. O personaxe vai vestido cun traxe negro e camisa branca; leva as insignias coas que fois condecorado, entre as que se encontra a medalla peitoral -indicativo da súa condición de membro académico-. A solidez do debuxo presente neste retrato é unha clara débeda de Fenollera, de quen foi discípula, así como a gama cromática a base de grises. A autora logra transmitir o carácter psicolóxico do retratado e a caracterización dos rasgos fisionómicos do mesmo, o que queda acentuado mediante a luz. Asinado no a.i.e. : "Elvira Santiso"

1940
novoalopez
Jesús Novoa López
Fernando Martín Marqués
1923

Aínda que apenas se coñecen datos do autor, si que se sabe que participou en distintas exposicións rexionais en Santiago con retratos, xénero que domina con mestría. Nesta obra representa a Jesús Novoa López, catedrático de Medicina na facultade compostelá. Seguindo a corrente realista das primeiras décadas do século XX, o retrato está fortemente influenciado pola aparición da fotografía, (xa o autor, xunto a sinatura, sinala que o realiza a partir dunha fotografía) o que trasmitía unha sensación de inmediatez e verismo visible no rostro, logrando unha gran caracterización do personaxe visible na expresión e no bigote. Vai vestido con traxe no que sobresae a medalla peitoral, de medio corpo. O personaxe, aínda que frontal, xira lixeiramente a cabeza cara o seu lado esquerdo ante un fondo neutro. O autor transmite a sensación de profundidade ao xogar coas gamas dos grises no fondo, máis escuro cara o lado esquerdo e aclarándoo no dereito, sobre todo no perfil da figura, froito dunha maior luminosidade.

1923
Jesús Otero Costas
Vicente Prego
2012

Débense a Vicente Prego (1957) os retratos de Jesús Otero Costas (1942) -catedrático de Fisioloxía da Facultade de Medicina de Santiago en 1983 e decano desde 1984 a 1989-, Andrés Beiras Iglesias (1947) e Juan Jesús Gestal Otero (1947). Seguen unhas pautas similares: uso do traxe académico e medio corpo. Hai, con todo, matices diferenciais; así, o que nos mostra a Otero Costas preséntase cun libro baixo o brazo e unha serie de instrumentos para o rexistro neurofisiolóxico, relacionados co quefacer deste profesor. Son, en todo caso, retratos feitos sobre personaxes que o pintor coñece persoalmente, con independencia de que tamén utilice a fotografía á hora de acometer o traballo.

2012
Joaquín Potel Lesquereux
Manuel Quintana Martelo
1993

O retrato de Joaquín Potel Lesquereux (1937) -catedrático de Cirurxía desde 1977 e decano entre 1982 e 1984-, así como o de Francisco Javier Jorge Barreiro (1946) -catedrático de Anatomía Humana desde 1983 e decano entre 1989 e 1995- levan a mesma identificación -Q M 93- No caso de Potel, Quintana Martelo segue a opción do retrato sedente.

Visten co traxe académico sen barrete, pero levando en cambio a medalla de doutor. Os fondos son tratados con notorio interese plástico polo artista, insinuando espazos. Este retrato supón unha especie de síntese entre dous modos de representar os decanos, coa indumentaria académica por unha parte e sedente nun espazo suposto por outra.

1993
andreysierra
José Andrey Sierra
Mariano Tito Vázquez
1900

A retratística de Tito Vázquez caracterízase polo seguimento das pautas decimonónicas; a fidelidade ao modelo, neste caso Andrey Sierra, é a principal búsqueda no retrato que se evidencia perfectamente no rostro. O pintor sitúa o personaxe case frontal. lixeiramente xirado, é cortado por debaixo do peito; vai vestido cun traxe escuro, sobre o que superpón a banda dourada e branca e unha medalla na chaqueta, ambas da orde de Isabel a Católica; colgada do peito leva a medalla da Universidade. Tito Vázquez centra a importancia na ollada, de aí que o personaxe mire directamente ao espectador e potencia ese efecto por medio dun foco de luz que ilumina o rostro e modela a figura. No relativo á técnica, Tito Vázquez é debedor dun concepto decimonónico caracterizado pola importancia do debuxo e a renuncia a unha pincelada solta, o que deixa ver tamén a influencia de Fenollera. Asinado no a.s.d.: "M. VAZQUEZ/SANTIAGO 1900

1900
José María Morales Carballo
José María Morales Carballo
Mariano Tito Vázquez
1900

É en 1900 cando M. Vázquez asina o retrato do decano da Facultade de Medicina José María Morales Carballo, quen ocupa o cargo desde 1868 ata o seu pasamento (A. Franco Grande, 2014, p. 1283; R. Gurriarán, X. A. Otero Costas e J. M. García Iglesias, 2014). Con el parece que se pretende iniciar unha galería de decanos da Facultade de Medicina. Represéntase con traxe escuro, en disposición frontal e coa medalla de doutor. Sempre estivo vinculado este retrato á Facultade, primeiro no Colexio de Fonseca e, actualmente, no Salón de Graos do devandito centro (J. M. García Iglesias, 2016, p. 212-214). Cómpre relacionar a citada sinatura coa que, neste momento, utiliza Mariano Tito Vázquez, quen, posteriormente, será especialmente coñecido como Tito Vázquez (J. M. López Vázquez, 1997). Este pintor chega a Compostela en 1889 polo cal esta obra ten que considerarse entre as primeiras aquí realizadas.

1900
penhaguitian
José Peña Guitián
Consuelo Gil de la Peña

Aínda que se dedica principalmente á escultura, Consuelo Gil de la Peña traballa tamén coa pintura. Neste caso, realiza o retrato do profesor José Peña Guitián, o cal aparece no seu despacho, sentado tras a súa mesa cun libro aberto entre as súas mans e outra serie de libros amontoados, entre o que se ve un Tratado da Pediatría -a súa especialidade-; decorando o fondo da estancia aparece un cadro. Consuelo Gil emprega unha pintura de toque, de mancha e moi difuminada, que contrasta cun maior detallismo no rostro do personaxe que se detén un momento da lectura para posar. Xoga coa luz e as sombras lembrando os recursos dos impresionistas. A obra foi mercada pola universidade á autora en 1994, cun custe de adquisición de 150.000 pesetas. Asinado no a.i.d.

puentecastro
José Puente Castro
1957

Retrato do célebre cirurxián e profesor honorario da Facultade de Medicina da universidade compostelá.

1957
José Varela de Montes
José Varela de Montes
Dionisio Fierros
1874

Por un acordo da Xunta de Decanos, ao día seguinte da morte de Varela de Montes en 1868, proponse que “… se solicite del Gobierno de la Nación la autorización para colocar el retrato de este sabio maestro en la Biblioteca de la Universidad entre los de los hombres ilustres que la honran y ennoblecen”. E alí chegará este retrato, seis anos despois de facelo, como un agasallo de Dionisio Fierros que agradece ao reitor Casares. Conta cun texto que di así: “A D. José Varela de Montes/ recuerdo de amistad/ del autor/ Dº Fierros/ 1874”. Correspóndese, pois, coa época da segunda estadía do pintor en Galicia -entre 1873 e 1876- .

1874
varelamontes
José Varela Montes
Elvira Santiso García
1950

Seguindo o modelo do retrato que Dionisio Fierros fixera de José Varela Montes en 1874 (1796-1868), Elvira Santiso realiza outro do que fora decano da facultade de Medicina; o retrato, de medio corpo, representa o personaxe case frontal, aínda que lixeiramente xirado, o que contribúe a crear a sensación de espazo, xa que o sitúa ante un fondo neutro. Centra a atención no rostro ao iluminalo directamente, tentando transmitir o carácter do personaxe, dando a apariencia de serenidade. Represéntase Varela Montes cun traxe negro e camisa branca adornado coas condecoracións que recibiu; a banda e a Cruz da Orde de Isabel a Católica, a cruz da Orde de Carlos III e a Medalla ao Mérito en Medicina.

1950
Luis Blanco Rivero
Luís Blanco Rivero
Mariano Tito Vázquez
1903

Conta Luis Blanco Rivero (1871-1942) -catedrático de Anatomía Topográfica a partir de 1904 en Santiago e decano entre 1936-1941- cun retrato asinado por Tito Vázquez, co que medra esta galería de decanos. Leva no peito a medalla de doutor e tamén a banda e a Gran Cruz propia da Real Orde de Isabel a Católica. Dada a autoría desta pintura, trátase dun cadro feito en vida do decano en cuestión e será, posiblemente, o punto de partida para o que faga Elvira Santiso para a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, hoxe na Facultade de Xeografía e Historia. Foi alcalde de Santiago entre 1914 e 1917 e reitor da universidade compostelá entre 1921 e 1930.

1903
violindoartista
O violín do artista / bodegón do sofá
Joan Abelló Prat
1969

Joan Abelló Prat é un autor coñecido pola súa polivalencia, pasando pola maioría das técnicas artísticas e sendo principalmente caracterizado polo pos-impresionismo con tendencia expresionista; emprega o que el denominou como “explosivismo”. Para crealo fai uso dunha explosión de cores moi vivas, xogando á súa vez coa perspectiva; céntrase en reflexar o esencial de cada elemento que representa: conseguir o máis importante. Para isto, encontramos elementos vivos como son as flores ou o paxaro. No fondo, observamos unha fiestra na que brilla unha lúa chea, deixando claro que nos encontramos nunha escena nocturna na que as cores se ven iluminadas por unha luz interna da casa.  

Obra pertencente ao Contrato-Depósito entre o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e a USC  

1969
paisaxecriado
Paisaxe
Felipe Criado Martín
1978

Felipe Criado presenta nesta obra unha paisaxe mariña, enmarcada a ambos lados polos perfís do cantil e árbores no primeiro termo e no centro a mar. As tonalidades escuras, grisáceas, predominan nunha paisaxe que logra trasmitir a sensación de soidade, quietude e silencio. Trátase dunha paisaxe mariña utópica, que nos achega ao mundo dos soños. Tecnicamente xoga coa difuminación da pintura, algo que é un selo característico ao longo da súa produción. Asinado no ángulo inferior esquerdo.

1978
Pedro Pena
Pedro Pena Pérez
Manuel López Garabal
1970

É Manuel López Garabal quen en 1970 retrata a Pedro Pena Pérez (1889-1975), catedrático de Patoloxía Xeral en Santiago a partir de 1928 e decano entre os anos 1948-1952. Cambia agora o concepto do retrato decanal xa que é presentado sentado, mostrando as súas mans en tres cuartos e orientando o rostro cara ao espectador. A imaxe gaña en naturalidade pola pose e pola indumentaria: un simple traxe. Óptase por un fondo neutro.

1970
placacastelao
Placa dedicada a Alfonso Daniel Rodriguez Castelao
Manuel Bonome Abeledo
1985

Placa conmemorativa de bronce na que Manuel Bonome lle infire un gusto "clásico" ao colocar enmarcando a parte central, na que incorpora a inscrición, dúas pilastras que sosteñen un remate a modo de entaboamento e un frontón curvo que alberga o escudo de Galicia. Os motivos decorativos cínguense aos extremos nos que incorpora unhas especies de volutas e vides. Na parte inferior de perfil ondulante sitúase, a eixo co escudo de Galicia na parte superior, o símbolo de Medicina: o caduceo de Mercurio coa serpe enrolada sobre unha grilanda de loureiro. No centro da placa pode lerse: "A ALFONSO DANIEL RODRIGUEZ CASTELAO ALUMNO DESTA FACULTADE 1903-1909 NO DIA DE SAN LUCAS". Asinado "M. Bonome" no ángulo inferior dereito.

1985
placaecheverri
Placa dedicada a Ángel Jorge Echeverri
Castelo
1974

Placa conmemorativa en mármore negro de base e superposta un baixo relevo en granito, o cal representa o busto do doutor Echeverri no centro e a ambos lados unhas figuras sentadas. No lateral dereito a lenda : " Al profesor Echeverri sus colaboradores y discipulos 1974"

1974
placasuareznunez
Placa dedicada a José María Suárez Núñez
Manuel Bonome Abeledo

Sobre unha base de granito rectangular con remate curvo, Manuel Bonome coloca unha placa conmemorativa ao profesor Suárez Núñez en bronce, que destaca tanto pola pátina verdosa do mesmo como polo coidadoso detallismo nos motivos decorativos. No centro da placa -que se remata nas esquinas con motivos florales- Bonome, facendo condición da súa faceta como escultor, retrata ao homenaxeado de perfil e rodeándoo dunha grilanda de loureiro, símbolo de trunfo. Destaca o detallismo do rostro que demostra o seu bo quefacer na tarefa retratística. Debaixo sitúa a seguinte inscrición: "AL PROF. DR. DN. JM. SUAREZ NUÑEZ CATEDRATICO DE ANATOMIA Y ESTOMATOLOGIA Y RECTOR QUE FUE DE LA UNIVERSIDAD GALLEGA 1932-1987". A decoración está presente en tódolos lados da placa; na parte superior, enmarcado por volutas aparece o símbolo de Medicina: o caduceo de Mercurio coa serpe enrolada; tanto nos laterais coma na parte inferior volven a aparecer as volutas, no primeiro caso acompañadas dun pano, e na parte inferior xunto con follas de acanto. Asinada no ángulo inferior dereito.

placacarrerogoyanes
Placa dedicada a Narciso Carrero Goyanes
Francisco Asorey
1920

Lápida conmemorativa ao Doutor Narciso Carrero Goyanes. Placa rectangular disposta en sentido vertical; trátase dunha estrutura arquitectónica clásica -un frontis dórico- que enmarca a lenda conmemorativa. Presenta un escudo no lenzo central, e outro na especie de pedestal sobre o que se apoia a columna da dereita, e que faría parello con outro na esquerda, que lle falta. Lenda do lenzo central: "HOMENAJE DE GRATITUD Y ADMIRACION/A LOS MEDICOS QUE DURANTE LA EPIDEMIA GRIPPAL DE 1918/PRESTARON ABNEGADOS SERVICIOS/EN LA CIUDAD COMPOSTELANA/AL DR NARCISO CARRERO GOYANES/FALLECIDO EN EL CUMPLIMIENTO/DE HUMANITARIO/DEBER/EL AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO POR/ACUERDO DE 11 DE DICIEMBRE DE 1918". Asinada no ángulo inferior dereito.

1920
ramondominguez
Ramón Domínguez Sánchez
Manuel Bonome Abeledo
1986

O retrato é un dos xéneros artísticos máis cultivados por Manuel Bonome. Neste caso, preséntanos a Ramón Domínguez Sánchez, catedrático de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Preséntao sentado, case frontal, aínda que en lixeiro escorzo, nun interior no que vemos unha librería e o birrete amarelo, cor distintiva dos estudos de Medicina. O retratado parece que fixo unha parada na súa actividade para posar, xa que sostén as gafas nunha man. Vai vestido coa toga académica e leva a medalla peitoral. O retrato sérvelle a Bonome para plasmar o coñecemento psicolóxico do personaxe, o seu dominio perfecto do debuxo e de aspectos técnicos como a perspectiva ou a luz, que lateralmente e desde fóra incide no retratado, deixando máis escuro o ángulo superior dereito, no que asina. Aínda que a paleta cromática é sobria, pola toga negra e o fondo escuro, Bonome emprega a cor amarela e dourada presentes na medalla, no birrete ou no remate das mangas da toga. As pinceladas son longas e a factura acabada, pouco cargada de materia.

1986
varelanunhez
Ramón Varela Núñez
Lino Cabezas Gelabert
1969

Seguindo o modelo de retrato académico oficial, Lino Cabezas presenta nesta obra a Ramón Varela Núñez, decano da Facultade de Medicina entre 1970 e 1977. Trátase dun retrato de medio corpo, frontal, no que o personaxe -que ocupa gran parte da superficie pictórica- aparece case frontal, situado ante un fondo neutro e co traxe académíco: a toga negra e a muceta amarela, cor distintiva dos estudos de Medicina. Leva tamén a medalla peitoral e outra prendida na muceta. Tecnicamente trátase dunha pintura pouco cargada de materia, executada cunha pincelada rápida, solta, de toque, que lembraría ao estilo impresionista. Xoga coa luz para crear matices cromáticos visibles nas mangas brancas da toga ou na muceta.

1969
Roberto Nóvoa Santos
Roberto Nóvoa Santos
Francisco Asorey
1961

Nóvoa Santos naceu en 1885 e morreu en 1933. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1907. Foi profesor desta Universidade desde 1911 e accedeu á Cátedra de Patoloxía da Universidade de Madrid en 1928. Conta cunha homenaxe moi especial dentro da Facultade de Medicina, xa que preside na actualidade o seu vestíbulo e escaleira principal.

1961
sentituloalonsoalonso
Sen Título
Alonso Alonso
1975

Alonso Alonso foi un autor moi implicado no impresionismo polos seus estudos. Porén, caracterizarase pola creación de obras moito máis abstractas. Neste cadro, podemos apreciar o uso do óleo facendo especial énfase na figuración da Virxe coroada e sentada no trono co neno entre os brazos. E rodeándoos encontramos distintos personaxes; isto podería implicar unha imaxe relixiosa coa posibilidade de ser a representación da Adoración. Emprega unhas cores que poden recordarnos a outros traballos do autor como a Serie Brasil. 

Obra pertencente ao Contrato-Depósito do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e a USC.

1975
sanchezfreire
Timoteo Sánchez Freire
Autoría descoñecida
1902

Retrato de Timoteo Sánchez Freire (1838-1913), destacado cirurxián da sociedade compostelá de finais do século XIX e catedrático da Facultade de Medicina desta cidade. A obra, aínda que de autoría descoñecida, parece tomar como modelo o retrato que deste mesmo personaxe fixera José Mª Fenollera cara 1910, semellándose na pose e no encadre do retratado. Con todo, este é dunha factura máis torpe, presenta o personaxe case frontal, en lixeiro escorzo tratando  dar unha sensación de espazo, ao que tamén contribuiría o telón azul que aparece no lado dereito, o único elemento que permitiría situar ao personaxe nun interior. Sánchez Freire represéntase co traxe académico negro e porta a medalla peitoral.

1902
ruadesantiago
Unha rúa de Santiago
Ismael Blat Monzó
1944

Ismael Blat Monzó tiña especial interese polos cadros costumista e este non podía ser menos; encontramos aquí unha rúa de Santiago representada cos estereotipos da cidade: a choiva que podemos observar na estrada ou as nubes, que se presentan a través de pinceladas curtas e máis largas de cor agrisada e branca deixando entrever que a choiva cesará ao pasar as últimas nubes grises. Observamos representadas a mulleres coa vestimenta galega típica, con saia longa e toca na testa tapando o seu cabelo; á dereita a moza míranos e introdúcenos no cadro sendo espectadores de primeira. 

Obra pertencente ao Contrato-depósito entre o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e a USC. 

1944
Miguel Gil Casares
Vítor de Miguel Gil Casares
Francisco Asorey
1932

Gil Casares nace en Santiago (1871-1931) e licéncianse en Medicina en 1893. En 1897 é catedrático de doenzas da infancia e catro anos despois accede á cátedra de Patoloxía e Clínica Médica. Se a comparamos coa que realizara en honor a Carracido no colexio de Fonseca, hai unha certa similitude no xeito en que compón Asorey este vítor a xeito de lápida, nun principio disposto no Hospital Real e actualmente situado na Facultade de Medicina. Neste caso, porén, móstrase en pé e en actitude de falar. Viste o traxe académico e acompáñase dunha epígrafe na que se fai un “fervoroso homenaxe ás súas virtudes”.

1932
Xan Barcia Caballero
Vítor de Xan Barcia Caballero
Gabriel Xosé Eiroa Barral
1901

Xan Barcia naceu e morreu en Santiago (1852-1926) e foi catedrático de Anatomía desta Universidade desde 1894. Unha placa honrando a súa figura dispúxose orixinariamente no Hospital Real sendo posteriormente trasladada á Facultade de Medicina; débese a Eiroa. Presenta un retrato en bronce que se inspira nunha fotografía dos seus últimos anos, incorporándose a un marco de pedra no que se redacta unhaepígrafe en galego deixando, así, constancia do galeguismo que di así: XAN BARCIA CABALLERO/ MEDICO E POETA/ NACEU N´ESTA CASA O … /25 D OCTUBRO DO 1852--- FINOU NO/ 10 D OCTUBRO DO 1926. Complétase con outra epígrafe, en letras menores que di o seguinte: TRASLADADA DO HOSPITAL Á FACULTADE DE MEDICINA.

1901
379
397
398
399
400
401
402
403